SAP Pontevedra 433/2000, 30 de Octubre de 2000

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2000:3082
Número de Recurso197/1999
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución433/2000
Fecha de Resolución30 de Octubre de 2000
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 1ª

SENTENCIA: 00433/2000

Rolo civil 197/99

P. civil: 347/97

Orixe: XDO. 1ª INST. PONTEVEDRA 2

Tipo asunto: MENOR CONTÍA

A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D.

LUCIANO VÁRELA CASTRO, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO CÉSAR PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENCIA NÚM.433

Pontevedra, o 30 de outubro do año 2000.

O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm.

347/97, vindo do Xulgado de 1ª Inst. Pontevedra 2, foi movido entre as partes: dunha beira, como

apelante e demandante, DONA Remedios , representada polo

procurador dos tribunais Sr. López López, baixo a dirección do letrado Sr Gil García; e da outra,

como apelado e demandado, DONA Estela e DONA Estela , a quen representa o procurador Sr. Alvarez Sánchez e dirixe o

letrado Sr. Tojal del Casero. Xuízo de menor contía.

ANTECEDENTES DE FEITO

Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso:

PRIMEIRO

Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 7 de abril de 1999, o Sr maxistrado-xuíz do Xulgado de 1ª Inst. núm. 2 de Pontevedra pronunciou sentencia , a resolución da cal, rigorosamente, di:DECISION: "Que desestimando la demanda interpuesta por el procurador don Pedro López López, en nombre y representación de doña Remedios , contra dona Estela y dona Estela , debo absolver y absuelvo a dichas demandadas de los pedimentos de la misma, con expresa imposición de costas a la parte actora".

Fronte á devandita sentencia, a parte demandante interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que as actuacións foron elevadas a esta Sala, tras as partes seren emprazadas. Por estas se teren constituido en parte perante ela no tempo e do xeito que acae, tívoselles por comparecidas; axiña, entregáronselle aquelas para instrucción por termo de seis días ao maxistrado relator, e, tendo sido devoltas, sinalouse o día 21 de xuño do año que andamos para a vista do recurso. A seguir, pasáronselles os actos aos litigantes, tamén para instrucción, polo prazo de catro días a cada un deles.

SEGUNDO

Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais.

Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o criterio da Sala.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

PRIMEIRO

Solicitada pola parte actora, e agora recorrente, a nulidade da partición, ou, no seu defecto, a sua rescisión por lesión en máis dunha cuarta parte, razóns metodolóxicas levan, antes de entrar nesas dúas cuestións, a dar resposta á manifestación da parte apelada, no senso de que a demandante recibiu en vida do seu pai a doazón da vivenda a que fai referencia a escritura notarial de data 13 de xullo de 1994, e sendo colacionábel o devandito ben, a pretensión de rescisión da parte demandante non sería en absoluto sostíbel, por non haber a lesión ou perxuízo económico para ela, en relación co importe dos bens adxudicados á outra herdeira. Alegación da parte demandada, e hoxe recorrida, que está condenada ao seu fracaso, pois é unha cuestión nova, non invocada na primeira instancia, e isto con independencia de que o ben doado non sería ademais colacionábel, por disposición expresa do doador, feita constar naquela escritura, ao abeiro do artº 1.036 do C c .

SEGUNDO

Dúas son as razóns, segundo o xuízo da actora, que teñen que levar á declaración de nulidade das operacións particionais. Dunha parte, que nestas non interveu ningún dos dous DIRECCION000 nomeados solidariamente polo testador. E doutra, e aínda admitindo que un deles efectuase a partición, esta non sería tampouco válida por precisar do consenso do outro DIRECCION000 . Razóns, unha e outra, que teñen que ser desbotadas.

No primeiro termo, e fronte ao mantido pola apelante, nas operacións particionais houbo efectiva intervención da DIRECCION000 , Rita . Así se deduce de xeito palmario e inequívoco, tanto da correspondente escritura notarial, na que se plasma a partición ( entre outros, folios 17 e seguintes ), e na que se amenta explícitamente que aquela procede a realizar en por si as operacións de inventario, avaliación e adxudicación, propias da partición; como das propias declaracións que como testemuña fixo aquela DIRECCION000 . Sendo cuestión que non afecta á validez particional o feito de que a devandita DIRECCION000 se valese do auxilio de terceiras persoas, coñecedoras do valor económico que no mercado tiñan os bens hereditarios. Moi pola contra, parece útil, e ata necesario, o buscar o asesoramenteo e axuda desas persoas, como doutras, especializadas noutros eidos, como, por exemplo, no xurídico, tanto para a bondade das tarefas particionais, como para dar cabal e escrupuloso cumprimento á vontade do testador.

TERCEIRO

A parte recorrente estima que non é válida a partición efectuada por un só dos dous DIRECCION000 solidarios, pois, segundo o seu entender, a Lei esixe a intervención e acordo dos dous.

O tribunal rexeita esa apreciación da parte, entendendo pola contra, que non é precisa esa intervención dual.

A carencia no noso ordenamento xuridico dunha regulación legal do cargo do DIRECCION000 ten levado a nosa doutrina científica, e a xurisprudencia a acudir ás normas do C c., establecidas para a testamentaria (artºs. 894 e seguintes), e concretamente, e no que aquí especialmente interesa, ao art° 894 , no que se declara que...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STS 464/2008, 30 de Mayo de 2008
    • España
    • 30 Mayo 2008
    ...en nombre y representación de Melisa, contra la Sentencia dictada por la Sección Primera de la Audiencia Provincial de Pontevedra, rollo 197/99, de fecha 30 de octubre de 2000, que se confirma, con imposición del pago de costas causadas en este recurso a las recurrentes y pérdida del depósi......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR