SAP Pontevedra 128/2015, 29 de Mayo de 2015

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2015:1415
Número de Recurso13/2015
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución128/2015
Fecha de Resolución29 de Mayo de 2015
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00128/2015

AUDIENCIA PROVINCIAL SECCION SEGUNDA DE PONTEVEDRA.

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

N85850

N.I.G.: 36060 41 2 2012 0007342

PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000013 /2015CR

Delito/falta: ROBO CON VIOLENCIA O INTIMIDACIÓN

Denunciante/querellante: MINISTERIO FISCAL FISCAL, Roman

Procurador/a: D/Dª, MIGUEL ANGEL PALACIOS PALACIOS

Abogado/a: D/Dª, VICTOR MANUEL VAZQUEZ PORTOMEÑE SEIJAS

Contra: Juan Ramón

Procurador/a: D/Dª MARIA DOLORES GARCIA DE LOS MOZOS

Abogado/a: D/Dª BEATRIZ SEIJO MENDEZ

SENTENZA Nº128

==========================================================

ILMOS/AS SR./SRAS Presidente: D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO

Magistradas Dª.ROSA DEL CARMEN COLLAZO LUGO

Dª. ROSARIO CIMADEVILA CEA

==========================================================

PONTEVEDRA, a vinte e nove de maio do dous mil quince.

VISTA en xuizo oral e público, ante a Sección 002 desta Audiencia Provincial a causa instruida co número 0000013 /2015, procedente de DILIXENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0000504 /2013, del XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.2 de VILAGARCIA DE AROUSA e seguida polo trámite do PROCEDEMENTO ABREVIADO por un delito de ROUBO CON VIOLENCIA e un delito de LESIONS CON DEFORMIDADE, contra Juan Ramón nacido en Ginebra- Suiza, o día NUM000 -1971, fillo de Erasmo e de Andrea con antecedentes penaís non computables, representado pola procuradora Sra. MARIA DOLORES GARCIA DE LOS MOZOS y defendido pola Letrada Sra. BEATRIZ SEIJO MENDEZ. Siendo Acusación Particular Roman representado polo procurador Sr. MIGUEL ANGEL PALACIOS PALACIOS, e defendido polo Letrado Sr. VICTOR VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, e na representación do Ministerio Fiscal o Sr. SANTIAGO DE MIGUEL CRUCES, e como ponente o Maxistrado D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

As presentes actuacións instruíronse por un presunto delito de roubo con violencia e por un delito de lesións con deformidade. Practicadas as oportunas dilixencias, convocouse as partes a xuízo oral, que tivo lugar en dúas sesións os días 7 e 21 de maio do 2015, ao cal compareceron as persoas indicadas nas actas redactadas para o efecto.

SEGUNDO

O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións definitivas, cualificou os feitos como constitutivos de:

  1. un delito de roubo con violencia dos artigos 242.1, 2 e 3 do Código penal .

    b)un delito de lesións con deformidade do art. 150 do Código penal, en relación cos artigos 147.1 e 148.1 e 2 do mesmo corpo legal.

    Dos feitos responde o acusado en concepto de autor. Concorren as agravantes de aleivosía, uso de disfrace e asañamento previstas nos apartados 1º, 2º e 5º do Código penal, en relación co artigo 66.4 do mesmo corpo legal. O Ministerio Fiscal solicita impoñer ao acusado, ademais das custas, as seguintes penas:

  2. polo delito de roubo con violencia, a pena de seis anos e seis meses de prisión, coa accesoria de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena.

  3. polo delito de lesións con deformidade, a pena de sete anos e seis meses de prisión, coa accesoria de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena.

    En concepto de responsabilidade civil, o acusado indemnizará a Roman na cantidade de 9230 euros polos días de curación das lesións causadas e 17000 euros polas secuelas restantes; e na cantidade que se acredite no acto do xuízo oral ou na execución da sentenza polas cantidades e obxectos subtraídos e non recuperados. O acusado indemnizará ao Servizo Galego de Saúde da Xunta de Galicia na cantidade que se fixe no xuízo oral o na execución da sentenza polos gastos xerados polas asistencias sanitarias prestadas. En todos os casos aplicaranse en canto á responsabilidade civil as previsións dos arts. 576 LEC e 1108 CC .

TERCEIRO

Polo Ministerio Fiscal no acto do xuízo oral modificou o seu escrito de acusación nos seguintes termos: Na 1ª no último punto onde di " A continuación o acusado éo seu acompañante/s con igual intención ca descrita anteriormente, botáronlle a Roman un líquido inflamable", quitáselle a referencia a "inflamable", elevando o resto a definitivas.

CUARTO

Pola Acusación particular no acto do xuízo oral eleva as súas conclusións a definitivas.

QUINTO

Pola defensa do acusado no acto do xuízo oral eleva as súas conclusións a definitivas. Solicitando a libre absolución do seu patrocinado ao non ter participación algunha nos feitos presuntamente delitivos.

FEITOS PROBADOS

Primeiro

O acusado, Juan Ramón, con DNI NUM001, maior de idade e con antecedentes penais non computables para os efectos de reincidencia, sobre a 01:30 horas do día 4 de decembro de 2012, acudiu acompañado polo menos doutra persoa -que non foi identificada- ao domicilio de Roman, sito no lugar DIRECCION000, núm. NUM002, Tremoedo, en Vilanova de Arousa, dentro do partido xudicial de Vilagarcía de Arousa. A este domicilio accederon a través dunha porta cunha chave que obtiveran previamente por medios ilícitos. Alí, vestidos con roupa escura, luvas e pasamontañas para evitar ser identificados, actuaron coa finalidade de obter un beneficio patrimonial ilícito e de atentar contra a integridade física de Roman, quen se encontraba só na vivenda durmindo.

Aproximáronse a este, espertárono por sorpresa e atáronlle os pés e as mans con bridas, aproveitando a imposibilidade de reacción deste. A seguir empezaron a golpealo reiteradamente nas costas e na cabeza coas mans, cun revólver ou unha pistola que portaban, así como cun obxecto tipo porra plástica, ao mesmo tempo que pedían insistentemente a Roman que lles dese o diñeiro que tiña na casa. O acusado xunto co/s outro/s asaltante/s, ao obteren unha resposta negativa de Roman, incrementaron a intensidade da violencia, chegando un deles a retorcerlle manualmente os xenitais a Roman, así como a poñerlle neles un instrumento tipo pé de cabra, o que motivou que Roman chegase a esvaecerse. A seguir o acusado e o/s seu/s acompañante/s, con igual intención ca a descrita anteriormente, botáronlle a Roman un produto non determinado ao que prenderon lume. A vítima, que xa recuperara a consciencia, volveu a esvaecerse. A chama chegou a propagarse polo corpo de Roman ata que, transcorrido un tempo, lograron apagar o lume.

Seguidamente o acusado e o/s seu/s acompañante/s colleron da casa entre uns 700 e uns 1000 euros que Roman gardaba nunha vitrina, un teléfono móbil modelo Iphone, así como diversas xoias de prata e ouro, pertenzas que non foron pericialmente taxadas. O acusado e o/s seu/s acompañante/s apropiáronse de todo o anterior e abandonaron o lugar.

Segundo

Como consecuencia dos feitos, Roman sufriu traumatismo cranioencefálico, hematomas e feridas no coiro cabeludo, hematoma malar esquerdo, importante hematoma sobre o trocánter esquerdo, lesións de ligaduras en pulsos e nocellos, feridas contusas no cóbado dereito e no talón dereito, queimaduras e abrasións postraumáticas na rexión superior das costas, queimaduras de primeiro grao na zona periumbilical, queimaduras de primeiro grao na rexión xenital con queimadura de elementos pilosos, queimaduras de segundo grao profundas no brazo esquerdo e trastorno de estrés postraumático. Estas lesións requiriron para a súa sanidade dunha primeira asistencia facultativa e tratamento médico; a vítima tardou en curar 193 días, dos cales 13 permaneceu hospitalizado, 146 foron impeditivos para as súas ocupacións habituais e 34 días foron non impeditivos.

Igualmente como consecuencia dos feitos, a Roman quedáronlle as seguintes secuelas:

1) Trastorno de estrés postraumático (capítulo 1. Cabeza: cranio e encéfalo. Síndromes psiquiátricas: trastornos neuróticos: por estrés postraumático)

2) Limitación da extensión do cóbado (capítulo 4. Extremidade superior e cintura escapular: cóbado. Limitación da extensión: move máis de 60º)

3) Parestesia de partes acras leve (capítulo 7. Sistema nervioso periférico. Parestesias de partes acras)

4) Prexuízo estético moderado derivado das cicatrices restantes (cicatriz retráctil, duns 210 mm de lonxitude máxima e disposición lonxitudinal, de coloración violácea e rodeada dunha área hipopigmentada; cicatriz redondeada a nivel da flexura do cóbado de 100 × 120 mm; cicatriz infraumbilical redondeada e hipopigmentada, sen repercusión funcional; cicatrices a nivel torácico posterior hipopigmentadas de 70 × 30 mm, 70 × 60 mm, 50 × 20 mm e 40 × 310 mm; cicatriz lineal na cara interna do nocello dereito, sen repercusión funcional; e cicatriz na cara externa do nocello esquerdo).

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) da Xunta de Galicia foi o servizo que realizou a valoración e asistencia do lesionado; en función desta asistencia xeráronse uns gastos que non foron calculados.

Terceiro

O acusado, Juan Ramón, estivo privado de liberdade por esta causa desde o día 12 de febreiro de 2014, dado que se acordou respecto del a medida cautelar de prisión provisional, ata que, por un auto do 23 de xaneiro de 2015 da Sección 4ª desta mesma Audiencia Provincial de Pontevedra, quedou en liberdade provisional.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Ao abeiro da quenda de intervencións previas que se prevé no artigo 786.2 da Lei de axuizamento criminal, a defensa do acusado, Juan Ramón, aproveitou para solicitar unha nova proba pericial -á cal non se opuxeron as acusacións pública e particular e que se lle admitiu- e para alegar a ilicitude da proba de ADN practicada e achegada ás actuacións. A isto último si que se opuxeron as devanditas acusacións, e o Tribunal adiou para o pronunciamento desta sentenza a correspondente contestación, por estar relacionada notoriamente coa cerna do asunto.

A Lei orgánica 10/2007, do 8 de outubro, regula a base de datos policial sobre identificadores obtidos a partir do ADN....

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • SAP Pontevedra 39/2020, 8 de Marzo de 2020
    • España
    • 8. März 2020
    ...por esta mesma Sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra. Neste sentido, a SAP, Penal, Sección 2ª, do 29 de maio de 2015 (ROJ: SAP PO 1415/2015 -ECLI:ES:APPO:2015:1415) que entón pronunciamos foi obxecto de recurso de casación e deu lugar á STS, Penal, Sección 1ª, do 7 de abril de 20......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR