AAP Pontevedra 443/2012, 4 de Julio de 2012

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2012:903A
Número de Recurso629/2012
ProcedimientoAPELACION AUTOS
Número de Resolución443/2012
Fecha de Resolución 4 de Julio de 2012
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00443/2012

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: 662000

N.I.G.: 36005 41 2 2011 0104868

ROLLO: APELACION AUTOS 0000629 /2012CR

Juzgado procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de CALDAS DE REIS

Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000844 /2011

RECURRENTE: Roberto

Procurador/a: DAVID GARCIA SEXTO

Letrado/a: FRANCISCO JAVIER RIAL RODRIGUEZ

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a:

Letrado/a:

AUTO Nº 443 ==========================================================

ILMOS./AS. SRES./SRAS Presidente: D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO

Magistrados Dª. ROSA DEL CARMEN COLLAZO LUGO

Dª. ROSARIO CIMADEVILA CEA

==========================================================

PONTEVEDRA, a catro de xullo de dous mil doce

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrucción nº 1 de Caldas de Reis ditou un auto con data do 22 de decembro do 2011 no que acordou a incoación de dilixencias previas e, o mesmo tempo, o sobresemento provisional e arquivo das presentes actuacións. Segundo.- Contra o dito auto pola representación do apelante, formulou recurso de reforma que foi desestimado por auto do 28 de marzo do 2012, interpoñéndose recurso de apelación contra o mesmo e admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don JOSE JUAN BARREIRO PRADO.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Por un auto do 22 de decembro de 2011 a xulgadora a quo incoou dilixencias previas e, asemade, o seu sobresemento provisional e arquivo. Contra a amentada resolución recorreu en reforma e, subsidiariamente en apelación, o querelante Roberto . E por medio dun novo auto do 28 de marzo de 2012 rexeitouse a reforma e admitiuse a trámite a apelación perante esta alzada.

Segundo

Con ocasión da campaña para as eleccións municipais do ano 2011 o PSdG-PSOE de Valga celebrou un mitin o día 15 de maio. O número 2 da candidatura, o querelado Bienvenido proferiu daquela unhas expresións que, na consideración do querelante, serían constitutivas dos delitos de calumnia e inxuria, dos artigos 205, 206, 208, 209 e 211 do Código penal . As devanditas expresións son as que á letra se reflicten na querela que deu orixe á presente causa das que, en concreto, se subliñan as seguintes:

[...] colleron a unha persoa minusválida psíquica, xa nun estado moi avanzado, que foi ao Concello e o home, mentres a filla estaba falando coa asistenta social o señor estaba sentado fóra, colleulle un dedo, untoullo de tinta e apretoullo contra un documento [...] e xa paro de falar de Roberto .

Terceiro

No artigo 205 do Código penal defínese a calumnia como a imputación dun delito feito con coñecemento da súa falsidade ou temerario desprezo da verdade. Xa que logo, precísase da atribución, carga, imputación ou acusación a outro da comisión dun feito delituoso. Mais esta acusación ten que ser concreta e terminante dun feito inequívoco e determinado, ben preciso na súa significación e subsumible, de xeito doado, na tipoloxía delituosa do Código penal. Non abondan así as atribucións xenéricas, vagas ou por analoxía, ou como lembra a STS 856/1997, do 14 de xuño, as sinxelas sospeitas ou febles conxecturas, senón que debe resultar palpable a falsa asignación dos elementos requiridos para a definición do delito atribuído, segundo a súa descrición típica, aínda que sen necesidade dunha cualificación xurídica por parte do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR