SAP Pontevedra 193/2014, 1 de Septiembre de 2014

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2014:2014
Número de Recurso733/2014
ProcedimientoPENAL - APELACION PROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución193/2014
Fecha de Resolución 1 de Septiembre de 2014
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00193/2014

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

N.I.G.: 36005 41 2 2012 0202569

APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000733 /2014 -a

Delito/falta: CONDUCCIÓN TEMERARIA

Denunciante/querellante: Carlos María

Procurador/a: D/Dª LUIS ANGEL ABALO ALVAREZ

Abogado/a: D/Dª ALBERTO GALLEGO RIVERA

Contra: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

Rolo:RP 733/14-a (79/14-a)

Órgano de procedencia :Xdo.de lo Penal nº 2 de Pontevedra.

Procedemento de orixe : Procedimiento Abreviado 85/14.

SENTENZA NÚM. 193

==========================================================

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Dona Rosa del Carmen Cimadevila Cea.

Ilma. Dona.Rosario Cimadevila Cea.

==========================================================

En Pontevedra a 1 de setembro de dous mil catorce.

Visto, pola Sección 2º desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número RP 733/14 o recurso de apelación interposto polo procurador LUIS ANGEL ABALO ALVAREZ, en representación de Carlos María y letrado ALBERTO GALLEGO RIVERA, contra a sentenza ditada polo Xuzgado do Penal nº 2 de Pontevedra, e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data 20 de novembro de dous mil trece, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que debo condenar y condeno a Carlos María como autor de un delito contra la seguridad vial previsto y penado en el artículo 379.2 del Código Penal concurriendo la circunstancia atenuante de dilaciones indebidas, a la pena de 6 meses de multa con una cuota diaria de 8 euros con la responsabilidad personal subsidiaria establecida en el artículo 53 del Código Penal para el caso de impago y privación del derecho a conducir vehículos a motor y ciclomotores por tiempo de 1 año y 1 día y como autor de un delito contra la seguridad vial previsto y penado en el delito contra la seguridad vial previsto y penado en el artículo 383 del Código Penal, concurriendo la circunstancia atenuante de dilaciones indebidas y la circunstancia atenuante analógica prevista en el artículo 21,7 en relación con el 21,1 y 20,2 del Código Penal, a la pena de 3 meses de prisión e inhabilitación especial para el derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena y privación del derecho a conducir vehículos a motor y ciclomotores por tiempo de 6 meses y 1 día; así como al abono de las costas procesales causadas.

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

UNICO.- Resulta probado y así se declara que el día 29 de enero de 2012 sobre las 12,25 horas, Carlos María circulaba por la carretera Po 226 conduciendo el vehículo de su propiedad Audi S· matrícula

.... HSJ y lo hacíaon sus facultades de atención y percepción mermadas por la previa ingesta de bebidas alcohólicas por lo que circulaba a mucha velocidad por las proximiddes de Moraña.

Dicha forma de circular fue vista por agentes de la guardia civil que le persiguieron, perdiéndole después, para volver a encontrarle posteriormente escondido en una carballeda y a unos 30 metros del vehículo.

Observando los agentes en Carlos María síntomas de hallarse bajo la influencia de la revia ingesta de bebidas alcohólicas tales como halitosis alcohólica, pupilas dilatadas, ojos brillantes y deambulación vacilante, le invitaron a someterse a las pruebas de impregnación alcohólica, negándose aquel pese a ser advertido en reiteradas ocasiones de que en caso de negarse incurriría en delito.

La tramitación de la presente causa ha sufrido paralizaciones no imputables a Carlos María .

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual dos recorrentes interpuxeron recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse escritos de impugnación.

FEITOS PROBADOS

Acéptanse os da sentenza contra a que se apela.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

O acusado, Carlos María, foi condenado na instancia como autor responsable dos delitos contra a seguridade viaria previstos e penados nos artigos 379.2 e 383 do Código penal . No recurso de apelación que agora formula perante esta alzada, ao abeiro do artigo 790.2 da Lei de axuizamento criminal, remata por solicitar a absolución polo delito do artigo 379.2 do Código penal e, subsidiariamente, que -de manterse a condena polo dito artigo e polo do artigo 383 do mesmo texto legal - apreciemos o concurso de normas que invoca e só resulte condenado por este último. A fiscala oponse a que acollamos a impugnación así formulada.

Segundo

Considera o apelante que, no relativo á súa condena polo delito contra a seguridade viaria do artigo 379.2 do Código penal, se incorreu nun erro na valoración da proba e se vulnerou o seu dereito á presunción de inocencia ( artigo 24.2 da Constitución española ). En esencia, argumenta que non resultou probado que conducise cunha taxa de alcol no aire expirado superior a 0,60 miligramos por litro, polo que debía de atenderse á sintomatoloxía que consta no atestado.

De entrada, pois, cómpre subliñar que xa se abandonou toda a argumentación despregada na instancia relativa a se era o acusado ou en realidade outra persoa quen conducía o vehículo de motor cando sucederon os feitos que se declararon probados. Abonda cunha sinxela remisión ao primeiro dos motivos do recurso de apelación para comprobar como no desenvolvemento da argumentación de que non conducía o automóbil baixo a influencia de bebidas alcólicas se asume que era o apelante mesmo quen, antes de ser interceptado polos axentes a carón do coche, manexaba os controis daquel. E, por se algunha dúbida aínda se puidese suscitar, abofé que o razoado en tal sentido pola maxistrada xuíza a quo non deixa lugar a dúbidas de que era Carlos María quen conducía (atestado, testemuño no acto da vista dos dous axentes da Garda Civil, identificación no plenario por parte destes do acusado, inconsistencia da versión do propio recorrente, falta de identificación e achegamento do testemuño da persoa que entón si conducía, etc.).

O acusado foi condenado na instancia non por conducir un vehículo de motor cunha taxa de alcol no aire expirado superior a 0,60 miligramos por litro, senón por facelo baixo a influencia de bebidas alcólicas. Neste sentido, cómpre lembrar que, requirido o acusado para someterse ás probas de detección de alcol, se negou malia ser advertido en reiteradas ocasións de que podía estar a incorrer nun delito contra a seguridade viaria, e, concretamente, no delito polo que logo foi condenado pola xulgadora a quo (o do artigo 383 do Código penal ). Como reflectimos na nosa sentenza do 17 de novembro de 2006 (ROJ: SAP PO 2864/2006), xa a STC 68/2004, do 19 de abril, lembraba que a devandita proba de alcolemia nin é a única proba que pode producir esa condena, nin é unha proba imprescindible para a súa existencia ( SSTC 145/1985, do 28 de outubro, F. 4 ; 148/1985, do 30 de outubro, F. 4 ; 145/1987, do 23 de setembro, F. 2 ; 22/1988, do 18 de febreiro, F. 3

a); 222/1991, do 25 de novembro, F. 2 ; 24/1992, do 14 de febreiro, F. 4 ; 252/1994, do 19 de setembro, F. 5 ; 111/1999, do 14 de xuño, F. 3 ; 188/2002, do 14 de outubro, F. 3 ; 2/2003, do 16 de xaneiro, F. 5).

O propio acusado recoñeceu -e segue a facelo no seu recurso- que consumiu unhas tres ou catro cervexas antes de ser requirido para realizar as probas de impregnación alcólica. Os axentes da Garda Civil que acudiron ao acto da vista oral que tivo lugar na instancia foron ben contundentes na ratificación dos síntomas que apreciaron no acusado, que denotaban que conducía o vehículo de motor baixo a influencia de bebidas alcólicas (halitose alcólica, pupilas dilatadas, ollos brillantes e deambulación vacilante). A existencia doutros síntomas de suposta normalidade non empece os anteriores visto, ademais, o comportamento do acusado ao circular, primeiro, a moita velocidade nas proximidades de Moraña e, despois, fuxindo dos axentes que o perseguían ata que deron con el nunha carballeira. A apreciación levada a cabo neste sentido pola maxistrada xuíza a quo resulta irrefutable; e non se pode revisar nesta segunda instancia ao non albiscarmos o máis mínimo erro na valoración probatoria que en conciencia levou a cabo aquela ao abeiro do artigo 741 da Lei de axuizamento criminal .

Terceiro

No relativo ao segundo, e derradeiro, motivo de apelación, consistente na vulneración do artigo 8 do Código penal e dos principios non bis in idem, de seguridade xurídica e in dubio pro reo, xa a sentenza contra a que se apela reflicte a doutrina desta mesma Audiencia Provincial no relativo á cerna do que realmente se quere combater con tal alegación.

Así, na SAP Penal, Sección 2ª, do 2 de febreiro de 2010 (SAP PO 149/2010) dixemos:

Verbo da suposta...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • SAP Pontevedra 174/2022, 17 de Junio de 2022
    • España
    • 17 Junio 2022
    ...conxuntamente polos artigos 379.2 e 383 do Código penal. Así, e por todas, xa na SAP, Penal, Sección 2ª, do 1 de setembro de 2014 (ROJ: SAP PO 2014/2014 - ECLI:ES:APPO:2014:2014) No relativo ao segundo, e derradeiro, motivo de apelación, consistente na vulneración do artigo 8 do Código pena......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR