STSJ Galicia 600/2013, 2 de Octubre de 2013

JurisdicciónEspaña
Fecha02 Octubre 2013
Número de resolución600/2013

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00600/2013

- N56820

N.I.G: 32054 45 3 2013 0000003

Procedimiento: RECURSO DE APELACION 0015023 /2013

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. FRANCE TELECOM ESPAÑA,S.A.

Representación D./Dª. ANTONIO PARDO FABEIRO

Contra D./Dª. CONCELLO DE OURENSE

Representación D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

DOLORES RIVERA FRADE

MIGUEL HERNANDEZ SERNA

A CORUÑA, dous de outubro de dous mil trece.

No recurso de APELACION que, co número 15023/2013, pende de resolución ante esta Sala, presentado por FRANCE TELECOM ESPAÑA SA, representado polo procurador Dº Pardo Fabeiro, dirixido polo letrado Dª Zamarriego Santiago, contra o auto de 26.02.2013 do Xulgado do contencioso núm. 2 de Ourense . É parte a Administración apelada o CONCELLO DE OURENSE.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO PRIMEIRO. - O 26.02.2013o xulgado do contencioso núm.2 de Ourense ditou un auto denegando a medida cautelar solicitada.

A representación de FRANCE TELECOM ESPAÑA SA presentou un recurso de apelación.

SEGUNDO

O Concello non formulou oposición.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O xulgado do contencioso núm.2 de Ourense denegou a medida cautelar solicitada por FRANCE TELECOM ESPAÑA SA contra o acordo de 16.10.2012 do TEAM que rexeitou a reclamación económico administrativa contra a resolución de 10.04.2012 do Concelleiro Delegado de Facenda que non admite a trámite os recurso de reposición contras as autoliquidacións da taxa por aproveitamento especial do dominio público a prol da empresas explotadoras de servizos de subministro de interese xedal/servizos de telefonía móbil, con base na ausencia de proba dos prexuízos económicos que poida sufri-la empresa derivados do pagamento das taxas, e da solvencia económica do Concello ( nunha eventual devolución do ingresado e xuros de ter prosperado o recurso ).

O recorrente fundamenta o recurso en dúas vías: a) existenza de FUMUS BONIS IURE, con base na sentenza do TXCEE de 12.07.2012, que é o orixe das STS 12.07.2012, STS 15.10.2012, 09.11.2012,

15.10.2012 e b) subsidiariamente, procedería a suspensión o ter achegado aval en vía administrativa.

A administración sostén que non procede aplica-lo criterio da apariencia de bo dereito nas medidas cautelares e que o recorrente non acredita prexuízo económico que xustifique a medida cautelar.

SEGUNDO

Coma indica a STS 21.12.2012 : o artigo 130.1 da Lei reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa, dispón: "Logo de valoración circunstanciada de todos os intereses en conflito, a medida preventiva poderá acordarse unicamente cando a execución do acto ou a aplicación da disposición puidesen facer perder a súa finalidade lexítima ao recurso".

Precepto que indica que a potestade xurisdicional de suspensión da disposición recorrida, como todas as medidas preventivas, responden á necesidade de asegurar, se é o caso, a efectividade do pronunciamento futuro do órgano xurisdicional; isto é, se trata de evitar que un posible fallo favorable á pretensión deducida quede desprovisto de eficacia pola conservación ou consolidación irreversible de situacións contrarias ao dereito ou interese recoñecido...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR