SAP Pontevedra 258/2000, 31 de Mayo de 2000

ECLIES:APPO:2000:1758
Número de Recurso142/1999
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución258/2000
Fecha de Resolución31 de Mayo de 2000
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 1ª

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN PRIMEIRA

PONTEVEDRA

Rolo civil: 142/99

P. civil: 126/97

Orixe: XDO. 1ª INST. VIGO 7

Tipo asunto: MENOR CONTÍA

A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por

D. JAIME CARRERA IBARZABAL, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e DONA

MARÍA JESÚS GONZÁLEZ REBOLO, maxistrados, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENCIA NÚM. 258

Pontevedra, o 31 de maio do año 2000.

O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm. 126/98, vindo do Xulgado de 1ª Inst. Vigo 7, foi movido entre as partes: dunha beira, como

apelante e demandante, ASSICURAZIONI GENERALI SPA, representado polo procurador dos

tribunais Sr. Giménez Campos, baixo a dirección do letrado Sr. Albors Méndez; doutra, como

apelado e demandado, NAYADIC SHIPPING CO. N.V, a quen representa o procurador Sr. Álvarez

Vázquez e dirixe o letrado Sr. Tojeiro Sierto; e, amais diso, dunha outra, como apelado-demandado

SEATRADE GROUP. Xuizo de menor contía.

ANTECEDENTES DE FEITO

Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso:

PRIMEIRO

Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 23 de febreiro de 1999, o Sr maxistrado-xuíz do Xulgado de 1ª Inst. Vigo 7 pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:

DECISION: "Que estimando la falta de jurisdicción debo absolver y absuelvo a la entidad SEATRADE GROUP N.V. (SEATRADE) y NAYADIC SHIPPING CO.N.V. de la pretensión planteada contra los mismos en la demanda interpuesta por el procurador don José Fernández González, en nombre y representación de ASSICURAZIONI GENERALI S.P.A., imponiendo el pago de las costas a esta última". Fronte á devandita sentencia, a parte demandante interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que as actuacións foron elevadas a esta Sala, tras as partes seren emprazadas. Por estas se teren constituido en parte perante ela no tempo e do xeito que acae, tívoselles por comparecidas; axiña, entregáronselle aquelas para instrucción por termo de seis días ao maxistrado relator, e, tendo sido devoltas, sinalouse o día 5 de maio do año que andamos para a vista do recurso. A seguir, pasáronselle os actos aos litigantes, tamén para instrucción, polo prazo de catro días a cada un deles.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

PRIMEIRO

Con independencia doutros problemas de fondo, que poderian suscita-los pedimentos da demandante, e hoxe recorrente, como o de se pode obter dos tribunais unha condena de futuro, ou o de se cabería esa condena ao pagamento -dito de xeito moi sintético- das cantidades que se sinalen no procedemento arbitral que se está a seguir no estranxeiro, mentres o futuribel laudo careza do recoñecemento polo instrumento do exequatur, existe un prius que é preciso examinarmos e resolvermos denantes daquelas e outras cuestións, cal é o de se a xurisdicción española é territorialmente competente, cuestión que foi resolta pola sentencia recorrida en senso negativo, non entrando conseguintemente no fondo do asunto.

A parte actora impugna esa decisión por entender que a xuíza a quo non pode apreciar de oficio esa falta de competencia, tendo que ser, pola contra, invocada pola parte demandada, o que non fixo. Amais de que esa imposibilidade de que o órgano xudicial non poida apreciar de oficio a falta de competencia territorial internacional non aparece sancionada legalmente, existindo, pola contra, un amplo sector doutrinal que defende que o tribunal nacional teña esa facultade no caso de que sexa manifesta esa falta de competencia internacional por afectar á soberanía nacional, o certo é que aquela afirmación da demandada...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STS 350/2008, 16 de Mayo de 2008
    • España
    • Tribunal Supremo, sala primera, (Civil)
    • May 16, 2008
    ...sentencia dictada con fecha 31 de mayo de 2000 por la Sección Primera de la Audiencia Provincial de Pontevedra en el recurso de apelación nº 142/99 dimanante de los autos de juicio declarativo de menor cuantía nº 126/97 del Juzgado de Primera Instancia nº 7 de Vigo, sobre reclamación de can......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR