SAP Pontevedra 7/2003, 26 de Febrero de 2003

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2003:764
Número de Recurso5/2001
ProcedimientoPENAL
Número de Resolución7/2003
Fecha de Resolución26 de Febrero de 2003
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 5ª

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

SECCIÓN QUINTA-SEDE VIGO

C/ LALIN N° 4 (986 817 162)

A SECCIÓN QUINTA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CON SEDE EN

VIGO, composta polos Ilmos Sres. Maxistrados. D. JAIME CARRERA IBARZABAL, D. JUAN ALFAYA OCAMPO e DÑA. MAGDALENA FERNANDEZ SOTO pronunciaron

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENCIA N° 7 / 2003

En Vigo, a vinteseis de febreiro de dos mil tres.

A causa número 3/2001 (Rolo de Sala n° 5/2001), vinda do Xulgado de Instrucción n° 1 de Vigo foi tramitada, seguindo o Procedemento Ordinario Sumario, polo delicto de ABUSOS SEXUAIS, seguido contra de Antonio , nado o 24 de decembro de 1963, fillo de Benjamín e María Deolinda, natural de Vigo con enderezo na RUA000 NUM000 - NUM001 de Vigo, e en liberdade provisional. O procurador dos tribunais D. Manuel Lamoso Rey representouno e o letrado D. Alejandro Rodríguez Cid defendeuno, como responsable civil o OBISPADO DE TUY- VIGO representado polo Procurador D. Manuel Lamoso Rei e defendido polo Letrado D. Emilio Pérez Rivero. Partes acusadoras: Rodrigo , Evaristo , Juan Carlos , Millán , Casimiro , Carlos Alberto , representados pola Procuradora Dª Mª José Carrazoni Fuertes e defendidos pola Letrada Dª María Moreiras Ojeda e o Ministerio Fiscal. Maxistrado relator: D. JUAN ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

I. ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

O Ministerio Fiscal no acto do xuízo oral calificou definitivamente los feitos constitutivos dos seguintes delictos:

Agresión Sexual do artigo 182. 1 e 2 en relación có artigo 180.1.4° e 181.1 e 4 (prevalimento) do CP. na persoa de Carlos Alberto .

Dúas agresións sexuais, en forma imperfecta de Tentativa, do art.. 182. 1 e 2 en relación có artigo 180.1 e 4° (prevalimento), así como en relación có art.. 16 e 181.1 e 4 todos de do Código Penal, nas persoas de Evaristo e Rodrigo .

Nove agresións sexuais do art.. 181.1 e 4, en relación có art.. 180.1. 4° (prevalimento) do CP. nas persoas de Evaristo (4), Rodrigo (2), Juan Carlos (1), Millán (1) e Casimiro (1).

Destes delictos considera responsable como autor Antonio , non concorrendo circunstancias modificativas da responsabilidade criminal, e procede impoñerlle as penas seguintes:

  1. - Polo delicto a) 10 anos de prisión e inhabilitación absoluta.

  2. - Por cada un dos delictos b) 6 anos e 6 meses de prisión e inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo e para o desenrolo do seu cargo como mestre.

  3. - Por cada un dos nove delictos c) 3 años de prisión e inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo e para o desenrolo do seu cargo como mestre.

En canto a responsabilidade civil Antonio indemnizará a Carlos Alberto en 4.500 €, a Evaristo e Rodrigo , en 4.000 € a cada un deles polas tentativas de agresión sexual do art. 182 CP., a Evaristo , Rodrigo , Juan Carlos , Millán e Casimiro , en 1.500 € por cada un dos delictos de agresión sexual do art.. 181 CP. de que foron obxecto cada un deles. En tódolos casos se declarará a responsabilidade civil subsidiaria do Bispado de Tuy-Vigo

SEGUNDO

A acusación particular calificou definitivamente os feitos constitutivos dos seguintes delictos:

  1. - Na persoa de Evaristo , catro delictos de abuso sexual do art.. 181.1 e 4 en relación co art.. 180.1.4° (abuso sexual con prevalimento) do CP. descritos nos apartados a), b), c) e d), e un delicto de agresión sexual en grado de tentativa do art.. 179 en relación có art.. 180.1.4° do CP. en relación có art.. 16 do mesmo texto legal descrito no apartado e) (agresión sexual con prevalimento en grado de tentativa).

  2. - Na persoa de Rodrigo , dous delictos de abuso sexual do art. 181.1 e 4 en relación co art.. 180.1.4° do CP. descritos no apartados b) e c) e un delicto de agresión sexual en grado de tentativa do art.. 179 en relación có amigo 180.1.4° do CP. en relación co art.. 16 do mesmo texto legal descrito no apartado

    a).

  3. - Na persoa de Juan Carlos , un delicto de abuso sexual do art.. 181.1 e 4 en relación có art.. 180.1.4° do CP.

  4. - Na persoa de Millán , un delicto de abuso sexual do art.. 181.1 e 4 en relación có art.. 180.1.4° do CP.

  5. - Na persoa de Casimiro un delicto de abusos sexuais do art.. 181.1 e 4 en relación có art. 180.1.4° do CP.

  6. - Na persoa de Carlos Alberto un delicto de agresión sexual do art. 179 en relación có art.. 180.1.4° do CP.

    De ditos delictos considera responsable como autor a Antonio ; no concorrendo circunstancias modificativas da responsabilidade penal.

    Procede impoñer as seguintes penas:

    Por cada un dos nove delictos de abuso sexual a pena de 3 anos de prisión e inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo e para o desenrolo do seu cargo de mestre durante o tempo da condena.

    Por cada un dos dous delictos de agresión sexual en grado de tentativa, 10 anos de prisión e inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo e para o desenrolo do se cargo como mestre durante o tempo da condena.

    Polo delicto de agresión sexual (1 Carlos Alberto ) 15 anos de prisión e inhabilitación absoluta.

    En tódolos casos prohibición de residir e acudir ás parroquias de residencia das víctimas, Bahiña e Baredo (Baiona) e a tódolos lugares de residencia dos menores polo tempo que dure a condena.

    En canto a responsabilidade civil, Antonio indemnizará a Evaristo na suma de 30.000 € pola tentativa de agresión e 9.000€ por cada un dos catro delictos de abuso sexual. A Rodrigo en 12.000€ pola tentativa de agresión sexual e 9.000€ por cada un dos dous delictos de abuso sexual. A Juan Carlos na suma de

    9.000€. A Millán en 9.000€. A Casimiro en 9.000€ e a Carlos Alberto en 30.000€. Igualmente indemnizaralles nos gastos terapéuticos que se ocasionan.

    En tódolos caso se declarará a responsabilidade civil subsidiaria do Bispado de Tuy- Vigo. Así como as custas incluíndo as da acusación particular.

TERCEIRO

As defensas de Antonio e do Bispado de Tui-Vigo en igual trámite mostraron a súa desconformidade coas acusacións particular e pública solicitando a libre absolución dos seus defendidos.

II. FEITOS PROBADOS.

O acusado, Antonio , nado o día 24 de decembro de 1.963, e carecente de antecedentes penais, fora nomeado no ano 1.996 cura párroco polo Bispado da Dioceses de Tui-Vigo para as Parroquias de Santa María de Baredo e de Santa María de Bahiña, ambas pertencentes ao Municipio de Baiona, do Partido Xudicial de Vigo, escomenzando nese mesmo ano a prestar as tarefas propias do sacerdocio, que compaxinaba coas clases de Relixión que como Profesor designado tamén polo Bispado impartía igualmente desde esas datas no Instituto " Primero de Marzo ", da mesma localidade.

No ano 2.000 eran alumnos seus, entre outros, Rodrigo , nado o 17 de abril de 1.985, Juan Carlos , nado o 29 de setembro de 1.985, Millán , nado o 13 de xaneiro de 1.985, Casimiro , nado o 12 de maio de

1.985, Evaristo , nado o 1 de abril de 1.984, e Carlos Alberto , nado o 9 de maio de 1.985. Asemesmo, e con excepción deste último, os cinco primeiros viñan prestando funcións de sancristán baixo as ordes do acusado, os catro primeiros desde principios dese ano 2.000, e Evaristo desde primeiros do ano 1.999.

O acusado, aproveitándose (en tódolos casos que de seguido pásanse a relatar, sen excepción ) da posición de ascendencia, privilexio e vantaxe que lle proporcionaba, por unha banda, a diferencia de idade con eses menores, por outra, aquelas relacións profesor- alumno e cura párroco- monago, e por outra, os seus medios e dispoñibilidade económica, realizou os seguintes feitos:

  1. Respecto de Rodrigo .

a ) En data non concretada do mes de febreiro de 2.000, despois de invitar a Rodrigo a cear no restaurante " Os da Ponte ", de Baredo, levouno á Casa Parroquial, onde logo de estar xogando co ordenador ata arredor da unha da madrugada, e coa desculpa posta polo inculpado, de que era para non ter que facer outra cama, deitáronse os dous en calzóns nunha mesma cama, e despois dun certo tempo escomenzou o acusado, movido polos seus libidinosos desexos, a efectuar tocamentos sobre Rodrigo , o que quedou inmobilizado pola situación, rematando o acusado con chuparlle o pene ata exacular o menor, para, varios minutos despois, intentar o acusado penetrar analmente a Rodrigo , o que non conseguiu ao apretar este último as súas nalgas con forza.

b ) Con motivo dunha viaxe relixiosa a Fátima, no mes de marzo de 2.000, pagada polo Bispado, e cando o acusado e Rodrigo se atopaban deitados nunha caravana en compaña de Juan Carlos , Evaristo , e un terceiro, o inculpado, guiado pola súas apetencias sexuais, acercouse a Rodrigo , e baixándolle os pantalóns curtos que tiña postos, chupoulle o pene ata que o menor, que quedou paralizado e sen pode dicir nada, acabou exaculando.

c ) En data non determinada dos meses de agosto ou setembro de 2.000, atopándose Rodrigo na Casa Rectoral de Bahiña, no despacho do acusado, buscando unha documentación relativa a unha defunción, fixo acto de presencia este último, quen, despois de baixarlle os pantalóns, comezou a tocarlle os seus órganos xenitais, para acabar facéndolle unha felación, sen que o menor soubera reaccionar, invitando logo o inculpado a cear a Rodrigo , o que este último non aceptou, pondo como desculpa que estaba castigado polos seus país.

B ) Respecto de Juan Carlos .

En data que non se puido concretar, comprendida entre os meses de febreiro e marzo de 2.000, sendo unha noite do venres para o sábado, e despois de estar estudiando pola tarde Juan Carlos na Casa Parroquial en compaña do acusado, e de Rodrigo , Millán e outros alumnos, o inculpado invitou a Juan Carlos a quedarse a durmir, aceptando o menor despois de pedir e obter telefonicamente autorización dos seus proxenitores. E logo de ver os dous unha película de vídeo, se foron a deitar, e como o acusado puxéralle a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STS 140/2004, 9 de Febrero de 2004
    • España
    • Tribunal Supremo, sala segunda, (penal)
    • 9 Febrero 2004
    ...Acusación Particular representada por DON Roberto y otros, y por el Responsable Civil Subsidiario OBISPADO DE TUI-VIGO, contra Sentencia núm. 7/2003, de 26 de febrero de 2003 de la Sección Quinta de la Audiencia Provincial de Pontevedra dictada en el Rollo de Sala núm. 5/2001 dimanante del ......
1 artículos doctrinales

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR