ANUNCIO do 24 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se anuncia a toma de posesión provisional dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Xanceda (Mesía).

SecciónVI. Anuncios
EmisorConsellería do Medio Rural e do Mar
Rango de LeyAnuncio

Despois de publicar o acordo de concentración parcelaria da zona de Xanceda (Mesía-A Coruña) e xa que o número de recursos presentados e pendentes de resolver non excede o seis por cento dos titulares das explotacións, nin os reclamantes representan máis do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar posesión provisional dos novos predios con data do 15 de abril.

Todas as persoas interesadas tomarán posesión dos seus terreos obrigatoriamente, sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (segundo o artigo 44 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia).

Se algún propietario non permitise a toma de posesión dos novos predios no prazo que se indica neste aviso, será apercibido e logo será obxecto de compulsión directa (artigo 45 da antedita lei), ademais de impoñerlle as sancións económicas que procedan, conforme o disposto nos artigos 69 e seguintes da dita lei.

Os interesados poderán reclamar sobre as diferenzas superiores ao dous por cento entre a cabida real dos novos predios e o que conste no expediente de concentración, no prazo de sesenta días naturais que contarán a partir da data en que os predios se poñan ao seu dipor (artigo 46). Deberán achegar coa reclamación ditame pericial visado polo colexio correspondente.

Os prazos para a toma de posesión son os seguintes:

  1. Labradíos sen colleita pendente, prados e pastos: o día seguinte ao da publicación deste...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR