SAP Pontevedra 46/2015, 5 de Febrero de 2015

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2015:159
Número de Recurso567/2014
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución46/2015
Fecha de Resolución 5 de Febrero de 2015
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00046/2015

CIVIL

Rolo: 567/2014

Procedemento de orixe: Ordinario 415/2013

Órgano de procedencia:Instancia núm. 2 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, PRESIDENTE, D. JULIO PICATOSTE BOBILLO e D. EUGENIO FRANCISCO MIGUEZ TABARES, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NUM.46/2015

En Vigo, a cinco de febreiro de dous mil quince.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 415/2013 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm.2 de Vigo, ós que correspondeu o rolo 567/2014, nos que aparece como parte apelante e demandado NOVAGALICIA BANCO, S.A., representada polo procurador D./Dª Gisela Alvarez Vázquez, e asistida do/da letrado/a D./D.ª Adrian Dupuy López, e comoparte contra da que se apela e demandante PROMOCIONES DE VIVIENDAS MORRAZO, S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª Marta Suarez Hermo e asistida do/da letrado/a D./D.ª Maria Jesus Sarabia García.

É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 2 de Vigo, con data do 9/6/2014, ditou unha sentenza coa

seguinte parte dispositiva:

"Que DEBO ESTIMAR Y ESTIMO SUSTANCIALMENTE la demanda interpuesta por la entidad PROMOCIONES DE VIVIENDAS MORRAZO S.L., representada por la Procuradora de los Tribunales Dª Marta Suárez Hermo, contra la entidad NOVAGALICIA BANCO S.A., representada por la Procuradora de los Tribunales Dª Gisela Álvarez Vázquez, y en consecuencia:

- DECLARO LA NULIDAD del contrato de depósito o administración de valores y suscripción de participaciones preferentes de fecha 2 de junio de 2009 por importe de 100.000 euros, por error en el consentimiento de la actora, condenando a la entidad demandada a restituir a la parte demandante las siguientes cantidades: La suma de 39.686,24 euros, más el interés legal del dinero desde la fecha de celebración del contrato (2 de junio de 2009), hasta la fecha de la Sentencia. La suma anterior deberá incrementarse con el interés legal del dinero de la suma percibida en la liquidez por la venta de las acciones tras el canje, de 60.313,76 euros, desde la fecha de la celebración del contrato, 2 de junio de 2009, hasta la fecha de la liquidez el 19 de julio de 2013.

La parte actora deberá restituir a la demandada los intereses brutos percibidos durante la vigencia del contrato.

Las anteriores cantidades devengarán el interés legal desde la fecha de la Sentencia.

- CONDENO a la parte demandada al pago de las costas procesales."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D.Dª Gisela Alvarez Vázquez, en representación de NOVAGALICIA BANCO, S.A., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 29/1/2015.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A sentenza ditada en primeira instancia rexeita a primeira das pretensións da actora, de

que se decrete a nulidade dos contratos de lite por ausencia absoluta de consentimento (celebraríanse os contratos por unha persoa que non era o Administrador da sociedade demandante, e sen autorización desta última), e estima, pola contra, a acción de nulidade -propiamente, de anulabilidade-, ao entender que prestouse un consentimento errado pola falta de información dabondo ao cliente polo Banco sobre todos e elevados riscos que comportaba unha operación de suscrición de participacións preferentes, impondo, finalmente, a referida resolución as custas procesuais da primeira instancia ao demandado. E recurre a sentenza este último, interesando, de xeito principal, que de desestime integramente a demanda, ou quer, subsidiariamente, que se declare a improcedencia de declarar a nulidade do contrato de depósito e administración de valores, e que non se lle impoñan as custas procesuais. Sostén, en resumo, o apelante que a sociedade actora foi oportuna e debidamente informada sobre a realidade contido e alcance dos contratos, e que, en todo caso, a acción de anulabilidade estaría caducada, por exercitarse fora do prazo de catro anos disposto polo artigo 1301 do Código Civil, a contar dende a consumación do contrato, tal como determina esta norma. Pois ben, por razóns sistemáticas, comezaremos polo exame desta última cuestión, pois de acollerse a invocación a demanda debería rexeitarse integramente.

Segundo

Non son precisas especiais e complexas consideracións para rexeitar a caducidade dado que, sen necesidade de entrar na polémica doutrinal e dos tribunais, sobre o dies a quo do cómputo do prazo de catro anos, ou o que é o mesmo, verbo de cando debe estimarse o intre da consumación dun contrato das características como as que presenta a suscrición de participacións preferentes, cuxa realización e vida se desevolve, non inmediatamente, senón prolongadamente no tempo, o certo é que ese termo non tería transcurrido, en todo caso, no caso contemplado xa que, formulada a demanda reitora deste preito o día 31 de maio de 2013, a orde de adquisición de participacións preferentes é de 2 de xuño de 2009, non tendo en consecuencia pasado aquel termo. E polo que fai ao outro contrato, de "depósito ou administración de valores", debe manterse a mesma postura, pois malia que este contrato reseña no anverso da primeira folla a data de 26 de xaneiro de 2004, o certo é que no reverso desa folla, e na seguinte exprésase o día 2 de xuño de 2009. E ante esa contradicción de datas estimamos ponderadamente como data real esta última, ao coincidir exactamente coa da compra das participacións.

Terceiro

O Banco apelante afirma no escrito de apelación -en coincidencia esencial co escrito de contestación á demanda-, que contrariamente ao sostido pola demandante, esta foi suficientemente informada na faxe precontractual, o que se colixería tanto da distinta documentación achegada ao proceso, e asinada pola actora, como da declaración da testemuña, director da sucursal bancaria. O que engadido, por unha banda, a que o asinante dos contratos ten estudos universitarios e non é alleo ao eido financieiro, ao concertar anteriormente operacións de semellante calado, e por outra, a que estivo recibir xuros por mor dos contratos suscritos durante a primeira época dos mesmos, sen que nesa favorable coxuntura exterioriozase ningún tipo de protesta ou reserva, estaríamos ante feitos indiciarios que confirmarían a información posta en tela de xuizo. Engade o apelante, para o caso de que a actora non tiver leido os documentos explicativos da suscrición das participacións preferentes que lle foran enregados, que habería por parte desta última un comportamento indilixente que levaría a un erro, que como doadamente superábel, de empregarse unha dilixencia media, sería inexcusable e, conseguintemente, non ampararía a invocación da apelada, da falta de información debida. Pois ben, prantexados netes termos o debate, a cuestión a resolver é en realidade puramente probatoria: se houbo ou non a información requerida pola norma.

Cuarto

Unha advertencia previa temos que facer sobre a carga da proba da información, que recae sobre o Banco demandado, non só por aplicación dos postulados de facilidade e dispoñibilidade probatorias, senón tamén pola natureza positiva do feito a acreditar. En efecto, e como reseña a doutrina xurisprudencial, o Banco dispón habitualmente de máis recursos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • SAP Madrid 278/2019, 1 de Marzo de 2019
    • España
    • March 1, 2019
    ...de estudio y resolución en las AAPP, decantándose por negar la falta de legitimación pasiva. En este sentido, destaca la SAP Pontevedra de 5 de febrero de 2015 -en un asunto de la misma entidad bancaria que la que aquí ha sido demandada y apelada - y también la SAP de Jaén, Sección 1ª, de 1......
  • SAP Madrid 2359/2022, 29 de Septiembre de 2022
    • España
    • September 29, 2022
    ...de estudio y resolución en las AAPP, decantándose por negar la falta de legitimación pasiva. En este sentido, destaca la SAP Pontevedra de 5 de febrero de 2015 -en un asunto de la misma entidad bancaria que la que aquí ha sido demandada y apelada - y también la SAP de Jaén, Sección 1ª, de 1......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR