SAP Lugo 383/2014, 5 de Noviembre de 2014

PonenteXULIO XOXE FERREIRO BAAMONDE
ECLIES:APLU:2014:737
Número de Recurso334/2014
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución383/2014
Fecha de Resolución 5 de Noviembre de 2014
EmisorAudiencia Provincial - Lugo, Sección 1ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 1

LUGO

SENTENCIA: 00383/2014

ILMOS. SRES.:

D. JOSÉ ANTONIO VARELA AGRELO

D. JOSÉ RAFAEL PEDROSA LÓPEZ

D. XULIO XOSÉ FERREIRO BAAMONDE (suplente)

Lugo, cinco de novembro de dous mil catorce.

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Lugo viu, en grao de apelación, o rolo de sala n.º 334/2014, dimanante dos autos de xuízo Ordinario, seguido no Xulgado de Primeira Instancia nº 2 de Lugo, sobre Reclamación de Cantidade. Foron partes no recurso, como apelante Leon, representado polo procurador Sr. LAGÜELA ANDRADE, e baixo a dirección do letrado SR. COIRA GOMEZ, e apelado ALLIANZ SEGUROS Y REASEGUROS, representado polo procurador SR. MARTIN-BUITRAGO CALVET e asistido do letrado SR. VARELA PINTOS. Actúa como maxistrado-relator o Iltmo. Sr. D. XULIO XOSÉ FERREIRO BAAMONDE.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Con data seis de maio de dous mil catorce, o Xulgado de Primeria Instancia de Lugo nº Dous, dictou unha sentencia que na súa parte dispositiva di: "

FALLO

DESESTIMAR íntegramente la demanda interpuesta por el procurador don José Carlos Lgüela Andrade en nombre y representación de don Leon, contra la entidad aseguradora Allianz Seguros y Reaseguros, S.A., con imposición de costas a la parte actora.".

SEGUNDO

Leon interpuxo un recurso de apelación contra a devandita sentencia, téndose por preparado o mesmo e cumpridos os trámites do art. 458 e seguintes da L.A.C. 1/2000 eleváronse as actuacións a esta Sección Primeira da Audiencia Provincial para a resolución procedente.

TERCEIRO

Na tramitación do presente recurso observáronse, en ámbalas dúas instancias, tódalas formalidades legais.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO

A sentenza recorrida non chega a entrar no fondo do asunto, ao estimar o efecto prexudicial da cousa xulgada respecto da sentenza de 29 de abril de 2013, ditada en procedemento 617/2012 polo Xulgado do Social nº 2 de Lugo, por entender que esta declara que o pagamento realizado por Allianz ao traballador D. Leon foi correcto e liberatorio, por ser este o beneficiario legal da indemnización aboada e non o demandante, o que implica a desestimación da demanda.

A apelante álzase fronte a esta resolución ao entender que non existe efecto prexudicial da cousa xulgada, posto que non se dan os requisitos esixidos polo art. 222.4 LAC. En efecto, este precepto sinala que " o resolto con forza de cousa xulgada na sentenza firme que puxera fin a un proceso vinculará ao tribunal dun proceso posterior cando neste apareza como antecedente lóxico do que sexa o seu obxecto, sempre que os litigantes de ambos procesos sexan os mesmos ou a cousa xulgada se estenda a eles por disposición legal ".

O efecto positivo ou prexudicial da cousa xulgada non esixe a identidade absoluta entre os obxectos da sentenza firme que se quere facer valer nun posterior proceso e o propio deste último. Neste caso estariamos en realidade diante do efecto negativo da cousa xulgada, que impediría resolver sobre o fondo do asunto. A relación de prexudicialidade implica unha coincidencia parcial de obxectos, de xeito que o decidido no proceso anterior sexa, como di a norma " antecedente lóxico " ou parte do que deba ser xulgado no proceso posterior. A cuestión ou punto litixioso que vinculará ao xuíz do segundo proceso haberá de formar parte da causa de pedir do novo obxecto procesual, do dereito feito valer no novo xuízo. Implica un nexo lóxico entre unha relación xurídica e un efecto seu, nunha relación de interdependencia que impón a coordinación das decisións.

Cando o xulgado nun proceso anterior non constitúe o antecedente lóxico do pretendido nun proceso posterior o tribunal do actual proceso non fica vinculado polo alí decidido, senón que con liberdade de criterio pode resolver o caso sen aterse obrigatoriamente ao resolto no anterior litixio ( SSTS de 17 de maio de 2000 e 11 de maio de 2006 ). Tampouco producen efectos de cousa xulgada os razoamentos expostos en sentenzas firmes ditadas por tribunais doutra orde xurisdicional, aínda que os Tribunais civís fagan seus na súa resolución os fundamentos xurídicos daquelas sentenzas, " o que simplemente supón unha elección da norma aplicábel, non un necesario acatamento, polo efecto positivo da cousa xulgada, ao decidido nun procedemento anterior " ( STS de 17 de marzo de 2004 ), tendo declarado o TC que " nin o art. 14 nin o 24.1 CE impoñen aos Xuíces e Tribunais a observancia dunha absoluta homoxeneidade na interpretación do Dereito que, aínda desexábel, non foi procurada polo lexislador, artellando as vías procesuais axeitadas (...). O resultado da heteroxeneidade interpretativa nas sentenzas pode ser lexítimo constitucionalmente sempre que dita interpretación non poda tacharse de arbitraria, o que só sucedería - dende a perspectiva do art. 24.1 CE - se a resolución xudicial que dela resultara non puidese considerarse expresión do exercicio da Xustiza, senón simple aparencia da mesma " ( STC 182/1994, de 20 de xuño).

Por outra banda, o art. 222.4 LAC establece a necesidade de identidade subxectiva para facer valer a forza positiva da cousa xulgada. Deste xeito, A SAP de Palencia de 9 de marzo de 2006 declara que " no caso que nos ocupa, non existe esa igualdade persoal entre quen foi parte no primeiro litixio e o foi no presente, no que se pretende facer vinculante o declarado naquel. E non existe esa identidade porque, como ben admite o actor no seu escrito de recurso, non existe identidade no suxeito que reclama, pois agora éo a entidade MAPFRE e no proceso anterior foino R., sendo obvio que non pode ser suficiente para que a cousa xulgada opere a identidade na persoa demandada, como así sucede neste caso. En consecuencia, non pode afirmarse que esteamos diante dun suposto no que sexa aplicábel o efecto positivo ou vinculante da cousa xulgada procesual, máxime cando o art. 222.4 LAC, que se di vulnerado, esixe expresamente para que se produza ese efecto vinculante que os litigantes de ambos procesos sexan os mesmos, esixencia que evidentemente agora non concorre ". De igual xeito a SAP de Las Palmas de 28 de febreiro de 2005 di que " indubidabelmente, se as partes no proceso previo non son as mesmas - cando menos nalgún lado da relación procesual, aínda que podan cambiar de posición - non pode considerarse cousa xulgada, xa que o ámbito da cousa xulgada prodúcese, salvo excepcións, inter partes : así o art. 222.4 LAC, claramente establece que o proceso previo, cando sexa antecedente lóxico do obxecto posterior, vincula ao Tribunal, sempre que os litigantes sexan os mesmos, ou a cousa xulgada se estenda a eles por disposición legal ". A necesaria identidade de partes cobra o seu sentido cando se analiza dende o dereito de defensa, posto que se unha sentenza anterior vincula a quen non foi parte no preito, estaría sufrindo as consecuencias dunha actividade procesual na que non puido intervir.

A sentenza recorrida, aínda que sen citar expresamente o art. 222.4 LAC, acude ao instituto do efecto prexudicial da cousa xulgada - " non por isto han de descoñecerse as sentenzas anteriores con influencia no preito posterior, dado o seu efecto...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR