Decreto 329/2003, do 24 de xullo, polo que se acepta a título gratuíto a doazón dun inxector vascular, con destino ó Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

A empresa Boston Scienttific Ibérica, S.A. ofrece a doazón ó Servicio Galego de Saúde dun inxector vascular con destino ó Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio de Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio Galego de Saúde, e despois da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día vintecatro de xullo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-la doazón do seguinte equipo:

-1 inxector vascular, marca Medrad, modelo Mark 5 Provis-150 ML, con valor de 30.000,00 euros, doado pola empresa Boston Scienttific Ibérica, S.A.

Artigo 2º

O activo acéptase segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Autónoma e destinarase ó Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña de acordo coa vontade do doante.

Disposición derradeira

O Servicio...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR