SAP Pontevedra 228/2016, 25 de Noviembre de 2016

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2016:2403
Número de Recurso986/2016
ProcedimientoPENAL - APELACION PROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución228/2016
Fecha de Resolución25 de Noviembre de 2016
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00228/2016

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

213100

N.I.G.: 36055 41 2 2012 0002144

ROLO: RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000986 /2016 I

Delito/falta: FALSIFICACIÓN DOCUMENTOS PÚBLICOS

RECURRENTE: ASOCIACION DE COMERCIANTES Y EMPRESARIOS DE LA GUARDIA

Procurador/a: BEGOÑA BUGARIN SARACHO

Abogado/a: MARIA BEGOÑA NOGUEIRA DURAN

Contra: ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES Y EMPRESARIOS DELA GUARDIA

Procurador/a: ISABEL SANJUAN FERNANDEZ

Abogado/a: JOSE ALFREDO BARCA GUITIAN

SENTENZA NÚM. 228

==========================================================

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilmo. Sr. don Celso Joaquín Montenegro Vieitez (Suplente)

==========================================================

Pontevedra a, vinte e cinco de novembro de dous mil dezaseis.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 986/2016, o recurso de apelación interposto pola procuradora Sra. Begoña Bugarín Saracho, en representación de Asociación de Comerciantes y Empresarios de la Guardia contra a sentenza ditada no procedemento PA: 161/2016 do Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra. Constituíronse como partes o/a mencionado/a recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO Primeiro.- No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do vinte e oito de xuño de dous mil dezaseis, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que debo absolver y ABSUELVO libremente a DNA. Estefanía de los delitos de falsedad documental y del delito de estafa de que venía siendo acusada, con declaración de oficio de las costas procesales.

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

"UNICO.- Entre los años 2002 y 2012, la acusada Estefanía, mayor de edad y sin antecedentes penales, prestó sus servicios para la Asociación de Comerciantes e Industriales de A Guarda, Pontevedra, desarrollando labores administrativas.

El día uno de enero del año 2008, una persona de identidad desconocida estampó una firma en el contrato de trabajo de duración determinada de Estefanía, simulando ser la firma de la presidente de la Asociación, María . De igual modo, una persona de identidad desconocida estampó en dicho documento, con un sello, el logotipo de la Asociación.

Desde el día en que acaecen los hechos antes referidos, 1 de enero de 2008, hasta que el procedimiento se dirige contra la acusada, han transcurrido más de tres años.

El día 4 de noviembre de 2010, una persona de identidad desconocida estampó una firma en un documento supuestamente emitido por la Asociación de Comerciantes e Industriales de A Guarda, simulando la firma de su secretario, Daniel, en el que se certificaba que dicha Asociación mantenía una deuda con Estefanía por importe de 9.492,28 euros. De igual modo, una persona de identidad desconocida estampo en dicho documento, con un sello, que no consta que fuera falso, el logotipo de la Asociación.

No ha resultado acreditada la participación de la acusada Estefanía en los referidos hechos."

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do/da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día 22/11/2016.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A acusada Estefanía foi absolvida na instancia do delito continuado de falsificación de documento oficial e privado, dos artigos 392.1 en relación cos artigos 390.1, 395, 74.1 e 2 do Código penal, en concurso cun delito do artigo 400 do mesmo texto legal, un delito de falsidade, dos artigos 396, 395 e 70.1 e 2 do Código penal, e un delito de estafa, dos artigos 248.1 e 250.1.2º e 7º do mesmo código, que lle imputaba a acusación particular exercida pola Asociación de Comerciantes y Empresarios de A Guarda. A devandita acusación particular presentou un recurso de apelación perante esta alzada no cal solicita a revogación da sentenza da instancia e que, no seu lugar, pronunciemos outra pola que condenemos a acusada como autora dos amentados delitos ás penas que reflectiu no seu escrito de conclusións definitivas. O fiscal e a acusada opóñense a que acollamos a impugnación.

Segundo

Verbo do delito de falsidade relacionado co documento do 1 de xaneiro de 2008 (contrato de traballo de duración determinada da acusada Estefanía ), do cal o maxistrado xuíz a quo declarou probado que unha persoa descoñecida simulara a sinatura da presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais da Guarda, María, e que tamén alguén descoñecido estampara cun selo o logotipo da devandita asociación, apreciouse na sentenza contra a que se apela o instituto da prescrición. Contra este particular é contra o que primeiramente recorre a apelante, xa que argumenta que si que existía a continuidade delituosa que rexeitou o xulgador da instancia e, xa que logo, os amentados delitos non estarían prescritos. Porén, non podemos acoller este motivo da apelación. O delito continuado é unha creación doutrinal e xurisprudencial, recoñecida polo lexislador na reforma do Código penal de 1983 (artigo 69 bis) que constitúe unha excepción ao principio xeral de acumulación material de penas nos concursos de infraccións, aplicándose a regra da absorción con agravación da pena sinalada para a infracción máis grave das reunidas baixo o título da continuidade delituosa. Esta se produce basicamente cando se dá unha pluralidade de feitos típicos que constitúe cada un deles un delito distinto e ten o seu fundamento na existencia entre eles dunha unidade subxectiva-obxectiva que se revela como un proceso continuado unitario, fóra dos casos de unidade natural de acción e, por iso, fálase da existencia dunha unidade xurídica ou dunha unidade típica de acción en sentido amplo. Neste sentido, a recente STS, Penal, Sección 1ª, do 11 de outubro de 2016 (ROJ: STS 4432/2016 - ECLI:ES:TS:2016:4432) lembra o seguinte:

El vigente artículo 74.1 CP, antes el 69 bis, fija positivamente los requisitos que deben concurrir para apreciar la continuidad delictiva, sustancialmente análogos los que la jurisprudencia venía reconociendo antes de su incorporación al texto del Código Penal: cuando en ejecución de un plan preconcebido o aprovechando idéntica ocasión el sujeto activo realice una pluralidad de acciones u omisiones que ofendan a uno o varios sujetos e infrinjan el mismo precepto penal o preceptos de igual o semejante naturaleza, añadiendo el apartado tercero que quedan exceptuadas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR