Decreto 210/2005, do 14 de xullo, polo que se aproban os estatutos do Consorcio contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Comunidade Autónoma de Galicia ten transferidas, entre outras, as competencias sobre preven

ción e extinción de incendios. A necesidade de dar unha resposta eficaz deste servizo fai necesaria unha organización axeitada del en todo o territorio galego. Este feito aconsellou que a Xunta de Galicia elaborase o Plan Galego de Dotación de Parques contra Incendios Urbanos baseado en criterios de racionalidade técnica e económica que permita dotar a Comunidade Autónoma dun servizo integrado de extinción de incendios que garanta este servizo en toda Galicia, baixo condicións aceptables, en función do risco e da dificultade técnica da extinción, sendo o Parque contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo un dos parques previstos no plan galego.

O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezasete de febreiro de dous mil cinco, acordou participar no Consorcio do Parque contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo, segundo o disposto no punto 3º do artigo 196 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

A elaboración dos estatutos do consorcio fíxose segundo as normas de procedemento establecidas nos artigos 150 e seguintes da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Polo exposto, e en aplicación do artigo 196 da Lei 5/1997, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do catorce de xullo de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo único Apróbanse os estatutos do Consorcio contra Incendios e de Salvamento da Comarca do Morrazo, sendo o seu texto o que se recolle no anexo deste decreto.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de xullo de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Xesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local

ANEXO

Consorcio para a prestación do servizo

contra Incendios e salvamento da comarca

do Morrazo

As administracións públicas teñen encomendada a prestación dunha serie de servizos aos seus cidadáns. Para mellorar a calidade destes servizos é necesario o establecemento de novas formas asociativas das administracións afectadas que fagan posible a aplicación dos principios de economía e eficacia.

Neste senso a Comunidade Autónoma de Galicia ten asumidas competencias sobre as materias de prevención e extinción de incendios e de protección civil. Unha organización axeitada permitirá unha resposta eficaz ante calquera circunstancia que poida supoñer un perigo para a vida e bens das persoas, así como a optimización e racionalización dos medios e recursos dispoñibles.

O Decreto 226/2003, do 11 de abril, modificado polo Decreto 280/2003, do 17 de xuño, e polo Decreto 16/2004, do 15 de xaneiro, establece a estrutura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, encomendándolle a planificación e coordinación dos plans e programas dos servizos contra Incendios e salvamento local á Dirección Xeral de Administración Local, sen prexuízo das competencias que lle correspondan á Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, no relativo á función operativa de Protección Civil, así como das atribuídas por lei ás administracións locais.

De acordo co disposto no artigo 26 c) da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, correspóndelles aos municipios, por si mesmos ou asociados, a prestación, entre outros, dos servizos seguintes: nos municipios con poboación superior a 20.000 habitantes, servizos de protección civil, prevención e extinción de incendios.

As deputacións provinciais teñen atribuída pola súa parte a competencia de cooperación e asistencia aos concellos, garantindo a prestación integral e adecuada dos servizos que estes teñen encomendados pola lei.

A Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude das competencias que lle son propias e ao amparo do disposto no artigo 30.6º d) e h) do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, xestionou varias actuacións en materia de colaboración cos concellos en materia de extinción e prevención de incendios.

A Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, establece no seu artigo 87 que: «As entidades locais poden constituír consorcios con outras administracións públicas para fins de interese común ou con entidades privadas sen ánimo de lucro que persigan fins de interese público, concorrentes coas administracións públicas».

A Lei 5/1997, de Administración local de Galicia, establece a consideración das provincias como entidades locais territoriais. De acordo co artigo 149, as entidades locais galegas poderán, con carácter voluntario, constituír consorcios locais entre elas, ou con outras administracións públicas para fins de interese común.

Doutra banda, tamén se debe ter en conta a decisión do Consello da Unión Europea do 29 de xullo de 1991, pola que se crea o número único (112) para as chamadas de urxencia, e o acordo do Goberno da Xunta de Galicia, de setembro de 1997, para

a prestación do servizo público de atención de urxencias en Galicia a través do número telefónico 112. Neste número deberán quedar integrados os servizos contra Incendios e salvamento dos centros asociados, entre eles.

De acordo coas consideracións precedentes, as administracións participantes xustifican a concepción e a adopción da fórmula do consorcio como a organización idónea para facilitar a súa coordinación e leal cooperación e, en consecuencia, deciden constituír o consorcio que se rexerá por estes estatutos.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Entidades asociadas.

Ao abeiro do establecido na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, artigos 149 e seguintes, así como na demais lexislación vixente, constitúese o Consorcio contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo, integrado pola Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Bueu, Cangas e Moaña.

Artigo 2º Constitución do consorcio.

-Para a constitución do consorcio requírese o acordo previo correspondente e a aprobación definitiva dos seus estatutos por parte do plenos da Deputación Provincial de Pontevedra e dos concellos que o integren, así como o acordo do Consello da Xunta de Galicia.

-Unha vez producidos estes acordos, mediante decreto da Xunta de Galicia publicarase o texto íntegro dos estatutos no Diario Oficial de Galicia.

-Unha vez publicados os estatutos, convocaranse todos os representantes das entidades que o integran co gallo de elixir os órganos rectores e iniciar o seu funcionamento.

Artigo 3º Carácter.

O consorcio constitúese voluntariamente e por un período de tempo indefinido. Ten carácter administrativo e personalidade xurídica propia e independente das entidades que o integran, así como capacidade xurídica para o cumprimento dos fins estatutarios. O consorcio contará con patrimonio propio e desenvolverá a súa actividade conforme un orzamento independente.

Artigo 4º Sede.
  1. O consorcio, coa denominación de Consorcio contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo, terá a súa sede no Parque contra Incendios e Salvamento de Bueu.

  2. Por acordo do Pleno do consorcio poderá modificarse o domicilio fixado no punto anterior ou celebrarse reunións en lugar distinto ao do seu domicilio.

Artigo 5º Obxecto.

Constitúe o obxecto do consorcio a prestación, xa sexa directamente ou ben mediante algunha das fór

mulas previstas na lexislación de réxime local, do servizo contra Incendios e de salvamento.

Este obxecto levarase a cabo cos propios medios do consorcio, e mediante a colaboración cos servizos de Protección Civil, ou con outros colectivos con fins semellantes, existentes nos concellos consorciados.

Artigo 6º Ámbito.
  1. O ámbito de actuación do consorcio estenderase aos concellos da comarca do Morrazo.

    Así mesmo, actuará fóra do ámbito que lle é propio, nos casos de sinistro, calamidade, catástrofe e grave perigo, cando fose requirido para iso, sempre que o demanden os órganos competentes e o autorice o presidente do consorcio.

  2. O consorcio asume o exercicio das competencias das entidades consorciadas cando a lexislación vixente as obrigue ao...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR