SAP Pontevedra 471/2015, 13 de Octubre de 2015

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2015:2071
Número de Recurso257/2015
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución471/2015
Fecha de Resolución13 de Octubre de 2015
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00471/2015

CIVIL

Rolo: 257/2015

Procedemento de orixe: Verbal 452/2014

Órgano de procedencia: Instancia núm. 3 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, PRESIDENTE, DÑA MAGDALENA FERNANDEZ SOTO e D. EUGENIO FRANCISCO MIGUEZ, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NUM. 471/2015

En Vigo, a trece de outubro de dous mil quince.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Verbal 452/2014 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 3 de Vigo, ós que correspondeu o rolo 257/2015, nos que aparece como parte apelante e demandados COMUNIDADE DE PROPIETARIOS AVENIDA000, NUM000, NUM001 e NUM002, representados polo/a procurador/a D./D.ª María Jesús Nogueira Fos e asistida do/da letrado/a D./D.ª Celia Tielas Amil, e a COMUNIDADE DE PROPIETARIOS AVENIDA000, NUM003 e NUM004, representados polo Procurador/a D. Rafael Fernández Fernández e asistida do letrado D./Dª Maria Pilar López Diaz. Comoparte contra da que se apela e demandante COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DIRECCION000, NUM005, representada polo/a procurador/a D./

D.ª José Vicente Gil Tranchez e asistida do/da letrado/a D./D.ª José Manuel Cid Cid. E como demandado no persoado en esta instancia COMUNIDADE DE PROPIETARIOS AVENIDA000, NUM006 .

É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 3 de Vigo, con data do 22/1/2015, ditou unha sentenza coa

seguinte parte dispositiva:

"Estimando como estimo íntegramente las pretensiones de la parte actora, condeno a la COMUNIDAD DE PROPIETARIOS AVENIDA000 Nº NUM000 DE VIGO, COMUNIDAD DE PROPIETARIOS AVENIDA000 Nº NUM001 DE VIGO, COMUNIDAD DE PROPIETARIOS AVENIDA000 Nº NUM002 DE VIGO; COMUNIDAD DE PROPIETARIOS AVENIDA000 Nº NUM003 de Vigo, COMUNIDAD DE PROPIETARIOS AVENIDA000 Nº NUM004 DE VIGO y COMUNIDAD DE PROPIETARIOS AVENIDA000 Nº NUM006 DE VIGO a que cada una, en su respectiva franja de terreno de la que son propietarias, en su colindancia con la comunidad demandante, dispongan los elementos de contención necesarios para evitar que los vehículos que sobre la misma aparcan lleguen a golpear el muro de cierre de la Comunidad demandante; con imposición de las costas a las demandadas."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ªMaría Jesús Nogueira Fos, y el Procurador D. Rafael Fernández Fernández, en representación da Comunidade de Propietarios AVENIDA000 NUM000, NUM001 e NUM002 e da Comunidade AVENIDA000 números NUM003 e NUM004, respectivamente, presentaron recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 8/10/2015.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Como as Comunidades de Propietarios demandadas formulan as excepcións de falta de

lexitimación activa, de falta de lexitimación pasiva, de prescrición e, tamén, de falta de precisión da demanda, cómpre examinar en primer e preferente lugar a clase de acción que a comunidade actora está promover, pois segundo a natureza desta acción, dispar vai ser, loxicamente, o tratamento a dar a aquelas invocacións.

Segundo

A pretensión da parte demandante é dunha claridade meridiana: que se condene ás comunidades demandadas a que no terreo, propiedade delas, que linda co muro de lite da comunidade demandante, coloquen os elementos de contención precisos para protexer o muro. E atopa a actora a súa razón de pedir nun feito non menos concreto e preciso: os golpes causados no muro polos vehículos dos copropietarios das distintas comunidades, ao estacionalos nese terreo. Pois ben, partindo destas premisas, as excepción das comunidades hoxe recurrentes non se poden estimar pois: A) A demanda aparece adornada da claridade e precisión legalmente requeridas. B) A acción promovida non ten por obxecto esixir unha indemnización por danos e prexuizos derivados da culpa extracontractual ou aquiliana, ex artigo 1902 do Código Civil, tal como afirman inconsistentemente as demandadas, senón que se poña fin a aquela situación de continuos golpes no valado polos vehículos, para así acabar co seu progresivo deterioro e, en último termo, co risco da posible caida de restos do muro sobre as terrazas da demandante, situadas nun plan inferior ao terreo. Conseguintemente a tal prantexamento, non cabe traer a colación o prazo prescritivo anual disposto para o exercicio daquela primeira acción. C) Carece de sentido negar a lexitimación da Comunidade de Propietarios actora, pois esa lexitimación venlle dada, precisamente, e soamente a ela, pola propia acción exercitada, en relación coa situación existente -de ser certa, o que deseguido veremos-. Ou dito doutro xeito, non alcanzamos comprender, de darse a situación, insistimos, de golpes dos vehículos contra o muro, ao estacionar no terreo lindeiro, quen máis pode estar interesado en que se poña fin a esa situación como non sexa aquela comunidade, dona do valado -o que ninguén discute, por outra banda-, e das terrazas nas que podía caer cachos do muro. D) En fonda relación...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 27 de Junio de 2018
    • España
    • 27 Junio 2018
    ...la sentencia dictada con fecha 13 de octubre de 2015 por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección 6.ª), en el rollo de apelación n.º 257/2015 , dimanante del juicio verbal n.º 452/2014 del Juzgado de Primera Instancia n.º 3 de Mediante diligencia de ordenación de fecha 18 de diciembre......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR