DECRETO 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Rango de LeyDecreto

O Decreto 227/2012, do 2 de decembro (DOG nº 230, do 3 de decembro), polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e 235/2012, do día 5 do mesmo mes (DOG nº 233, do 7 de decembro) estableceron, respectivamente, a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e dos departamentos desta, estruturándoa nas secretarías xerais técnicas, direccións xerais ou órganos de igual categoría necesarios para o cumprimento dos fins que a nova estrutura comporta e adscribíndolles os organismos autónomos ou entes públicos pertinentes.

O artigo 4 do segundo decreto citado fixou a estrutura orgánica básica da Consellería de Economía e Industria. Para os efectos de establecer o marco xurídico-administrativo en que a dita consellería debe desenvolver os seus obxectivos, procede agora establecer a nova estrutura ata o nivel de xefatura de servizo distribuíndo as funcións asignadas dun modo racional para así conferirlle a máxima eficacia no seu exercicio.

A estrutura orgánica que aproba este decreto, asentada en criterios de austeridade e economía, está amparada pola competencia exclusiva que os artigos 148.1º.1 da Constitución española e 27.1º do Estatuto de autonomía de Galicia atribúen á Comunidade Autónoma galega para organizar as súas institucións de goberno e atende aos principios de eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación que, de conformidade co disposto no artigo 103.1º do texto fundamental, deben presidir a actuación administrativa.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Economía e Industria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.4º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, cos informes preceptivos da Consellería de Facenda e da Asesoría Xurídica Xeral e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de xullo de dous mil trece,

DISPOÑO:

TÍTULO IÁmbito competencial e organización xeral da Consellería

Artigo 1 Ámbito competencial

A Consellería de Economía e Industria é o órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ao cal lle corresponde o exercicio das competencias e funcións nos ámbitos da promoción e dinamización da economía, investigación, desenvolvemento e innovación, industria, seguridade industrial, metroloxía, metais preciosos, enerxía, minas e recursos minerais, artesanía, comercio interior e exterior, consumo, así como a planificación, en colaboración coa consellería competente en materia de vivenda e solo, das infraestruturas dos servizos empresariais do solo industrial, de acordo co establecido na Constitución española e no Estatuto de autonomía de Galicia.

O exercicio das competencias realizarase sen prexuízo das que teñan atribuídas outras institucións, entidades ou departamentos da Xunta de Galicia nas mesmas materias, mediante o establecemento dos mecanismos de coordinación que, para estes efectos, resulten oportunos.

Artigo 2 Estrutura
  1. Para o desempeño das súas funcións, a Consellería de Economía e Industria estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección:

    1) O/A conselleiro/conselleira.

    2) A Secretaría Xeral Técnica.

    3) A Dirección Xeral de Comercio.

    4) A Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

    5) As xefaturas territoriais.

  2. Quedan adscritos a esta consellería:

    1) A Axencia Galega de Innovación.

    2) O organismo autónomo Instituto Galego de Consumo.

    3) O ente público Instituto Galego de Promoción Económica.

    4) O ente público Instituto Enerxético de Galicia.

    TÍTULO IIÓrganos centrais

    CAPÍTULO IO/A conselleiro/conselleira

Artigo 3 O/A conselleiro/conselleira

O/A conselleiro/conselleira é a superior autoridade da Consellería e con tal carácter está investido das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

CAPÍTULO IIA Secretaría Xeral Técnica

Artigo 4 Atribucións

Baixo a superior dirección da persoa titular da Consellería, consonte o artigo 29 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Secretaría Xeral Técnica exercerá as competencias e funcións nel establecidas, así como aqueloutras que lle sexan delegadas ou encomendadas polo conselleiro/conselleira e as restantes que lle atribúa o ordenamento xurídico, entre elas as seguintes:

  1. O asesoramento e coordinación de todos os servizos da Consellería.

  2. A emisión dos informes e a realización dos estudos técnicos e xurídicos que se lle soliciten en relación cos asuntos de que coñezan a consellería ou as entidades públicas instrumentais adscritas a ela.

  3. A remisión dos asuntos que deban someterse ao Consello da Xunta de Galicia ou ás súas comisións delegadas.

  4. O seguimento da tramitación e rexistro dos convenios, acordos, protocolos e declaracións de intencións subscritos no ámbito competencial da Consellería.

  5. A representación da Consellería nos órganos colexiados que exerzan funcións relacionadas coas súas competencias.

  6. A substitución temporal das persoas titulares das direccións xerais da Consellería nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade.

Artigo 5 Estrutura

A Secretaría Xeral Técnica estrutúrase, para o exercicio das súas funcións e baixo a superior dirección do/da conselleiro/conselleira, nas seguintes unidades:

1) Vicesecretaría Xeral.

  1. Servizo de Persoal e Asuntos Xerais.

  2. Servizo de Contratación.

  3. Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria.

2) Servizo Técnico-Xurídico.

3) Asesoría Xurídica da Consellería.

4) Intervención Delegada.

Artigo 6 A Vicesecretaría Xeral
  1. Baixo a inmediata dependencia xerárquica da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, sen prexuízo das funcións establecidas no artigo 32 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Vicesecretaría Xeral terá atribuídas as seguintes funcións específicas:

    1. O estudo, preparación e informe dos asuntos que se eleven ao Consello da Xunta de Galicia.

    2. A asistencia á persoa titular da Secretaría Xeral Técnica para o estudo e preparación das reunións da Comisión de Secretarios/as Xerais Técnicos/as.

    3. A coordinación e xestión dos servizos de carácter xeral, as publicacións e a estatística.

    4. A coordinación, para a súa remisión e correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia, ou en calquera outro diario oficial, das disposicións e actos administrativos ditados polos distintos órganos da Consellería.

    5. O desempeño das funcións que teña encomendadas a Consellería en relación coas fundacións de interese galego sobre as cales exerza o protectorado.

    6. A xestión dos asuntos relacionados co persoal da Consellería, así como o seguimento e control do rexistro de persoal, sen prexuízo das atribucións que correspondan aos órganos da Consellería competente en materia de función pública.

    7. A elaboración e tramitación do anteproxecto de orzamento da Consellería, o control, seguimento e coordinación da execución económica e mais a tramitación dos expedientes de modificacións orzamentarias, en coordinación cos órganos afectados.

    8. A tramitación dos expedientes de contratación administrativa, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.

    9. A organización, coordinación e supervisión da xestión administrativa do patrimonio adscrito á Consellería, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.

    10. A organización, dirección e control do arquivo da Consellería.

    11. A xestión dos investimentos, compras, subministracións e servizos da Consellería, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.

    12. A atención e coidado do réxime interno das dependencias da Consellería, así como a administración e conservación dos bens mobles e inmobles que ten adscritos.

    13. O control, coordinación e execución dos proxectos de obra da Consellería.

    14. A conservación e mantemento das dependencias e edificios adscritos a Consellería.

    15. A supervisión e coordinación de todos os convenios subscritos pola Consellería, así como a súa remisión ao órgano encargado de realizar os trámites necesarios para o seu rexistro.

    16. A substitución temporal da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica no suposto de vacante, ausencia ou enfermidade agás a asistencia ás reunións da Comisión de Secretarios Xerais.

    17. Aqueloutras funcións que lle encomende a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

  2. Da Vicesecretaría Xeral dependen as seguintes unidades administrativas con...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR