SAP Pontevedra 4/2015, 20 de Enero de 2015

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2015:168
Número de Recurso13/2015
ProcedimientoPENAL - APELACION PROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución4/2015
Fecha de Resolución20 de Enero de 2015
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00004/2015

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

213050

N.I.G.: 36038 43 2 2013 0012838

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000013 /2015J

Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra

Procedimento Abreviado núm. 287/14

Delito/falta: FALSIFICACIÓN DOCUMENTOS PÚBLICOS

Apelante: Luis Francisco

Procurador/a: RICARDO CANEDO IGLESIAS

Abogado/a: CRISTINA NOYA ORDOÑEZ

Apelado: MINISTERIO FISCAL FISCAL

SENTENZA NÚM. 4

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

PONTEVEDRA, vinte de xaneiro de dous mil quince

Visto pola Sección Segunda desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 287/14, o recurso de apelación interposto por Luis Francisco, representado polo procurador RICARDO CANEDO IGLESIAS e defendido pola letrada CRISTINA NOYA ORDOÑEZ, contra a sentenza ditada polo Xulgado do penal núm. 1 de Pontevedra no procedimento abreviado núm. 287/14. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 25 de setembro de 2014 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte: "QUE DEBO CONDENAR y CONDENO a D. Luis Francisco, como autor criminalmente responsable de un DELITO DE FALSEDAD EN DOCUMENTO OFICIAL, a la pena de NUEVE MESES DE PRISIÓN, con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, y MULTA DE OCHE MESES con una cuota diaria de seis euros, haciendo un total de MIL CUATROCIENTOS CUARENTE EUROS, apercibiéndole de que en caso de impago quedará sujeto a una responsabilidad personal subsidiaria de un día de privación de libertad para cada dos cuotas diarias de multa no satisfechas".

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

"Sobre las 3:45 horas del día 20 de agosto de 2013, el acusado Luis Francisco, mayor de edad y sin antecedentes penales, circulaba por la calle Domingo Fontán de Pontevedra conduciendo la motocicleta marca Yamaha, matrícula, ....-YXG .

Al ser interceptado por la Policía Local en un control preventivo de circulación y con motivo de solicitarle su documentación, presentó un DNI de otra persona llamada Eliseo, con número NUM000, y comprobado que el titular de ese DNI no tenía autorización para conducir motocicletas de esa clase, se confeccionó el correspondiente boletín de denuncia, que fue firmado por el acusado plasmando una rúbrica ilegible para la expresión "firma del denunciado", suplantando por tanto la identidad y firma de Eliseo .

Como consecuencia de lo anterior, Eliseo recibió la denuncia en su domicilio, si bien logró aclarar ante la Policía Local que él no era esa noche el conductor de la motocicleta".

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal, éste presentou escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para a sustanciación do recurso.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

Primeiro

O acusado, Luis Francisco, foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de falsidade en documento oficial do artigo 392 do Código penal, en relación co artigo 390.1.3º do mesmo texto legal . No recurso de apelación que agora formula perante esta alzada na procura da súa absolución alega, ao abeiro do artigo 790.2 da Lei de axuizamento criminal, o erro na apreciación da proba e a ausencia de proba que desvirtúe a presunción de inocencia; a indebida aplicación dos devanditos preceptos legais polos que foi condenado; e a ausencia de dolo falsario. A fiscala oponse a que acollamos a impugnación así formulada.

Segundo

Unha vez máis cómpre lembrar que resulta incompatible a manida mestura das anteriores alegacións da parte apelante. Así, xúntanse a infracción da presunción de inocencia que inicialmente amparaba o acusado e o erro por parte do maxistrado xuíz da instancia na valoración da proba. A pretendida vulneración do artigo 24.2 da Constitución española -presunción de inocencia- suporía a inexistencia de probas de cargo contra o acusado. E o erro na valoración das probas xusto parte da nidia admisión da súa existencia, mais viciadas dunha interpretación equivocada da cal se discrepa. Pero,...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR