STSJ Galicia 687/2014, 26 de Noviembre de 2014

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2014:9655
Número de Recurso15047/2014
ProcedimientoRECURSO DE APELACIóN
Número de Resolución687/2014
Fecha de Resolución26 de Noviembre de 2014
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00687/2014

- N56820

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 36038 45 3 2013 0000919

Procedimiento: RECURSO DE APELACION 0015047 /2014

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. DARLIN SL

Representación D./Dª. MARIA TERESA PITA URGOITI

Contra D./Dª. DIPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Representación D./Dª. LUIS SANCHEZ GONZALEZ

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

DOLORES RIVERA FRADE

MARIA DEL CARMEN NUÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinteseis de novembro dous mil catorce.

No recurso de APELACION que, co número 15047/2014, pende de resolución ante esta Sala, presentado por DARLIN SL, representado polo procurador Dª Pita Urgoiti, dirixido polo letrado Dº Rubianes Ferro, contra a sentenza 95/2014 do xulgado do contencioso núm.1 de Pontevedra. É parte a Administración demandada a Deputación de Pontevedra/Oral, representada polo procurador Sr. Sánchez González e asistida do letrado Sr. Vázquez Solla.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA. ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Fronte á senternza 95/2014 o recorrente -Darlin SL- presentou un recurso de apelación, solicitando a revogación da sentenza e a anulación da liquidación da taxa do lixo.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación.

TERCEIRO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía

2.500 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O 05.05.2014 o xulgado do contencioso núm.1 de Pontevedra ditou unha sentenza que rexeitaba o recurso contencioso contra a liquidación da taxa do lixo núm. 003976743701 ( xaneiro-decembro 2012) xitada contra DARLIN SL.

SEGUNDO

Fronte á sentenza 95/14 do xulgado do contencioso núm.1 o recorrente alega que esta incorre en vicio de falta de congruencia.

O recorrente denuncia que a sentenza non entra a avalia-los diversos motivos que sustentaba o recurso e demostraban a arbitrariedade do incremento da taxa: a) actualización ó 14,61 dos usuarios e exclusión dos demais, b) criterio do m2, sen diferenciar entre m construido e m de parcela, c) non se discrimina en consideración á actividade do suxeito pasivo e d) non se ten en consideración que a contaminación xerada por Darlin SL no ano 2012 é inferior á que xeraba no ano 2010.

Tampouco interpreta correctamente as probas practicadas, nin aplica correctamente as normas, e legaliza unha exención ( ó 85,39% dos usuarios ) sen segui-los trámites legais.

O letrado da administración rebate estes argumentos, subliñando que xa dende o ano 1990 a Ordenanza diferenciaba ós usuarios domésticos dos industriais e estes últimos pagaban a taxa en atención ós m2, sendo no ano 2010 cando, coma consecuencia do incremento global do custo do servizo, se procede a incrementala taxa ós establecementos mercantís..

Partirmos destas pretensións, e aínda que, formalmente, o recorrente denuncia que a sentenza incorre en falta de congruencia, o que se suscita - en sentido material- é a errónea avaliación das probas en relación co obxecto do debate e, en concreto, se a MEMORIA ECONÓMICA, xustifica que se eleva a taxa do lixo ó recorrente en mais dun 300% verbo da anterior.

Verbo da esixencia da memoria económica cando, coma no caso presente, se realiza unha modificación substancia da ordenanza preexistente é coincidente a xurisprudenza - STSX Andalucía 07.10.1996, STSX Madrid 11.07.2000, STSX Cataluña 22.07.1992 ...- e resultaría da aplicación do artigo 20 da Lei de Taxas, de aplicación subsidiaria á facenda local- art. 9.2. Por outra banda a alegación relativa á inexistencia, insuficiencia ou erro no informe económico-financeiro sobre o custo da actividade non constitúe un defecto de forma senón de fondo, por afectar á validez da propia Ordenanza, segundo tivo ocasión de sinalar esa mesma doutrina (tamén na STS de 14-6-2001 ), ao soster que a ausencia ou insuficiencia da memoria económico financeira nestes casos é causa de nulidade absoluta, por aplicación do art.º 62.1 e) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, xa que as Ordenanzas Locais se xustifican pola súa correcta elaboración, con suxeición ás regras dos arts. 24 e 25 da LHL ( SSTS de 7-2-2000, 14-4-2000 e STC 233/99, do 16 de decembro ).

Clarexado este punto, dúas son, en esencia, as cuestións suscitadas: a) contido da informe técnicoeconómico e b) validez da variable utilizada para xustificalo incremento da taxa e reparto desta.

Verbo da 1ª cuestión e coma indica a STS 03.07.2014 : Como se indicou o lexislador na materia que nos ocupa esixe para o "establecemento dunha nova taxa ou de modificación específica das contías dunha preexistente", un requisito formal de grande intensidade, maior que o que require o art º 24.1.a) da Lei 50/1997 en tanto que incorpora unha importante diferenza con respecto ao réxime xeral, ao punto que a ausencia de memoria económico-financeira determina a nulidade radical, " a falta deste requisito determinará a nulidade de pleno dereito das disposicións regulamentarias que determinen as contías das taxas".

Esta Sala pronunciouse en numerosas ocasións da importancia da elaboración da memoria económicofinanceira, determinando a súa ausencia ou a súa insuficiencia a nulidade de pleno dereito da taxa. Este requisitos, pois, non é un requisito meramente formal, senón que, tal e como unha constante xurisprudencia pon en evidencia, constitúe unha peza clave para a exacción das taxas. Recordemos algúns pronunciamentos ao efecto: Sentenza do 20 de febreiro de 2009 (rec. cas. núm. 5110/2006 ) na que indicabamos que " esta Sección tivo a oportunidade de subliñar en moitas ocasións que o citado principio de equivalencia -tamén se lle denominou de "autofinanciamento das taxas" [ Sentenza do 18 de setembro de 2007 (rec. cas. en interese da lei núm. 42/2006), FD Quinto]- é connatural ás taxas

[ Sentenza do 21 de marzo de 2007 (rec. cas. núm. 492/2002 ), FD Tercero]; que deste deriva unicamente que o importe total estimado da taxa non debería superar o custo real ou previsible global ou no seu conxunto do servizo público ou actividade de que se trate [ Sentenzas do 19 de xuño de 1997 (rec. apel. núm. 10175/1991), FD Segundo; do 7 de maio de 1998 ( rec. apel. núm. 9258/1992), FD Tercero; do 22 de maio de 1998 ( rec. apel. núm. 6694/1992), FD Tercero; do 21 de marzo de 1998 ( rec. apel. núm. 8243/1992), FD Quinto; do 6 de marzo de 1999 ( rec. cas. núm. 950/1994), FD Tercero; do 11 de marzo de 2002 ( rec. cas. núm. 3225/1998 ), FD Cuarto A); do 18 de decembro de 2000 ( rec. cas. núm. 3114/995), FD Quinto; do 30 de novembro de 2002 ( rec. cas. núm. 3848/1998), FD Tercero; do 14 de febreiro de 2004 (rec. cas. en interese de lei núm. 41/2003), FD Tercero; do 23 de xaneiro de 2006 (rec. ordinario núm. 66/2003), FD Primeiro; e do 18 de setembro de 2007, cit., FD Quinto]; e, por último, que a aprobación da Memoria económico-financeira constitúe, non un mero requisito formal, senón unha "peza crave para a exacción das taxas" [ Sentenza do 8 de marzo de 2002 (rec. cas. núm. 8793/1996 ), FD Cuarto] ". E isto é así na medida que « a aprobación da Memoria económico-financeira constitúe, non un mero requisito formal, senón unha "peza clave para a exacción das taxas" e " un medio de garantir, xustificar (o ente impositor) e controlar (o suxeito pasivo) que o principio de equivalencia se respecta, e, por ende, para evitar a indefensión do administrado ante actuacións administrativas arbitrarias"».

Ao noso entender, non pode manterse, como se fai polas recorridas facéndose eco dos termos da propia Sentenza, que xa dixemos que parte dun erro de base, a consideración do canon como exacción contractual, que como non se xera custos á Administración se fai innecesaria a memoria; xa se dixo a maior intensidade con que se esixe este requisito na materia que nos ocupa respecto do procedemento de elaboración xeral das disposicións regulamentarias, neste preténdese estimar os custos para o mellor exercicio das potestades administrativas dende a súa viabilidade financeira, isto é, a estimación faise dende unha perspectiva interna, o seu custo real ou previsible; en cambio na materia que nos ocupa non só preténdese coa memoria económicofinanceira o devandito fin, senón que como expresamente se indica, incardínase "sobre o custo ou valor do recurso ou actividade de que se trate e sobre a xustificación da contía da taxa proposta", isto é, posúe tamén unha proxección que se traduce na xustificación razoada da súa cuantificación, recollendo os criterios tidos en conta e as explicacións suficientes que xustifique o cumprimento dos principios tributarios aos que fai referencia o art.º 31.1 da CE e ao resto do ordenamento xurídico, impedindo que a discrecionalidade administrativa se converta en arbitrariedade, cumprindo tamén funcións de garantías en tanto que se posibilita aos afectados coñecer as razóns que levan á Administración á imposición das taxas e que xustificaron a fixación dos criterios e parámetros fixados para a liquidación da cota tributaria e facendo posible o control xudicial.

No caso presente, o estudio económico limítase a indicar cal é o custo total do servizo de recollida do lixo, transporte a centro de eliminación e tratamento posterior, partindo do estudio do ano 2004 ( informe da empresa LAGARES ) coa actualización do IPC ata o ano 2010 - un 16,8%- e procede a reparti-lo custo entre os usuarios domésticos ( diferenciando as parroquias rurais dos centros urbanos e polígono residencial de Torneiros ) e os establecementos mercantis, comerciais, industriais e profesionais, diferenciando,...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 9 de Julio de 2015
    • España
    • 9 Julio 2015
    ...por la Sala de lo Contencioso-Administrativo (Sección Cuarta) del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, en el recurso de apelación nº 15047/2014 , resolución que se declara firme; con imposición a la parte recurrente de las costas procesales causadas en este recurso, señalándose como ca......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR