STSJ Galicia 607/2011, 11 de Julio de 2011

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2011:10635
Número de Recurso15647/2010
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución607/2011
Fecha de Resolución11 de Julio de 2011
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00607/2011

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NÚMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 15647/2010

RECURRENTE: Serafin

ADMINISTRACION DEMANDADA: TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, once de xullo de 2011.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 0015647/2010, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi interposto por Serafin, representado pola procuradora dona CARMEN MARIA MARTINEZ UZAL, e dirixido pola letrada dona RAQUEL GRELA BARREIRO, contra ACORDO DE 18/02/10 QUE DESESTIMA RECLAMACION CONTRA OUTRO DO INSPECTOR REXIONAL ADXUNTO DA A.E.A.T. DE GALICIA CONTRA LIQUIDACION EN CONCEPTO DE IMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO, EXERCICIO 2006, ACTA NUM000, E CONTRA ACORDO DE IMPOSICION DE SANCION. REC. NUM001 Y NUM002 . É parte a Administración demandada TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA, representado polo ABOGADO DEL ESTADO.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del á parte recorrente para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento. SEGUNDO.- Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitou o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Non se recibiu o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO

Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é de 180.687,86.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 18.02.2010 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación e sanción IVE ano 2006.

Segundo resulta do expediente, o Sr. Serafin está matriculado no epígrafe 722 do IAE -transporte por estrada- con inicio da actividade de 01.01.1994, e declarando polo réxime de estimación obxectiva do IRPF e simplificado do IVE.

O seu conxuxe Dª Gregoria deuse de alta na mesma actividade o 01.06.2005 e acolleuse o mesmo réxime de triburación. Ata ese momento non exercera actividade empresarial ningunha e carece de autorización para conducir camións e tampouco ten o certificado de capacitación profesional para o transporte (só ten o esposo).

A primeiros do ano 2005 o Sr. Serafin era titular de catro vehículos e traspasou un a súa muller, quen deuse de alta na actividade e mercou dous vehículos mais.

Os esposos son socios -co 100%- e administradores da empresa GLOAN SL, que tamén exerce a actividade de transporte. O domicilio da actividade dos conxuxes e da sociedade é o mesmo e coincide coa vivenda dos esposos.

Nos libros rexistros de compras e facturas recibidos pola Sra. Gregoria non se reflicten gastos de xestión e administración - agás de pagos a unha xestoría. O esposo recolle gastos de teléfono, comidas de empresa e gastos de viaxes.

No ano 2005 a Sra. Gregoria contratou a dous traballadores que prestaran servizos o seu marido.

Outro traballador -Sr. Diego - recoñece ante a inspección que quen lle daba instruccións era o Sr. Serafin .

Os únicos clientes da Sra. Gregoria nos anos 2005-2006 son o Corte Inglés e Gloan SL, que son os mesmos que xa tiña o seu esposo. Non ten gastos de combustible ata decembro do ano 2006 - a facturación destes gastos facíase o Sr. Serafin .

O Sr. Serafin xustifica gastos por reparación de vehículos que pertencen a súa esposa.

As contas bancarias están a nome dos dous esposos e mixturan gastos /ingresos da actividade e privados.

SEGUNDO

Con estes datos a inspección conclúe que só existe unha actividade empresarial, a realizada polo Sr. Serafin e que a actividade da Sra. Gregoria non é real, e só deuse de alta co fin de impedi-la aplicación do réxime xeral do IRPF e IVE, o supera-la facturación e e cifra de vehículos do art. 32 RIRPF e OHAC 3718/2005 .

O recorrente rexeita que concorra ningún tipo de simulación, tendo a súa esposa experiencia profesional como administradora - durante 15 anos- de GLOAN SL, e os transportes realizados para o Corte Inglés son distintos dos que facía o seu esposo.

Verbo dos datos dos que parte a inspección, sinala que non houbo traspaso dun vehículo no ano 2005 senón renuncia, polo esposo ó leasing e subrogación pola esposa na relación contractual; a declaración de catro traballadores ratifica que xestionaba o negocio, e a ausencia de facturas de combustible e mantemento é debida ós rappel; posue as tarxetas de transporte e dispón dunha cota individual para o negocio....

Sostén que estarmos ante un suposto de planificación fiscal que, como moito, sería un suposto de conflicto na aplicación da norma - art. 15 e 159 LXT - e nunca ante unha simulación. E que non procede a imposición de sancións.

O letrado do Estado rebate estas pretensións.

Son dúas as cuestións suscitadas: a) existenza ou non de actividade independente na persoa da esposa e b) simulación ou conflicto de norma (fraude de Lei). Cos datos que resultan do expediente concordamos coa administración en que no se pode falar de dúas actividades empresariais independentes, senón dunha sóa e, polo tanto, de simple apariencia formal de actividade no caso de Dª Gregoria co fin de obter un beneficio fiscal: impedi-la aplicación do réxime xeral do IRPF e IVE ó supera-los límites de facturación e número de camións.

Esta conclusión xorde, de xeito indubidable, dos datos que reflicte a inspección e que non se negan (aínda que algún deles os matiza) o recorrente.

Ata o ano...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STS, 27 de Marzo de 2014
    • España
    • March 27, 2014
    ...Sección Cuarta , del Tribunal Superior de Justicia de Galicia , en el recurso de dicho orden jurisdiccional núm. 15647/2010, seguido contra la resolución del Tribunal Económico-Administrativo Regional de Galicia, de 18 de febrero de 2010, desestimatorio de la reclamación presentada, contra ......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR