SAP Pontevedra 284/2014, 3 de Diciembre de 2014

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2014:2765
Número de Recurso1007/2014
ProcedimientoPENAL - APELACION PROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución284/2014
Fecha de Resolución 3 de Diciembre de 2014
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00284/2014

N.I.G.: 36042 41 2 2010 0004410

APELACION PROCTO. ABREVIADO 0001007 /2014M

JUZGADO DE LO PENAL NÚM. 2 DE PONTEVEDRA

PROCEDIMIENTO ABREVIADO NÚM. 206/14

Delito/falta: LESIONES

APELANTE: Juan Francisco

Procurador/a: NIEVES FERNANDEZ SUAREZ

Abogado/a: D/ MARIA-ISABEL PEREZ EXPOSITO

APELADO: MINISTERIO FISCAL, Celsa

Procurador/a: MARIA DEL AMOR ANGULO GASCON

Abogado/a: D/RICARDO MARTINEZ GEIJO

SENTENZA NÚM. 284

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

PONTEVEDRA, tres de diciembre de dous mil catorce

Visto pola Sección Segunda desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 206/14, o recurso de apelación interposto por Juan Francisco, representado polo procurador NIEVES FERNÁNDEZ SUÁREZ e defendidos por la letrada MARIA ISABEL PEREZ EXPOSITO, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Penal núm. 2 de Pontevedra no procedimento abreviado núm. 206/14. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e como apelados Celsa, representada pola procuradora MARIA DEL AMOR ANGULO GASCON e defendida polo letrado RICARDO MARTINEZ GEIJO, e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José José Juan Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte: "Que debo condenar y condeno a Juan Francisco como autor de un delito de lesiones previsto y penado en el artículo 147,1 del Código Penal a la pena de 1 año de prisión e inhabilitación especial para el derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, así como al abono de la parte correspondiente de las costas procesales causadas, incluidas las de la acusación particular, debiendo indemnizar a Celsa en la suma de 5312,934 euros por los días impeditivos precisos para su curación y en la cantidad de 2063,127 euros por las secuelas restantes.

Que debo absolver y absuelvo a Juan Francisco de una falta de injurias prevista y penada en el artículo 620.2 del Código Penal, declarando de oficio la parte correspondiente de las costas procesales causadas".

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

"Resulta probado y así se declara que el día 26 de agosto de 2010, sobre las 18,30 horas mientras Celsa iba por un camino de tierra en compañía de su nieto, recriminó a su vecino Juan Francisco que dejara sueltos a sus perros, llamando puta Juan Francisco a Celsa que le contestó. A continuación Juan Francisco se acercó a Celsa la agarró por el pecho, la golpeó y la empujó a un riego que había en la cuneta.

A consecuencia de estos hechos Celsa sufrió contusión costal, TCE, esguince cervical y fractura de esternón, que precisaron para su curación tratamiento farmacológico y rehabilitador así como 90 días todos ellos impeditivos, restando como secuelas fractura de esternon con algias persistentes y abombamiento esternal"

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse pola representación procesual de Celsa e o Ministerio Fiscal scritos de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para a sustanciación do recurso.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

Primeiro

O acusado, Juan Francisco, foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de lesións, previsto e penado no artigo 147.1 do Código penal. No recurso de apelación que formula perante esta alzada na procura da súa absolución alega, ao abeiro do artigo 790.2 da Lei de axuizamento criminal, a vulneración da presunción de inocencia e do principio in dubio pro reo, que a declaración da vítima non se podía considerar como suficiente para desvirtuar a presunción do artigo 24.2 da Constitución española, e que a lesionada non precisou dun auténtico tratamento médico para curar das súas lesións. A fiscala e a acusación particular formulada por Celsa opóñense a que acollamos a impugnación así formulada.

Segundo

Resulta incompatible a manida mestura de alegacións do tipo das que se reflicten no recurso de apelación. Así, dentro dun único motivo de apelación, xúntanse a infracción da presunción de inocencia que inicialmente amparaba o acusado, o erro por parte da maxistrada xuíza da instancia na valoración da proba, e a suposta existencia de dúbidas que abocarían a autora da resolución xudicial que se combate ao inexorable pronunciamento absolutorio. A pretendida vulneración do artigo 24.2 da Constitución española -presunción de inocencia- suporía a inexistencia de probas de cargo contra o acusado. E o erro na valoración das probas xusto parte da nidia admisión da súa existencia, mais viciadas dunha interpretación equivocada da cal se discrepa. Mentres que o principio in dubio pro reo non...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR