SAP Pontevedra, 6 de Octubre de 1998

JurisdicciónEspaña
EmisorAudiencia Provincial de Pontevedra, seccion 4 (penal)
Fecha06 Octubre 1998

SENTENCIA Nº

Pontevedra, a seis de Outubro de mil novecentos noventa e oito. A Sección Cuarta da Audiencia

Provincial desta capital, formada polos Ilmos. Sres. Maxistrados Don Hipólito Hermida Cebreiro

(Presidente), Don José Juan Ramón Barreiro Prado e non Antonio Berengua Mosquera, viu en

segunda instancia os autos de Xuizo Verbal Civil, tramitados co num. 150/95, perante o Xulgado de Primeira Instancia n° 1 dos de Lalin , a instancia de D. Humberto , contra D.

Manuel , Dª María Rosa , Dª Ángela , D.

Tomás , Dª. Elena , Dª. Gloria , Dª

Marina , D. Luis Pedro , D. Juan Enrique , Dª Verónica , D. Bartolomé , Dª. Asunción , Dª. Elvira , Dª Isabel , Dª Montserrat , "HEREDEROS DE D Guillermo ", e sendo parte o

MINISTERIO FISCAL, á que foi acumulado o n° 283/95, tramitado a instancia de D. Manuel , contra

D. Humberto , Dª. Edurne , D. Luis Andrés , Dª Rita , Dª Estefanía , "HERENCIA YACENTE DE D. Lucía ", e sendo parte o MINISTERIO FISCAL, sobre negatoria de servidume, como consecuencia do recurso de apelación formulado por D. Manuel . (Rolo nº 547/97) .

ANTECEDENTES DE FEITO

Acéptanse as da Sentencia recorrida, e

PRIMEIRO

O Xulgado de Primeira instancia n° 1 dos de Lalin, dictou Sentencia de data vinteseis de Novembro de 1996 . Na parte dispositiva da mesura consta o seguinte e literal: "FALLO: que estimando parcialmente la, demanda interpuesta por la procuradora Sra. Fernández Ramos en nombre y representación de D. Humberto quien actúa en beneficio de la comunidad de Herederos de Dª. Lucía , contra D. Manuel , María Rosa , Ángela y Tomás , las hermanas Elena , Gloria y Marina , los hermanos Luis Pedro , Juan Enrique , Verónica , Bartolomé y Asunción , la herencia Yacente e ignorados herederos de las hermanas Elvira , Isabel y Montserrat , la herencia yacente y los desconocidos e ignorados herederos de Guillermo , y el Ministerio Fiscal en representación de dos ausentes, debo absolver y absuelvo al Ministerio Fiscal, declarado que:

1 - Que la finca descrita en el hecho primero de la demanda se halla libre de toda servidumbre de paso a favor de la finca propiedad de los demandados descrita en el hecho segundo.

2 - Que, en consecuencia, los demandados no tienen derecho de paso sobre la referida finca del actor, debiendo abstenerse de transitar por la misma; y condenar a los demandados, con excepción del Ministerio Fiscal, a estar y pasar por las anteriores declaraciones y a abstenerse de efectuar cualquier acto que las contradiga; y condenándoles asimismo al pago de las costas procesales causadas.

Y que desestimando la demanda interpuesta por el procurador Sr. Nistral Riadigos en nombre yrepresentación de D. Manuel quien actua en beneficio de la Comunidad Hereditaria habida al fallecimiento de Cornelio , Guillermo y Lucía , contra D. Humberto , y esposa Dª Edurne , D Luis Andrés , DOÑA Rita y Dª Estefanía , el Ministerio Fiscal y contra la Herencia yacente de Doña Lucía , debo absolver y absuelvo a los demandados de las pretensiones deducidas contra ellos, con expresa imposición de costas a la parte actora...".

SEGUNDO

A parte demandada-demandante D. Manuel formulou recurso de apelación fronte á devandita Sentencia, que lle foi admitido en émbolos dous efectos, do que se lle deu traslado as máis das partes por un prazo de cinco días co obxecto da súa impugnación ou adhesión, presentándose escrito pala parte apelada D. Humberto , impugnando tal recurso, polo que foron remitidos os autos a esta Audiencia Provincial.

TERCEIRO

Recibidos os autos, acordouse a formación do oportuno rolo, quedando estes en poder do Maxistrado-Relator os efectos oportunos, acordándose por providencia de data vinteún de Maio último, necesaria a celebración de vista, e sinalándose esta data para a celebración da mesma, comparecendo na mesma tan só o avogado don José Luis Fernández Pedreira peticionando no nome do apelante a revogación da sentencia de instancia e no seu lugar se dictase nutra pula que íntegramente se acollesen as pretensións que na instancia tiña deducidas.

CUARTO

Na tramitación deste recurso observáronse as prescripcións legais.

Foi Maxistrado Relator, o Ilmo. Sr. Don José Juan Ramón Barreiro Prado.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Recentemente este mesmo Tribunal tivo ocasión de sinalar na súa sentencia do 16 de xuño de 1998 que:

PRIMEIRO

Novamente se suscita nesta segunda instancia o problema relativo á retroactividade ou non do art.- 25 da Lei 4/1995, do 24 de maio , de Dereito Civil de Galicia (LDCG), facendo a tal efecto especial fincapé a parte apelante na coñecida sentencia da Audiencia Provincial de Ourense do 19 de marzo de 1996 que, efectivamente, lle recoñeceu eficacia retroactiva ó amentado precepto legal. Agora ben, non convén esquecerse de que o procedemento que daquela ocupou a atención da Audiencia Provincial de Ourense comezara antes da entrada en vigor da LDCG, téndose dictado sentencia polo Xulgado de Primeira Instancia antes de que a LDCG entrase en vigor, e rexendo xa este texto legal cando a AP Ourense dictou a súa citada sentencia.

Pois ben, en tal orde de cousas mester é traer a colación o a tal efecto sinalado na sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 18 de decembro de 1996 segundo a cal "as cuestións litixiosas non poden resolverse en virtude dunha lexislación que, no momento de presentarse a demanda, aínda non entrara en vigor por canto a demanda produce como efecto inmediato o fenómeno procesual da "litis-pendencia", que ten como característica mais importante precisamente a da "perpetuatio jurisdictionis", é dicir, a que determina que as modificacións que se produzan con posterioridade tanto respecto dos feitos como da norma xuridica, son ineficaces (no mesmo sentido SSTS 20/3/92, 5/10/83, 12/11/93 e 13/5/96 ). A sentencia do 25 febreiro 1983 establece unha clara doutrina ó respecto. Nela o TS manifesta en forma rotunda e categórica: a) Presentada a demanda e admitida polo órgano xurisdiccional, a litispendencia comeza a produci-los seus efectos ata o punto de que a posición inicial do demandante é inalterable; b) Que, como xa sinalar con anterioridade o propio TS, o proceso ha de resolverse tendo en conta a situación xuridica obxecto do preito tal e como se atopara no momento da presentación á demanda, se esta é admitida a trámite; c) Que esta doutrina está de acordo co propio contido dos arts. 1100, 1109 e 1973 CC ;

d) Que referí -lo inicio da litispendencia á citación, ó emprazamento ou á contestación á demanda implica ou ben render tributo ás lexislacións estranxeiras au ben voltar á reminiscencia arcaica da "litis contestado", case contrato hoxe verdadeiramente inadmisible". E remata o TSXG por aplica-la devandita doutrina exposta a un caso no que, tamén suscitándose o problema da retroactividade ou non do art. 25 LDCG , a demanda fora presentada no xulgado xusto un día antes da entrada en vigor do devandito texto legal, mentres que a que deu orixe ós presentes autos presentanse ós seis da publicación no DOGA da LDCG e, xa que logo antes da súa entrada en vigor no mes de setembro de 1995.

SEGUNDO

Non deixa de recoñecerse que o tema suscitado ten o seu aquel de polémica, se ben con posterioridade á referida sentencia da AP Ourense resultan unánimes os pronunciamentos dos que se ten constancia verbo da irretroactividade da amentada norma contida no art. 25 da LDCG .Así, e seguindo a tal efecto unha orde cronolóxica:

A/ A sentencia da sección 2ª da AP de Pontevedra do 4 de xuño de 1996 , declara que "al haberse presentado la demanda el 7/3/95, y ser la LDCG, de 24/5/95 , es evidente, que al no ser retroactivos los preceptos de esta Ley, no tiene aplicación el art. 25 del Derecho de Galicia al presente procedimiento, donde se establece la adquisición de las servidumbres por el plazo de 20 años" .

B/ A sentencia da AP Ourense do 10 marzo 1997 sinala que "la LDCG 4/95, de 24 de mayo, en cuyo art. 25 establece la adquisición por prescripción de veinte años, no tiene efecto retroactivo y ha de entenderse que el cómputo del plazo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR