SAP Pontevedra 419/2013, 6 de Junio de 2013
Jurisdicción | España |
Fecha | 06 Junio 2013 |
Número de resolución | 419/2013 |
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00419/2013
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA
N01250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
-Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
N.I.G. 36057 42 1 2010 0009009
ROLLO: RECURSO DE APELACION (LECN) 0003493 /2011 B
Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 8 de VIGO
Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000669 /2010
Apelante: SUPERMERCADOS CHAMPION SA, OBRAS Y CONSTRUCCIONES ALEN, S.A.
Procurador: JOSE ANTONIO FANDIÑO CARNERO, FATIMA PORTABALES BARROS
Abogado: CECILIA ROSENDE VILLAR, JUAN ARESES TRAPOTE
Apelado: OBRAS Y CONSTRUCCIONES ALEN S.A., SUPERMERCADOS CHAMPION S.A.
Procurador: JOSE A. FANDIÑO CARNERO, FATIMA PORTABALES BARROS
Abogado: CECILIA ROSENENDE VILLAR, JUAN ARESES TRAPOTE.
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados, D. Jaime Carrera Ibarzábal, Presidente; D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e,D. Julio Picatoste Bobillo pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA Nº 419/13
Vigo, seis de xuño de dous mil trece.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 669/10 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 8 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3493/11, nos que aparece como parte apelante-apelado e demandante OBRAS Y CONSTRUCCIONES ALEN S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª FATIMA PORTABALES BARROS e asistida do/ da letrado/a D./D.ªJUAN ARESES TRAPOTE, e como parte contra da que se apela- apelante e demandada SUPERMERCADOS CHAMPION S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ªJOSE A. FANDIÑO CARNERO e asistida do/da letrado/a D./D.ª CECILIA ROSENDE VILLAR .
É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
-
ANTECEDENTES DE FEITO
O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 8 de Vigo, con data do 29 de xullo de 2011, ditou unha
sentenza coa seguinte parte dispositiva:
"Que estimando en parte la demanda interpuesta en autos de juicio ordinario nº 669/2010 por la Procuradora Doña Fátima Portabales Barros, en nombre y representación de "OBRAS Y CONSTRUCCIONES ALEN S.A.", contra "SUPERMERCADOS CHAMPION S.A.", sobre incumplimiento contractual, debo condenar y condeno a la demandada a abonar a la actora la suma de SETECIENTOS VEINTIÚN MIL DOSCIENTOS CATORCE EUROS CON CINCUENTA Y TRES CÉNTIMOS (721.214,53 #), DEBIENDO CADA PARTE ABONAR LAS COSRTAS PROCESALES CAUSADAS A SU INSTANCIA Y LAS COMUNES POR MITAD."
Contra a dita sentenza os/as procurador/as D./D.ª FÁTIMA PORTABALES BARROS e D. JOSÉ ANTONIO FANDIÑO CARNERO, en representación de OBRAS Y CONSTRUCCIONES ALEN S.A. e SUPERMERCADOS CHAMPION S.A., respectivamente, presentaron uns recursos de apelación, que foron admitidos en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 2 de maio de 2013.
Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
-
FUNDAMENTOS DE DEREITO
Por razóns sistemáticas debemos comezar polo exame da lexitimación da parte actora,
Construcciones Alén, S. A.,en canto que negada pola demandada, con fundamento na interpretación que a mesma fai das cláusulas do "contrato de promesa de arrendamento", de data 2 de decembro de 2002, referidas á facultade que se reserva a promitente segundo o propio contrato, "Construcciones Mirón y Gutiérrez Pontevedra, S. A.", de ceder os seus dereitos a un terceiro, á postre aquela outra entidade, a quen, efectivamente, a promitente vendeu o local litixioso (destinado a ser arrendado á demandada, Supermercados Champion, S. A.) a través de escritura notarial de data 27 de agosto de 2004, e a quen cedeu gratuitamente o contrato de promesa de arrendamento, cesión intrumentada no documento privado de data coincidente con este último contrato, é dicir, de 2 de decembro de 2002. O prantexamento da demandada fai entón obrigado reproducir as cláusulas relativas á cesión.
A estipulación primeira, letra B), baixo o rótulo de "obligacións da promisaria", despois de establecer como a súa obligación a de formalizar o contrato de aluguer, engade que "dito contrato poderá ser outorgado pola promitente ou pola persoa física ou xurídica que esta designe, previa acreditación fidedigna da titularidade do local". E a cláusula sexta, baixo o epígrafe "do contrato de arrendamento", logo de dispoñer igualmente que as partes se obrigan formalizar o contrato de aluguer, apostilla que "dito contrato será outorgado pola promitente ou pola persoa física ou xurídica a quen aquela tiver cedido os seus dereitos previa acreditación fidedigna dos mesmos".
A demandada nega a lexitimación da demandante, Construcciones Alén, S. A., co argumento de que, de conformidade con esas estipulacións, a facultade da promitente quedaba circunscrita á cesión dos dereitos procedentes do contrato de arrendamento, e non á cesión dos dereitos derivados do contrato preparatorio, de promesa de arrrendamento. Ou o que é o mesmo, como a cesión comprendía os dereitos do contrato de aluguer -única e exclusivamente, na versión da demandada recorrente-, e como ese contrato non chegou celebrarse ou consumarse, non habería máis lexitimado para facer valer os seus posibles dereitos, emanados desa promesa, que a promitente, Mirón y Gutiérrez Pontevedra, S. A..
Pois ben, a sentenza de primeira instancia rexeita esta excepción con unha argumentación que esta Sala comparte e sobre a que limitámonos entón a abundar soamente. E é que unha interpretación do clausulado cos criterios lóxico, teleolóxico e sistemático, en unión coa evitación de interpretacións que conduzan ao absurdo, nos leva entender que a vontade das partes, promitente e promisaria, en canto á cesión prevista, comprendía en realidade a cesión, tanto do contrato de arrendamento futuro como, anteriormente, do contrato de promesa de arrendamento. Efectivamente, e en primeiro lugar, malia que a cláusula primeira fala de que o contrato pode ser outorgado por un terceiro designado pola promitente, en alusión, na súa literalidade, ao contrato de arrendamento, e indicación semellante faíse na cláusula sexta, esta última estipulación esixe que a promitente teña cedido os seus dereitos ao terceiro cesionario, o que racionalmente debe entenderse como a cesión dos dereitos derivados do contrato de promesa de arrendamento, dado que a cesión dos dereitos do propio contrato de arrendamento non era posible, ao non terse ainda celebrado esta último contrato. Como o contrato de arrendamento "será" outorgado ou "poderá ser outorgado" pola promitente ou polo terceiro designado ou a quen se tiver cedido os seus dereitos por aquela primeira, esa referencia ao futuro, para formalizar o contrato de aluguer, está pensar nunha cesión anterior a este contrato, é dicir, na cesión dos dereitos derivados do precontrato. A hipótese contemplada na promesa de arrendamento é a da cesión antes do contrato de arrendamento, e non da cesión, propiamente, do contrato de arrendamento, operada despois de celebrado este último entre a promitente e a promisaria. En definitiva, a cesión a prol dunha terceira persoa dos dereitos procedentes da promesa de arrendamento estaba autorizada, e chegaba constituir un dos presupostos para o outorgamento do contrato de aluguer, en unión da transmisión da propiedade do local pola promitente ao terceiro.
E, en segundo termo, a interpretación proposta pola demandada conduciría ao absurdo, atinadamente advertido e denunciado pola sentenza de primeira instancia, da carencia de lexitimación para exercitar as accións que se podesen derivar do contrato de 2 de decembro de 2002, non só dese terceiro, na postura da promisaria, senón tamén da promitente, ao ter xa transmitido esta última a propiedade do local ao terceiro, e carecer de interese, entón, no contrato. Igualmente, e en último termo, Construcciones Alén, S. A., seria a única lexitimada pasivamente, é dicir, para soportar as accións que a hoxe demandada podese ostentar, procedentes do contrato de 2 de decembro de 2002, ou como lembra, neste extremo, a sentenza apelada, aquela entidade era a única que se atopaba en disposición de cumprir as obligacións da promitente.
En conclusión, resulta patente que a actora, Construcciones Alén, S. A., é a interesada -única- nas resultas do contrato de promesa de arrendamento, en virtude da cesión e da venda realizadas entre promitente e ela, cesión e transmisión do dominio do local que foron oportunamente comunicados á demandada, a través da carta do día 17 de agosto de 2004, sen que a demandada manifestase discrepancia ningunha con esa cesión en ningún intre posterior.
Para resolver axeitadamente a cerna da controversia debemos ter en conta os seguintes feitos e datos clave: A) O día 2 de decembro de 2002 celébrase entre as partes litigantes "contrato de promesa de arrendamento", no que figura como promitente a demandante Obras y Construcciones Alén, S. A., e como promisaria, e futura arrendataria, a demandada, Supermercados Champion, S. A.. B) En cumprimento do calendario do contrato -calendario ao que deseguido aludiremos-, e despois de emitido o día 25 de marzo de 2004 o Certificado de final de obra pola Dirección Facultativa da mesma, a promitente actora solicita o día 5 de abril dese ano a licenza de primeira ocupación. C) O día 12 de agosto do mesmo ano o Concello de Vigo outorga a licenza de primeira ocupación, o que a promitente comunica á promisaria a través de burofax enviado o día 17 do mesmo mes e ano. D) De xeito...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba-
STS 480/2015, 15 de Septiembre de 2015
...SA contra la sentencia dictada por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección 6ª) de fecha 6 de junio de 2013, en Rollo de Apelación nº 3493/2011 dimanante de autos de juicio ordinario seguidos ante el Juzgado de Primera Instancia nº 8 de Vigo con el número 669/2010, en virtud de demand......
-
ATS, 21 de Enero de 2015
...dictada, con fecha 6 de junio de 2013, por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección 6ª, con sede en Vigo) en el rollo de apelación nº 3493/2011 , dimanante del juicio ordinario nº 669/2010 del Juzgado de Primera Instancia nº 8 de - Se tuvieron por interpuestos los recursos, por dilige......