SAP Pontevedra 100/2012, 26 de Marzo de 2012

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2012:1140
Número de Recurso33/2011
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución100/2012
Fecha de Resolución26 de Marzo de 2012
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00100/2012

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección Segunda

CAUSA PENAL

Rolo: 33/2011-P

Organo de Procedencia: XDO.de Instrucción O Porriño nº 2

Asunto: P. ABREVIADO Nº 27-10

SENTENZA Nº 100

==========================================================

ILMOS. SRES.

Presidente

Don JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO

Maxistrada/o

Dona ROSARIO CIMADEVILA CEA

Don LUIS CARLOS REY SANFINZ

==========================================================

PONTEVEDRA, vinte e seis de marzo de dous mil doce

VISTA en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, rexistrada co número 33/2011, a causa instruída co número 27/10, procedente do Xulgado de Instrución núm. 2 de O Porriño e seguida polo trámite de procedemento Abreviado, polo delito de Branqueo de capitais, contra dona Natalia, con DNI número NUM000, nacida en O Porriño, o día 05.08.1967, filla de Erundino e de Carmen, con domicilio en Avda. DIRECCION000 nº NUM001 -O Porriño, sen antecedentes penais, non consta a solvencia, en situación de liberdade por esta causa, representada pola procuradora dona Susana Tomás Abal e defendida pola letrada dona Belén Rodríguez Lago e, contra Anibal, con D.N.I. nº NUM002, nacido en Vigo o día 23.11.1973, fillo de Perfecto e Mª Elena, con domicilio en DIRECCION000 nº NUM001 -O Porriño, non consta a solvencia, en situación de liberdade por esta causa, representado polo procurador don Pedro Sanjuán Fernández e defendido polo letrado don Héctor González Izquierdo. É parte acusadora o Ministerio Fiscal en representación do cal interveu Jesús Calles Villamandos e como relator o maxistrado D. JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO, quen expresa o parecer da Sala.

ANTECEDENTES DE FEITO PRIMEIRO: O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións provisionais e que elevou a definitivas no acto de xuízo oral, cualificou os feitos relatados nos apartados A) y B) como constitutivos dun delito

continuado de branqueo de capitais derivados do tráfico de drogas, previsto e penado nos artigos 301.1, 2 y 5 en relación cos artigos 74 e 127 do Código Penal vixente, e os feitos relatados no apartado B) como constitutivos dun delito continuado de branqueo de capitais derivados do tráfico de drogas.

SEGUNDO

As defensas dos acusados, en idéntico trámite, mostraron a súa disconformidade co relato dos feitos relatados polo Ministerio Fiscal.

FEITOS PROBADOS

A acusada Natalia e o acusado Anibal casaron o 15 de maio de 1999. Ela non ten antecedentes penais. El foi condenado por unha sentenza do 7 de xullo de 2008 -firme o 19 de febreiro de 2009- pronunciada pola Sala do Penal da Audiencia Nacional -Sección 2ª-, como autor responsable dun delito contra a saúde pública, á pena de dous anos de prisión e multa, por mor da súa participación no transporte duns 3000 quilos de resina de haxix a bordo do buque DIRECCION008 .

Luis, pai do acusado Anibal e sogro da acusada Natalia, foi investigado polas autoridades estadounidenses pola súa presunta participación nun transporte de 1400 quilos de cocaína a bordo do buque Tigre o día 29 de xuño de 2000. Foi detido e imputado por tráfico de drogas nas dilixencias previas 1637/2005 do Xulgado de Instrución número 6 de Vigo, nas dilixencias previas 3989/1999 do Xulgado de Instrución número 1 de Las Palmas de Gran Canaria, e nas dilixencias previas 312/2005 do Xulgado Central de Instrución número 1 da Audiencia Nacional. Luis xa faleceu.

Juan Manuel, irmán do acusado Anibal e cuñado da acusada Natalia, foi detido e imputado por tráfico de drogas nas dilixencias previas 1637/2005 do Xulgado de Instrución número 6 de Vigo. Juan Manuel xa faleceu.

  1. O día 17 de decembro de 1998 Juan Manuel mercou o predio rústico Chozas del Medio, cunha superficie de 1380 m2, situado na parroquia de Zamáns de Vigo. O mesmo día Juan Manuel, por medio de escritura pública, outorgou unha opción de compra a prol da acusada Natalia, por importe de 1.500.000 pesetas (9015,18 #) que vencía o 15 de xaneiro de 1999. O 10 de febreiro de 1999 a acusada exercitou a devandita opción de compra e adquiriu así o pleno dominio do predio. E no mesmo día vendeuno á entidade Proyectos y Construcciones Cotfi, S.L., por un importe de 3.400.000 pesetas (20.434,41 #).

  2. A acusada Natalia levou a cabo os seguintes actos:

  1. O día 30 de abril de 1998 a acusada Natalia mercou as prazas de garaxe rotuladas cos números NUM003 e NUM004 na planta NUM005 a nivel da rúa DIRECCION001 do Porriño, cunha superficie duns 8 m2 cada praza, por un importe de 800.000 pesetas (4808,10 #) mais o IVE de 128.000 pesetas (769,30 #).

  2. O día 9 de xullo de 1998, adquiriu o local sito na rúa María Berdiales, 20 (na actualidade identificado co núm. 12-E-0-1, da rúa Dr. Carlos Colmeneiro Laforet) de Vigo (Pontevedra), e inscrito no Rexistro da Propiedade núm. 1 de Vigo co núm. 63.843, no tomo 822, folio 102 e inscrición 2ª, así como o negocio que se desenvolvía neste local, por un importe total de 18.532.000 pesetas (111.379,56 euros), dos que efectuou un pagamento en efectivo de 1.282.000 pesetas (7.704,98 #) á vendedora e 1.532.000 pesetas (9.207,51 euros) de gastos notariais.

  3. O día 17 de decembro de 1998, comprou a embarcación denominada DIRECCION002 de 7,50 metros de eslora cun motor Mercruiser co número de serie NUM006, por un importe de 1.600.000 pesetas

    (9.616,19 euros).

  4. O día 27 de xullo de 1999, compra a parcela urbana NUM007, denominada Carrapucheiriña, cunha superficie de 1.000 m2 sita en DIRECCION003 NUM008, parroquia de DIRECCION004, pertencente ao municipio de Nigrán (Pontevedra) inscrita no Rexistro da Propiedade núm. 2 de Vigo, co núm. NUM009 " NUM013 ", tomo NUM010, libro NUM011 e folio NUM012, con referencia catastral NUM014, polo prezo de 12.500.000 pesetas (75.126,51 #).

  5. O día 3 de decembro de 1999, efectuou unha entrega inicial de 350.000 pesetas (2.103,54 euros) para a adquisición dun chalé na primeira fase da zona DIRECCION005 (parcela NUM015 ) da unidade de execución DIRECCION006, Moaña (Pontevedra).

  6. O día 11 de xullo de 2001, adquiriu á empresa Edificacións Porras Fontiveros, S.A., por un importe total de 12.742.000 pesetas (76.580,96 #), os seguintes inmobles: a) Inmoble destinado a vivenda tipo E de 110 m2, na planta NUM016, do bloque núm. NUM017 da rúa DIRECCION007 núm. NUM018 de Torremolinos (Málaga), ao que lle correspondeu un importe de 67.012,85 # (11.150.000 pesetas). Está inscrito no Rexistro da Propiedade número 3 de Málaga co núm. NUM019, tomo NUM020, libro NUM021, folio NUM022, e a súa referencia catastral é NUM023 .

    1. Inmoble destinado a aparcadoiro de 32 m2 no mesmo bloque, ao que lle correspondeu un importe de

      8.113,66 # (1.350.000 pesetas). Está inscrito no Rexistro da Propiedade núm. 3 de Málaga co núm. NUM024, tomo NUM025, libro NUM026, folio NUM027, e a súa referencia catastral é NUM028 .

    2. Inmoble destinado a rocho de 5 m2 no mesmo bloque, ao que lle correspondeu un importe de 1.454,45 # (242.000 pesetas). Está inscrito no Rexistro da Propiedade núm. 3 de Málaga co número NUM029, tomo NUM025, libro NUM026, folio NUM030, con referencia catastral NUM031 .

      A anterior vivenda, a praza de aparcamento e o rocho vendeunos a acusada o día 28 de outubro de 2003 polo importe de 139.500 #, dos que 65.368,38 # os destinou á cancelación da hipoteca constituída sobre os mesmos bens no momento en que os adquiriu.

  7. O día 23 de xullo de 1998 a acusada ingresou en efectivo 2.000.000 de pesetas (12.020,24 #) na conta corrente número NUM032 da entidade La Caixa.

  8. O día 5 de xaneiro de 2001, ingresou en efectivo 1.500.000 pesetas (9.015,18 euros) na conta corrente núm. NUM032 da entidade bancaria La Caixa.

  9. Durante o mes de xuño de 2001 efectuou na conta corrente núm. NUM033, da entidade bancaria La Caixa, oito ingresos en efectivo por un importe total de 18.031,17 #.

    Entre os anos 1998 e 2004 o acusado Anibal declarou os seguintes ingresos pola súa actividade laboral:

    - No ano 1998, 7.442,05 #

    - No ano 1999, 10.181,82 #

    - No ano 2000, 7.636,36 #

    - No ano 2001, 4.932,78 #

    - No ano 2002, 5.524,82 #

    - No ano 2003, 0 #

    - No ano 2.004, 0 #

    Entre os anos 1995 e 2006 a acusada Natalia declarou os seguintes ingresos pola súa actividade laboral:

    - No ano 1995, 11.298,53 #

    - No ano 1996, 8.675,72 #

    - No ano 1997, 9.159,30 #

    - No ano 1998, 5.496,42 #

    - No ano 1999, 0 #

    - No ano 2000, 0 #

    - No ano 2001, 4.932,78 #

    - No ano 2002, 5.724,58 #

    - No ano 2003, 0 #

    - No ano 2004, 0 #

    - No ano 2005, 0 #

    - No ano 2006, 3.873,64 #

    Por ningures consta que o acusado intentase agachar o suposto patrimonio conseguido por mor dos feitos polos que foi condenado pola Audiencia Nacional, nin que con tal fin se concertase coa acusada -co pleno coñecemento por parte desta da suposta ilícita procedencia daquel patrimonio- para levar a cabo os actos descritos. Tampouco consta que a acusada se concertase con Juan Manuel para agachar o suposto patrimonio que este e Luis conseguiron de xeito ilícito.

    FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A acusación formulada polo Ministerio Fiscal refírese a un delito continuado de branqueo de capitais derivados do tráfico de drogas, previsto e penado nos artigos 301.1, parágrafo segundo, e 5 do Código penal, en relación cos artigos 74 e 127 do mesmo texto legal.

En tal tipo de delitos, dende a perspectiva probatoria, a proba directa practicamente será de imposible existencia, dada a capacidade de camuflaxe e hermetismo co que actúan as redes clandestinas de fabricación e distribución de drogas, así como as características do lavado do diñeiro procedente de tal actividade ( STS 1637/2000, do 10 de xaneiro ). A proba indirecta ou indiciaria será así a máis usual. E, verbo desta, xa o artigo 3, apartado 3º, da Convención das Nacións Unidas contra o tráfico ilícito de estupefacientes e substancias psicotrópicas do 20 de decembro de 1988 previña a legalidade da proba indiciaria para obter o xuízo de certeza sobre o coñecemento, intención ou...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR