STSJ Galicia 468/2016, 5 de Octubre de 2016

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2016:7178
Número de Recurso15587/2015
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución468/2016
Fecha de Resolución 5 de Octubre de 2016
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00468/2016

- Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 15030 33 3 2015 0001218

Procedimiento : PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015587 /2015 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Luz

ABOGADO MARIA SUSANA VALVERDE ENTENZA

PROCURADOR D./Dª. FERNANDO IGLESIAS FERREIRO

Contra D./Dª. CONSELLERIA DE FACENDA

ABOGADO LETRADO COMUNIDAD

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DOLORES RIVERA FRADE

CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A Coruña, cinco de outubro dous mil dezaseis.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15587/2015, pende de resolución ante esta Sala, presentado por Dª Luz, representado polo procurador Dº Iglesias Ferreiro, dirixido polo letrado Dª Valverde Entenza, contra o acordo de 28.05.2015 do TEAR . É parte a Administración demandada a CONSELLERÍA DE FACENDA, coa asistenza do letrado da Xunta.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía

4.328,31 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 28.05.2015 da Consellería de Facenda que rexeita a petición de nulidade da liquidación polo I.Sucesións ditada no expediente NUM000 .

Segundo resulta do expediente, presentada a liquidación do I.Sucesións (polo falecemento do Sr. Ignacio ) iniciouse expediente de comprobación de valores dándolle trámite de audiencia á herdeira Sra. Luz

. Declaración de caducidade do expediente de 13.09.2011 e novo procedemento con traslado da proposta de liquidación- Trámite de audiencia notificado o 16.09. Liquidación provisional de 23.02 notificada o 02.03.

Só recurre en reposición o outro herdeiro Sr. Luz ( indica que o fai no seu propio nome ), que lle estiman parcialmente ( verbo dos xuros ) . Reclamación ante o TEAR que lle acollen por falta de motivación da liquidación.

Dª Luz presenta un recurso de reposición contra a providenza de prema de 15.06.2012 que lle rexeitan o 13.09.2012 (notificación de 05.10 ). Reclamación económico administrativa q ue lle rexeitan o 15.03.2013.

Acción de nulidade fundamentada en: a) vulneración do procedemento por: 1.- non se lle permitiu ser parte no recurso de reposición formulado polo outro coherdeiro ( art. 26.1 Lei 30/92 ), 2.- a administración está vencellada polo resultado final do expediente de comprobación de valores, que debe estender a tódolos herdeiros, b) caducidade do expediente.

Verbo destas causas informou o Consello Consultivo considerando que non son causas de nulidade e ditouse resolución o 11.03.2015 denegándoa

SEGUNDO

No actual procedemento reproduce as pretensións formuladas, opoñendose o letrado da Xunta a súa pretensión.

Partirmos de que o Tribunal Supremo foi especialmente restritivo en canto ao motivo de nulidade previsto no artigo 153.1.c) da Lei Xeral Tributaria, referido ao vicio esencial do procedemento. A este fin, a consistencia dos defectos formais necesarios para aplicar esta nulidade debe ser de tal magnitude que 'é preciso que se prescindiu total e absolutamente do procedemento, non bastando a omisión dalgún destes trámites e resulta necesario ponderar en cada caso as consecuencias producidas por tal omisión á parte interesada, a falta de defensa que realmente orixinase e, sobre todo, o que puidese variar o acto administrativo orixinario en caso de observarse o trámite omitido' ( Sentenzas do 17 de outubro de 1991 e 31 de maio de 2000 ).

Partindo do expresado punto, non calquera irregularidade, en efecto, é capaz de determinar a nulidade de pleno dereito pretendida, senón só aquelas en que a omisión procedimental é total e absoluta, como quere o precepto, situación que abarca, segundo reiterada doutrina jurisprudencial, tanto a ausencia de todo trámite, que sería a hipótese máis semellante á vía de feito, como a utilización dun procedemento diferente ao legal ou regulamentariamente previsto.

Aplicarmos ditos principios ó caso de auto e verbo das causas alegadas, e coma establece a STS

02.12.2009 ( verbo da prescrición ) :

[...]Pois ben, nin a prescrición nin o fixar as bases por medio de estimación indirecta poden incluírse neste suposto que o artigo 153 LGT prevé como causa de revisión de oficio. A prescrición é un límite temporal imposto pola Lei á Administración para que liquide as débedas tributarias, transcorrido o cal a débeda se extingue. Agora ben, a existencia da prescrición ha de ser declarada de oficio ou a instancia de parte dentro dos procedementos e recursos ordinarios, pero non constitúe un elemento do procedemento de liquidación, entendido como sucesión de trámites nun expediente liquidatorio, que poida ser determinante á hora de contemplar o suposto do artigo 153.1.c) LGT . A prescrición é un elemento obstativo do dereito material da Administración para liquidar a débeda tributaria, pero en ningún caso forma parte do procedemento. A súa falta de apreciación pola Administración poderá constituír unha infracción do ordenamento xurídico determinante de anulabilidad conforme ao artigo 63 da Lei de Procedemento Administrativo Común, pero en ningún caso é encuadrable en ningún dos supostos de nulidade de pleno dereito do artigo 62.

Principios plenamente aplicables á pretensión de caducidade, cando, polo demais, dita pretensión rexeitáronlla ó outro coherdeiro no acordo do TEAR ( que finalmente anula a liquidación por falta de motivación ) - a administración só acollera parcialmente o recurso no relativo ó cómputo dos xuros.

Verbo do outro...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • STS 251/2018, 19 de Febrero de 2018
    • España
    • 19 Febrero 2018
    ...5 de octubre de 2016 por la Sala de lo Contencioso-Administrativo (Sección 4ª) del Tribunal Superior de Justicia de Galicia en el recurso 15587/2015 , sobre revisión de una liquidación del impuesto sobre sucesiones por ser considerada nula de pleno Derecho. Ha intervenido como parte recurri......
  • ATS, 22 de Marzo de 2017
    • España
    • 22 Marzo 2017
    ...de 2016 por la Sección Cuarta de la Sala de lo Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, en el recurso 15587/2015 ) Las cuestiones que presentan interés casacional objetivo para la formación de la jurisprudencia consisten en determinar: ) Si los principios de ......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR