SAP Pontevedra 114/2014, 21 de Febrero de 2014

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2014:333
Número de Recurso747/2012
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución114/2014
Fecha de Resolución21 de Febrero de 2014
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00114/2014

CIVIL

Rolo: 747/2012

Procedemento de orixe: Ordinario 642/2011

Órgano de procedencia: Instancia núm. 11 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, PRESIDENTE, DÑA MAGDALENA FERNANDEZ SOTO e D. EUGENIO FRANCISCO MIGUEZ TABARES, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NUM. 114/2014

Vigo, vinte e un de febreiro de dous mil catorce.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 642/2011 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 11 de Vigo ós que correspondeu o rolo 747/2012, nos que aparece como parte apelante e demandante- reconvido D./D.ª Jacobo, representada polo/a procurador/a D./D.ª José V. Gil Tranchez e asistida do/da letrado/a D./D.ª José Carlos Pérez Bouzada e como partecontra da que se apela e demandada- reconvinte GRUPO ESPAVENE, S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª Rosa de Lis Fernández e asistida do/da letrado/a D./D.ª Balbino Irisarri Castro.

É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm.11 de Vigo, con data do ... 28/5/2012, ditou unha sentenza

coa seguinte parte dispositiva:

" Que ESTIMANDO PARCIALMENTE la demanda interpuestda por Jacobo contra la entidad GRUPO ESPAVENE,S.L.; DEBO DECLARAR Y DECLARO la nulidad de la resolución contractual instada por la entidad demandada mediante comunicación de fecha 29 de julio de 2010, asi como de las consecuencias pretendidas con tal resolución. Sin condena en costas.

Que ESTIMANDO la demanda interpuesta por la entidad GRUPO ESPAVENE, SL., contra D. Jacobo

, DEBO DECLARAR Y DECLARO resuelto, por incumplimiento del comprador, el contrato de compraventa de fecha 28 de agosto de 2006 celebrado entre las partes, DECLARARNDO igualmente el derecho de la entidad GRUPO ESPAVENE S.L., a hacer suya, en concepto de daños y perjuicios derivados de la citada resolución, la cantidad de 103.000 entregad apor el comprador como parte de pago del precio de la compraventa. Con condena en costas de Jacobo ." Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Josñe Vicente Gil Tranche, en representación de D./D.ª Jacobo, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 20/2/2014.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

O actor reconvido, e agora apelante, reproduce nesta alzada -esencialmente- o discurso

argumental da primeira instancia, interesando que se decrete a nulidade do contrato de compravenda de 28 de agosto de 2006, nulidade que alicerza nos seguintes pilares: A) A falta de prestación de garantías para o caso de que a vendedora tiver que restituir ao comprador a parte do prezo recibido. B) A falta de determinación no contrato da data da entrega da vivenda. C) O establecimento dunha cláusula de penalización para o comprador, para o caso de impagamento do resto do prezo dentro dos prazos pactados, sen o establecimento en reciprocidade dunha cláusula semellante para o suposto de incumprimento da vendedora. En último termo, invoca o recurrente que non se teñen acreditado os prexuizos que a agora apelada alega, e que esta última desglosa en tres capítulos, un primeiro, pola depreciación sufrida pola vivenda no mercado inmobiliario, o segundo, polo sobrecuste que supuxo para a vendedora as obras de reforma da vivenda ao gusto do comprador, e o terceiro, polos xuros -proporcionais- derivados do préstamo concertado pola vendedora para facer fronte aos consabidos gastos necesarios para a construcción do edificio.

Segundo

A obriga de toda promotora, vendedora de vivendas en proxecto ou en contrucción e non rematadas, de amparar mediante un seguro a devolución das sumas percibidas anticipadamente dos compradores das mesmas, aparece sancionada pola Disposición Adicional Primeira da Lei 38/1999, de 5 de novembro, de Ordenación da Edificación, ao decir que a percepción de cantidades anticipadas na edificación polos promotores ou xestores cubrirase mediante un seguro que indemnice o incumprimento do contrato de xeito análogo ó disposto na Lei 57/1968, de 27 de xuño, sobre Percepción de Cantidades Anticipadas na Construcción e Venda de Vivendas. Norma esta última que establece no seu primeiro artigo que as persoas físicas ou xurídicas que promovan a construcción de vivendas e que pretendan obter dos cesionarios entregas de diñeiro antes de iniciar a construcción ou durante a mesma, deberán cumprir, entre outras, a condición de garantir a devolución das cantidades entregadas, mediante contrato de seguro, para o caso de que a construcción non se inicie ou non chegue a boa fin, por calquer causa, no prazo convido. Pois ben, con fundamento neses preceptos, a parte apelante postula a nulidade do contrato de compravenda, nulidade sobre a que este Tribunal xa tivo ocasión de pronunciarse en sentido negativo por considerar que o contrato non se frustra realmente por esa carencia sempre, claro é, que a vendedora poña temporaneamente a disposición do comprador a vivenda comprada.

En efecto, decíamos na sentenza de 7 de novembro de 2008 que "... consecuentemente, esa obligación de cubrir mediante un seguro la percepción de cantidades anticipadas, trátase de una obligación legal (que no ha sido establecida contractualmente), completamente desvinculada e independiente de las obligaciones propias y genuinas del contrato principal (en este caso la compraventa), al que se añade en función exclusivamente de mera garantía (devolución de cantidades para el caso de que la construcción no se inicie o no llegue a buen fin, por cualquier causa, en el plazo convenido) y cuyo incumplimiento, no determina la declaración de nulidad o la resolución del contrato principal, sino, claro es, la consecuencia que señala la propia norma: la multa por incumplimiento a que se refiere el apartado d) de la citada Disposición Adicional Primera (por más que la misma remita al art. 6 de la Ley sobre Percepción de Cantidades Anticipadas en la Construcción y Venta de Viviendas que fue derogado por la Disposición Derogatoria Única 1 f] de la Ley Orgánica 1/1995, de 23 de noviembre, del Código Penal)".

A postura que defendemos aparece sancionada por autorizada doutrina que afirma (con apoio do criterio xurisprudencial a teor do cal para resolver un contrato non resulta dabondo con que se produza calquera tipo de incumprimento por algunha das partes contratantes, senón que faise preciso que ese incumprimento sexa grave ou esencial, ou se se prefire, de relevancia para a economía establecida polas partes no negocio ou que teña a suficiente importancia como para afectar de xeito decisivo aos intereses das partes, impedindo a realización efectiva das súas expectativas económocas) que o feito do incumprimento da obligación de garantir a devolución das cantidades adiantadas polo comprador da vivenda non acarrea necesariamente a nulidade do contrato, nin ampara a esixencia da súa resolución, a menos que se frustren os lexítimos dereitos do contratante como comprador, como son os de recibir a cousa acordada e nos prazos pactados ou razoables, de tal xeito que en caso de faltar esa garantía -segue engadir a doutrina científica- poderá suspender os pagamentos pendientes, denunciar a infracción administrativa e, dende logo, reclamar o cumprimento de dita obligación legal, pero non -se insiste- a resolución del contrato de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • STS 561/2016, 23 de Septiembre de 2016
    • España
    • Tribunal Supremo, sala primera, (Civil)
    • 23 Septiembre 2016
    ...La resolución de este recurso correspondió a la sección 6.ª de la Audiencia Provincial de Pontevedra, que lo tramitó con el número de rollo 747/2012 y tras seguir los correspondientes trámites dictó sentencia en fecha 21 de febrero de 2014 , cuya parte dispositiva DECIDIMOS: Que con acogida......
  • ATS, 5 de Octubre de 2015
    • España
    • 5 Octubre 2015
    ...la sentencia dictada, el día 21 de febrero de 2014, por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección 6ª), en el rollo de apelación n.º 747/2012 , dimanante del juicio ordinario n.º 642/2011, del Juzgado de Primera Instancia nº 11 de - La referida Audiencia Provincial tuvo por interpuesto ......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR