Decreto 148/2007, do 19 de xullo, polo que se determina a creación, composición e funcionamento do Consello da Rede de Parques Naturais de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Rango de LeyDecreto

O artigo 148.9º da Constitución española dispón que as comunidades autónomas poderán asumir competencias na xestión en materia de protección de medio. A Comunidade Autónoma de Galicia, coa aprobación do noso Estatuto de autonomía, asumiu a competencia para ditar normas adicionais sobre protección de medio e da paisaxe.

Neste sentido, a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, consolidou a competencia e tutela da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia na protección dos espazos naturais. No exercicio desta competencia, a Administración autonómica procedeu á declaración, ata o momento, de seis parques naturais en Galicia cunha extensión de 39.887 hectáreas, que constitúen áreas naturais pouco transformadas pola explotación ou pola ocupación humana que, en razón á beleza das súas paisaxes, á representatividade dos seus ecosistemas ou á singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos polos que a súa conservación merece unha atención prioritaria. A Rede de Parques Naturais de Galicia estará integrada polos espazos naturais que sexan declarados parques naturais e que ata o día de hoxe son: o Monte Aloia, o complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, a Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadoiro, Serra da Enciña da Lastra e As Fragas do Eume.

A configuración dunha Rede de Parques Naturais de Galicia persegue acadar un estado de conservación favorable dos elementos que compoñen a biodiversidade que conteñen, así como o axeitado desenvolvemento sostible dentro das singularidades e particularidades de cada un deles.

Estes espazos naturais chegan a nós grazas ao manexo responsable que as mulleres e homes habitantes destes territorios fixeron deles, e que deben ser recoñecidos como un exemplo a seguir de sostibilidade e harmonía coa natureza ao longo dos séculos. Cada parque natural ten características propias e singularidades que se manifestan de xeito especifico. Así, o Parque Natural da Enciña da Lastra presenta singularidade dos hábitats mediterráneos no contexto galego, así como as covas en terreos da calcaria de Aquitania únicos en Galicia; o parque natural da Baixa Limia-Xurés correspóndese coas paisaxes de pedra modelada en gran medida polo xeo vello dos antigos glaciares que construíron morfoloxías excepcionais; o parque natural das Fragas do Eume eríxise como a mellor representación dos bosques atlánticos termófilos de Europa; o Invernadoiro, en pleno macizo central ourensán, configúrase nun magnífico referente para a conservación da paisaxe, formado por excepcionais montañas cubertas de matos secos moi ben conservados, ocupados por unha variada fauna na que destacan os grandes ungulados silvestres; o parque natural de Corrubedo representa a testemuña litoral na comuñón da terra, o vento e o mar; e por último o parque natural do Monte Aloia, o decano dos parques galegos, un lugar para o lecer e o uso público feito con traballo e ilusión nas inmediacións da cidade de Tui.

Os artigos 42 e 43 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, crean as xuntas consultivas dos parques naturais como órganos colexiados consultivos, adscritos á consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, para canalizar a participación dos intereses sociais e económicos afectados e desenvólvenas por medio dos decretos 30/2004 , do 22 de xaneiro, polo que se crea a Xunta Consultiva do parque natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoa de Carregal e Vixán; 31/2004, do 22 de xaneiro polo que se crea a Xunta Consultiva do parque natural do Monte Aloia; 32/2004, do 22 de xaneiro, polo que se crea a Xunta Consultiva do parque natural das Fragas do Eume. Tamén se desenvolveron as xuntas consultivas por medio da creación dos decretos dos parques naturais, en concreto, o Decreto 29/1992, do 11 de febreiro, polo se declara o parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, o Decreto 157/2002, do 4 abril, polo que se declara o parque natural da Serra da Enciña da Lastra e o Decreto 540/2005, do 13 de outubro, polo que se crea a Xunta Consultiva do parque natural do Invernadoiro. As xuntas consultivas dos parques naturais configúranse, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, como órganos colexiados de carácter asesor adscritos á consellería competente en materia de medio e que exercen singularmente, respecto a cada un dos parques naturais, as funcións de colaboración na xestión do parque natural e a canalización da participación dos propietarios e os intereses sociais e económicos afectados polo concreto parque natural. Sen prexuízo do anterior, o artigo 41 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, ao falar dunha Rede galega de espazos naturais protexidos, exíxelle implicitamente á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible que leve a cabo a coordinación da xestión individual dos espazos naturais e que impulse e promova políticas públicas de conservación e desenvolvemento sostible de xeral aplicación a todos os espazos naturais, respectando en todo momento as competencias atribuídas ás xuntas consultivas dos parques naturais pola Lei 9/2001, do 21 de agosto.

É relevante sinalar tamén a necesidade de realizar esforzos en materia de transversalidade, no sentido de desenvolver políticas públicas sectoriais integradas que se apliquen nos territorios de xeito intensivo e que actúen de maneira...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR