STSJ Galicia 157/2008, 6 de Marzo de 2008

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2008:7243
Número de Recurso4086/2006
Número de Resolución157/2008
Fecha de Resolución 6 de Marzo de 2008
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.2

A CORUÑA

SENTENCIA: 00157/2008

Procedimiento ordinario nº 4086/2006

NO NOME DE EL-REI

A Sección Segunda da Sala do Contencioso administrativo do Tribunal Superior de

Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

ILMOS. SRS.

D. JOSE ANTONIO MENDEZ BARRERA- PTE

D. JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ

D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

A Coruña, seis de marzo de 2008.

O recurso contencioso administrativo núm. 4086/2006 pendente de resolución nesta Sala, presentado por Dª María Consuelo, representado polo procurador Sr. González Martín e asistido do letrado Sr. Abal Lourido, contra

o acordo de 03.11.2005 da Consellería de Política Territorial. É parte demandada a CONSELLERÍA DE POLÍTICA

TERRITORIAL, representada e asistida polo letrado da Xunta .

A contía do recurso é indeterminada .

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Déuselle traslado á parte demandada e a Administración opúxose á súa pretensión. TERCEIRO.- Trala proba e mailo trámite de conclusións o proceso quedou rematado para sentenza.

CUARTO

Os trámites e mailas formalidades legais cumpríronse.

É ponente o maxistrado D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 03.11.2005 que declara NON LEGALIZABLES as obras ( vivenda e piscina ) e acorda a súa demolición.

Segundo resulta do expediente, o 27.04.2007 axentes do Servizo de Urbanismo e Inspección denunciaron as obras realizadas na Aguieira-Porto do Son por parte da Sra. María Consuelo : vivenda en construcción e piscina, en Solo Non Urbanizable de Protección Agropecuaria. Xuntaban fotos.

Solicitude de información ó Concello do Son; informe do técnico municipal á solicitude de licenza de obras e concesión de licenza o 20.10.2002.

Novo informe de inspección de 22.04.2004 coa normativa urbanística e proposta de expediente sancionador, de reposición da legalidade e requirimento de revisión de oficio da licenza.

Informe do técnico municipal - folio 40-41 ) e Acordo de 30.06.2004 do Concello do Son: paralización das obras.

Inicio do expediente de reposición da legalidade urbanística de 19.04.2005. Intentos de notificación de 02 e 05.05.2005 e publicación no BOP de 09.06 e no taboleiro de anuncios do Concello.

Trámite de audiencia: notificación de 23.08 ( folio 63 ) e solicitude de documentación.

Alegacións - 06.09-. Proposta de resolución e acordo de 03.11.2005: declara no legalizables as obras e demolición. Intentos de notificación de 11 e 12.11 e publicación no BOP de 29.12.2005 e no taboleiro de anuncios do Concello., do 14.12 ó 01.01.2006.

Recurso da Sra. María Consuelo de 22.02.2006 e proposta de non admisión por extemporáneo..

No proceso xudicial ampliou a demanda contra a resolución de 12.06.2006 do Director Xeral de Urbanismo: requirimento de revisión de oficio da licenza.

Compre entrar a resolver con carácter previo esta primeira pretensión.

O acto que se recorre é o requirimento dirixido ó Concello de Porto do Son para que revise, de oficio, a licenza núm. NUM000 outorgada a Dª María Consuelo .

Estamos ante un acto de trámite que, en si mesmo, non muda a situación xurídica da recorrente; só no caso de que o Concello acolla a pretensión resultaría afectada a recorrente, e neste suposto, estaríamos ante un acto da administración local e a competencia corresponderíalle ós xulgados do contencioso.

Por outra banda, non pode descoñece-la parte que a controversia sobre a negativa do Concello á revisa-la licenza formulouse ente o Xulgado do contencioso núm.3 da Coruña ( PO 324/06 ) e que resolveuse en sentenza ( actualmente pendente de apelación ) de setembro de 2007, polo que carece de sentido plantear ante o TSX a cuestión da legalidade ou non do requirimento - previsto no artigo 180.2 Lei 01/1997 .

Ademais, a Sala do Contencioso do TSX Galicia ten declarado reiteradamente, así no recurso 4512/07 : 2/ El recurso de apelación interpuesto por la Xunta de Galicia tiene que ser acogido porque la interpretación que en él se propugna es la que ha mantenido esta Sala en las sentencias números 928, 929, 930, 931, 933, 936, 937, 938, 942, 943, 944, 945, 946, 948, 949, 954, 955, 956, 958 y 962 de 2006, todas ellas dictadas con fecha 19-10-06 en diversos recurso de apelación. En la dictada en el recurso de apelación Nº 4332/03 se dijo: "La sentencia apelada considera que no existe otra vía para que la Administración autonómica pueda impugnar una licencia que la señalada en los artículos 65 y 66 de la LBRL . Con independencia de las específicas previsiones de la Ley del Suelo de Galicia, ni las citadas sentencias ni las que invoca la Administración demandada excluyen que la autonómica pueda instar de la local la revisión de una licencia. La de 18-7-96 dice: "Porque, a pesar de lo dicho por la Generalidad actora, no fue una acción de nulidad la que ejercitó mediante el requerimiento, sino una pretensión al amparo del artículo 65 de la Ley 7/1985, que no es una acción de nulidad. Así lo ha entendido correctamente el Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Corporaciones Locales, que en su artículo 215.3 dispone que, a la vista del requerimiento, la Corporación Local podrá, previa audiencia de los interesados (y sin más trámites) anular el acto o acuerdo. Es decir, que el requerimiento funciona como un recurso de reposición. La acción de nulidad es otra cosa. Y así lo dice, también correctamente, el Reglamento citado, cuyo artículo 218 dispone que «sin perjuicio de las previsiones específicas contenidas en los artículos 65, 67 y 110 de la Ley 7/1985, de 2 abril, los órganos de las entidades locales podrán revisar sus actos, resoluciones y acuerdos en los términos y con el alcance que se establece en la Legislación del Estado reguladora del procedimiento administrativo común», lo que significa una remisión a procedimientos que exigen, en según qué casos, dictamen...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • STS, 31 de Enero de 2012
    • España
    • 31 Enero 2012
    ...de lo Contencioso Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia de 6 de marzo de 2008 (recurso contencioso-administrativo 4086/2006 ), sobre restauración de la legalidad urbanística por obras de construcción de vivienda y piscina en suelo no urbanizable de protección agropecua......
  • ATS, 1 de Abril de 2009
    • España
    • 1 Abril 2009
    ...de 2008 de la Sala de lo Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia (Sección Segunda), en el recurso número 4086/2006. SEGUNDO En virtud de providencia de 7 de noviembre de 2008 se puso de manifiesto a las partes personadas para alegaciones por plazo de diez día......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR