SAP Lugo 137/2012, 31 de Julio de 2012

JurisdicciónEspaña
Fecha31 Julio 2012
Número de resolución137/2012

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

LUGO

SENTENCIA: 00137/2012

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de LUGO

- Domicilio: PALACIO DE JUSTICIA - PLAZA DE AVILÉS, S/N

Telf: 982 29 48 40

Fax: 982 29 48 43

Modelo: SE0200

N.I.G.: 27031 41 2 2010 0202376

ROLLO: APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000092 /2012

Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N. 2 de LUGO

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000164 /2011

RECURRENTE: Tamara

Procurador/a: MARIA ISABEL DE LA FUENTE MORADO

Letrado/a:

RECURRIDO/A: Juan Manuel

Procurador/a: JOSE ANGEL PARDO PAZ

Letrado/a:

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN SEGUNDA

LUGO

ROLO: 92/12-HORGANO PROCEDENCIA: XDO PENAL Nº 2 DE LUGO.

PTO DE ORIXE: P.A. 164/11

SENTENCIA NÚMERO 137

ILMOS. SRES.:

Dª. MARIA LUISA SANDAR PICADO.PRESIDENTA.

D. JOSE MANUEL VARELA PRADA. D. XULIO XOSE FERREIRO BAAMONDE.SUPLENTE.

Lugo, trinta un de xullo de dous mil doce .

A Ilma. Audiencia Provincial de Lugo viu en grao de apelación o Rolo de Sala N.º 92/12, dimanante dos autos de Procedemento Abreviado N.º 351/10, tramitados polo Xulgado de Instrución nº 2 de Monforte, e fallados polo Xulgado do Penal N.º 2 de Lugo no Rolo N.º 164/11, polo delito de calumnia e inxuria; sendo apelante Tamara, representada pola procuradora Sra. De la Fuente Morado e apelado Juan Manuel, representado polo procurador Sr. Pardo Paz; actuando como Relator o Maxistrado, Ilmo. Sr. D. XULIO XOSE FERREIRO BAAMONDE.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Con data 29-02-12, o Xulgado do Penal n.º 2 de Lugo, ditou sentencia nos referidos autos, cuxa parte dispositiva di: "FALLO:Que debo condenar y condeno al acusado Juan Manuel, como autor responsable de una falta de injurias ya definida, sin la concurrencia de circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal, a la pena de multa de veinte dias con cuota diaria de 12 euros, con responsabilidad personal subsidiaria en caso de impago de un dia de prisión por cada dos cuotas no satisfechas, asi como a indemnizar a Tamara en la cantidad de 3.000 euros y con aplicación de lo previsto en el seno de los arts.576 de la LEC y 1108 del CC, y al pago de las costas causadas, incluyendo las de la acusación particular, con el límite de las correspondientes a un juicio de faltas. Igualmente debo absolver y absuelvo a Juan Manuel de los delitos de calumnia e injuria de los que venía acusado con declaración de las costas de oficio. ".

SEGUNDO

Contra a anterior resolución se interpuso recurso de apelación que formuló la representación de Tamara, sendo admitido en ambos efectos, elevándose os autos a esta Audiencia para a resolución procedente.

TERCEIRO

Na tramitación do presente recurso observáronse os trámites legais.

FEITOS PROBADOS

Acéptanse os da sentencia apelada, que son da teor literal seguinte: "UNICO.- En el mes de abril de 2009 se celebró proceso electoral en el Club Fluvial de Monforte de Lemos, siendo elegida la candidatura presentada por Tamara que desde entonces ostentaría el cargo de presidenta de la referida sociedad deportiva. El acusado Juan Manuel, mayor de edad y sin antecedentes penales, era empleado de dicha socidad en aquellas fechas, manteniendo discrepancias con la nueva Junta Directiva, por lo que desde la conexión a internet que tenía contratada en su dommicilio sito en CALLE000 nº NUM000 - NUM001 de Monforte de Lemos y a través de la línea telefónica NUM002 participó entre los meses de septiembre de 2009 a febrero de 2010 en los foros de internet dedicados a la actualidad de Monforte de Lemos denominados "foro ciudad" y " foro ribeira sacara", en los que se dirigió en términos despectivos a la presidenta del Club Fluvial Tamara y concretamente emitió los siguientes comentarios:

Sobre las 16,21 horas del dia 8-9-09: ".. una presidenta que no es capaz de encauzar ni su propia vida personal,.." Sobre las 19,34 horas del dia 11-09-09: " .. sobre la vida de la presidenta os tengo que decir que hay libertad de expresión y desde luego una persona que echa a su madre de casa no es buena persona,.." Sobre las 7,33 horas del dia 22-01-10; ".. parece que en esta nueva junta hay muchos racistas y como los empleados eran de color molestaban,.." Sobre las 21,10 horas del dia 22-1-10, ".. pero la presidenta a lo suyo, a dar que hablar. Parece que hasta se puso busto, parece que en su anterior romance no le fue muy bien y el bombero no tenía donde agarrarse..". Sobre las 21,17 horas del dia 22.1.10: ".. cual erá el próximo romance de la presidenta es la apuesta para esta nueva temporada, unos dicen que un compa de la junta, otros que un médico y otros que un abogado, bueno será interesante ver quien acierta..." sobre las 20,13 horas del dia 10-2-10: ".. estos directivos no saben ni gobernar su casa..". ".

FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO

Confírmanse os pronunciamentos contidos na sentencia de instancia, agás no que se contradigan coa presente resolución.

SEGUNDO

O presente recurso foi interposto pola representación procesual de Dna. Tamara, que exerceu a acusación privada no proceso por delitos de calumnias e inxurias, resolto por sentencia do Xulgado do Penal nº 2 de Lugo de 29 de febreiro de 2012 . No seu escrito de interposición, a apelante amosa a súa conformidade cos feitos probados que se conteñen na sentencia, amosando a súa discrepancia, sen embargo, coas consecuencias xurídicas que o órgano a quo extrae de tales feitos e, en concreto, impugna os seguintes pronunciamentos da sentencia: 1) a inexistencia dun delito de calumnias; 2) a cualificación como falta de inxurias do art. 620.2 CP que se fai polo xulgador de instancia dos feitos delituosos, estimando que estes deberían ser considerados como delito do art. 208 do CP ; 3) a contía fixada en concepto de responsabilidade civil, por estimala insuficiente; 4) a denegación da solicitude de publicación da sentencia como parte da reparación do dano.; 5) a limitación da contía dos custes ás establecidas para un xuízo de faltas.

Concedido trámite de audiencia á parte condenada, de acordo co art. 790.5 LACrim, para responder ao recurso presentado pola acusación, esta non só se opón ao mesmo senón que se adhire, de acordo co establecido no art. 790.1 LACrim, solicitando a súa libre absolución por non considerar os feitos declarados probados constitutivos de delito e, subsidiariamente, de seguir apreciándose a falta de calumnias, unha rebaixa da pena imposta e contía fixada como responsabilidade civil.

TERCEIRO

Procede, pois, antes de dar resposta ás alegacións realizadas, establecer cal é o ámbito do recurso de apelación. O art. 790.1 LACrim establece que " a parte que non apelase no prazo sinalado poderá adherirse á apelación no trámite de alegacións previsto no apartado 5, exercitando as pretensións e alegando os motivos que ao seu dereito conveñan ". Esta Audiencia Provincial vén entendendo que, pese a que o lexislador non deixa claro cal é o alcance da adhesión á apelación regulada no precepto mencionado, a configuración procedimental que se fai da tramitación da apelación no procedemento abreviado dá a entender que neste trámite non poden alegarse cuestións totalmente novidosas non apuntadas no recurso respecto ao cal se adhire, e menos aínda contrapostas ao mesmo, xa que tales impugnacións deberían ter sido elevadas a esta Audiencia a través dun recurso de apelación autónomo interposto durante o prazo que se lle outorga á parte adherinte ( SAP de Lugo de 3 de xaneiro de 2012 ). En sentido semellante se manifesta a xeneralidade das Audiencias Provinciais, como pode verse nas Sentencias das AAPP de Palencia de 22 de maio de 2000, Madrid de 19 de abril de 2002, León de 25 de xullo de 2008, Zaragoza de 4 de marzo de 2011, ou Murcia de 6 de febreiro de 2012 .

Tal é o que sucede no caso da adhesión ao recurso de apelación proposta pola representación procesual de D. Juan Manuel que, lonxe de apoiar os motivos de impugnación sinalados pola recorrente procesual, inclúe no seu escrito de impugnación e adhesión novos motivos de sentido contrario aos orixinarios, de xeito consecuente coa súa postura procesual. Mantendo o criterio xurisprudencial constante desta Sala procede, en...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR