SAP Pontevedra 371/2013, 24 de Mayo de 2013

JurisdicciónEspaña
Fecha24 Mayo 2013
Número de resolución371/2013

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN SEXTA

SEDE EN VIGO

CIVIL

Rolo:4401/2011

Procedemento de orixe: Divorcio 35/2011

Órgano de procedencia: Instancia núm. 5 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, Presidente, D. Julio Picatoste Bobillo, e D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NUM. 371/2013

Vigo, vinte e catro de maio de dous mil trece

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo de Divorcio 35/2011 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 5 de Vigo ós que correspondeu o rolo 4401/2011, nos que aparece como parte apelante e demandada D./D. Margarita, representada polo/a procurador/a D./D.ª Mª Lorea Hermida Amatriain e asistida do/da letrado/a D./D.ª Jorge Painceira Maciñeiras, e como parte contra da que se apela e demandante D. Ovidio, representada polo/a procurador/a D./D.ª Carina Zubeldia Blein e asistida do/da letrado/a D./D.ª Rafael Tena Nuñez.

É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 5 de Vigo, con data do 4/7/2011, ditou unha sentenza coa

seguinte parte dispositiva:

"En la demanda interpuesta por la Procuradora de los Tribunales Sra. Carina Zubeldia Blein, en nombre y representación de D. Ovidio, contra Dª Margarita, representada por la Procuradora de los Tribunales Sra. Ana Pazo Irazu, ESTIMO la misma, y DECLARO DISUELTO, por divorcio el matrimonio formado los referidos cónyuges, con todos los efectos legales inherentes a dicha delcaración.

No procede reconocer pensión compensatoria a favor de la Sra. Margarita ."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ªMª Lorea Hermida Amaitrain, en representación de D./D.ª Margarita, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC). Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 23/5/2013.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A demandada de divorcio recurre a sentenza de primeira instancia, interesando, en primeiro

termo, que de decrete a nulidade de actuacións, ao non acatarse ao seu xuizo as pautas legais -en esencia, artºs. 155 e 161 da L. A. C.- establecidas para os emprazamentos, inobservancia legal que acarreou que non contestase á demanda dentro de prazo. Sostén, en definitiva, a apelante.

  1. Que "a comunicación da demanda levouse a cabo fora do lugar no que a demandada ten o seu domicilio" segundo as regras dispostas polo artº. 163. 3, "ao practicarse no domicilio dunha amiga, tendo sido recibida tal comunicación por un fillo de esta última". B) Que ese fillo da súa amiga lle entregou a comunicación "na segunda semana de febreiro comunicándolle que a tiña recibido o día 4 de febreiro". C) Que "é evidente a indefensión que se lle causou a esta parte, dado que ao dar por válida a data da comunicación manifestada pola persoa que a recepcionou, esta parte realizou o cómputo do prazo para a súa contestación dende a citada data".

Pois ben, a petición da parte recorrente non pode ser atendida, tanto por non resultar en absoluto probadas as actuacións do receptor da comunicación, que se invocan, como porque toda posible indefensión para este litigante procedería, precisamente, do seu actuar indilixente dado que, ainda na hipótese que formula, dispuña de tempo dabondo para contestar á demanda, comportamento neglixente da parte que impide que poda invocar a indefensión.

En efecto, e en primeiro termo, as incidencias da comunicación que relata a parte apelante están totalmente orfas de proba. Ou o que é o mesmo, feito o emprazamento o día 1 de febreiro de 2011, e sendo o recepcionista da comunicación a persoa que convive nese domicilio coa demandada, tal como consta na correspondente dilixencia de emprazamento (folio...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 11 de Noviembre de 2014
    • España
    • 11 Noviembre 2014
    ...la sentencia dictada con fecha de 24 de mayo de 2013 por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección 6ª), en el rollo de apelación nº 4401/2011 , dimanante del juicio de divorcio nº 35/2011 del Juzgado de Primera instancia nº 5 de - Mediante Diligencia de Ordenación de 11 de noviembre de......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR