SAP Pontevedra 250/2014, 21 de Abril de 2014

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2014:1849
Número de Recurso293/2012
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución250/2014
Fecha de Resolución21 de Abril de 2014
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00250/2014

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA

N01250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGOTfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

N.I.G. 36057 42 1 2010 0014332

ROLLO: RECURSO DE APELACION (LECN) 0000293 /2012 B

Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 1 de VIGO

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0001003 /2010

Apelante: EUROGOMCA SL

Procurador: Mª PAZ BARRERAS VAZQUEZ

Abogado: ANTONIO MORETON BRASA

Apelado: Bartolome Horacio

Procurador: JOSE FERNANDEZ GONZALEZ

Abogado: JOSE A. PEREZ FERNANDEZ

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados, D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Julio Picatoste Bobillo, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 250/14

Vigo, vinte e ún de abril de dous mil catorce.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 1003/10 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 1 de Vigo ós que correspondeu o rolo 293/12, nos que aparece como parte apelante e demandante reconvenido impugnado EUROGOMCA S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª PAZ BARRERAS VÁZQUEZ e asistida do/da letrado/a D./

D.ª ANTONIO MORETÓN BRASA, e como parte contra da que se apela e demandada redonviniente impugnante D./D. Bartolome Horacio, representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSÉ FERNÁNDEZ GONZÁLEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª JOSE ANTONIO PÉREZ FERNÁNDEZ . É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

I. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 1 de Vigo, con data do 5 de decembro de 2011, ditou unha

sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Estimando totalmente la demanda promovida por la representación de Eurogomca S.L. contra Bartolome Horacio, y estimando parcialmente la demanda reconvencional promovida por la representación de Bartolome Horacio contra Eurogomca S.L., debo condenar y condeno a Eurogomca S.L. a abonar a Bartolome Horacio la cantidad de 9.014,07 euros, más interses legales.

Se imponen al demandado las costas procesales de la demanda principal, y no se hace expresa imposición a ninguna de las partes de las costas procesales de la demanda reconvencional."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Paz Barreras Vázquez, en representación de EUROGOMCA S.L., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC). Así mesmo polo Procurador Sr. José Fernández González impugnou a sentenza.

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Practicándose a proba documental que consta no rolo de apelación. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día tres de abril de dous mil catorce.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

II. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Son tres os capítulos que a actora inicial reclamou do demandado, un primeiro, en concepto

de cobros efectuados por este último aos clientes daquela, polo importe de 7.786,80 euros, e outros dous, por devolucións dos clientes Embrujo, S. C. e Nevereta Parda, S. L., polos montantes respectivos de 4.405,78 e

10.366,35 euros, e cuxa responsabilidade de pagamento tiña asumido o demandado en virtude da cláusula VI do contrato de data 31 de xaneiro de 1991. Pois ben, a realidade e contía dos tres conceptos aparecen avaladas pola proba documental achegada á causa, e non contradita nin desvirtuada por ningunha outra probanza, da mesma nin de distinta natureza, tal como atinadamente proclama a sentenza ditada de primeira instancia. En efecto: A) Polo que fai ao primeiro dos capítulos, o mesmo aparece acreditado pola carta remitida polo demandado á demandante, de data 3 de agosto de 2008, no que aquel recoñece "que obran no meu poder as seguintes cantidades...", malia que sosteña que retén as mesmas a conta das comisións que ao seu xuizo adebedáballe á sazón a demandante. Por outra banda, o propio demandado no seu escrito de contestación á demanda ven admitir a realidade a débeda, malia que por igual a vencelle con operacións comerciais non oficiais ou "en negro". B) A existencia da venda a Embrujo, S. C., e o fallido da cobranza colíxense dos extractos contables achegados, e do libramento e devolución dos efectos que neses extractos se relacionan. C) Igualmente, os extractos contables, en unión das obrigas de pagamento, que obran na lite, son demostrativos da débeda impagada de Nevereta Parda, S. L. En último termo, a invocación do demandado, de que non se lle fixo saber previamente a existencia desas operacións, resulta esteril porque o contrato non estipulaba esa comunicación como un presuposto de esixibilidade. Por conseguinte, procede rexeitar a impugnación que da sentenza de primeira instancia fai sobre estes extremos o demandado.

Segundo

Polo canle reconvencional o demandado reclama da actora reconvida: A) Unha indemnización por clientela, por importe de 22.456,14 euros, ao abeiro do artigo 28 da Lei de contrato de axencia de 27 de maio de 1992. B) E por comisións pendentes de pagamento 27.912,56 euros. E como a sentenza de primeira instancia estima a segunda das pretensións, e rexeita a primeira, reconvida e reconvinte apelan, respectivamente, unha e outra pronuncias: E como, por outra banda, os recurrentes reproducen nesta alzada a mesma liña argumental que na primeira instancia, este tribunal de apelación pode entrar coñecer da controversia sen cortapisa de ningún tipo.

Terceiro

A acción de reclamación de indemnización por clientela atópase prescrita, polo que resulta conforme e Dereito a decisión da xulgadora a quo, de acoller a excepción de prescrición, oportunamente alegada pola reconvida. E é que extinguida a relación contractual no ano 2008 -tal como se infire da proba documental que obra no preito, e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 5 de Octubre de 2015
    • España
    • Tribunal Supremo, sala primera, (Civil)
    • 5. Oktober 2015
    ...la sentencia dictada, con fecha 21 de abril de 2014, por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta), en el rollo de apelación nº 293/2012 , dimanante de los autos de juicio ordinario número 1003/2010 del Juzgado de Primera Instancia número 1 de - Mediante diligencia de ordenación......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR