STSJ Galicia 90/2016, 9 de Marzo de 2016

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2016:1509
Número de Recurso15117/2015
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución90/2016
Fecha de Resolución 9 de Marzo de 2016
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00090/2016

- N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 15030 33 3 2015 0000260

Procedimiento : PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015117 /2015 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. FRANCISCO CARDAMA,S.A.

LETRADO BERNARDO DOPICO GIL

PROCURADOR D./Dª. VICTOR LOPEZ-RIOBOO Y BATANERO

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA, AUTORIDAD PORTUARIA DE VIGO

LETRADO ABOGADO DEL ESTADO, ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.,

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, nove de marzo de dous mil dezaseis.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15117/2015, pende de resolución ante esta Sala, presentado por FRANCISCO CARDAMA SA representado polo procurador Dº López Rioboo, dirixido polo letrado Dº.Dopico Gil, contra o acordo de 27.11.2014 do TEAR . É parte a Administración demandada o TEAR e a AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO, representado polo letrado do Estado É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía

30.740,16 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 27.11.2014 do TEAR que acolle parcialmente a reclamación económico administrativa e anula as liquidacións V/13/20114-Q e V/13/12002-Y por lámina de auga ( por falta de motivación ) e rexeita o recurso contra as demais ( taxa por ocupación de terreos ).

SEGUNDO

Segundo alega o recorrente é titular de dúas concesións: a) unha outorgado por OM de 1981 que ocupa 8.854 m2 na subzona II-6 e 2.729 m2 na subzona II-7 e b) outra outorgada o 22.02.2002 que ocupa 4.089 m2 na subzona II-6 e 3.285 m2 na subzona II-7.

A OM de 26.11.2003 que determinaba o valor da lámina de auga anulouna a SAN 13.04.2007 ( confirmada pola STS 20.09.2010 ).

O recorrente discrepa do criterio do TEAR, en un dobre sentido: a) verbo das liquidacións por ocupación da lámina de auga, estas calculáronse aplicando a cantidade prevista pola OM ( actualizada co IPC ) anulada polo que falarmos de liquidacións nulas de pleno dereito e b) verbo das taxas por ocupación de terreos non se tivo en conta o informe de valoración de terreos e lámina de auga da OM citada e que verbo das antigas concesións de asteleiros dispón que o canon debe determinarse polo valor atribuido á lámina de auga ( ocupada polo terreo ), precepto que entende de aplicación - DT 2ª.2 RDL 2/2011 .

O letrado do Estado opón que a incorrecta determinación da base impoñible ( no caso da lámina de auga ) non é unha causa de nulidade de pleno dereito do artigo 217.1.e LXT, e respecto da taxa por ocupación de terreos, aplicáronse as previsións da OM de 26.11.2013 que, neste punto, confirmou a sentenza da AN citada.

Compre resolver por separado ámbalas dúas cuestións.

Verbo da liquidación por ocupación da lámina de auga e tomando coma exemplo a liquidación V/13/12002-Y a mesma parte dun valor do terreo de 65,33 euros/m2 sen identificala orixe, en tanto que as que se xiran pola ocupación de terreos indican que o valor ( actualizado ) é o da OM 26.11.2013. No caso da liquidación V713/20114-Q o valor ( 65,33 ) si indica que é o actualizado da OM de 26.11.2013, do que se deduce que tamén para determinala outra liquidación anulada polo TEAR aplicouse a orde citada.

A controversia, dado que o TEAR anulou estas liquidacións por defecto de motivación, cínguese en determinar, se a defectuosa determinación da base impoñible é ou no un suposto de nulidade, e a relevancia que esto tería ós efectos de posibilitar ou non unha nova liquidación.

Partirmos do disposto na STS 09.04.2015 : esta Sala, na sentenza indicada do 19 de novembro de 2012 estimou substancialmente o recurso de casación en interese de Lei interposto polo Avogado do Estado contra a sentenza do 27 de outubro de 2010, ditada pola Sala do contencioso- administrativo, Sección Terceira, do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR