DECRETO 95/2014, do 24 de xullo, polo que se aproba o cambio de titularidade da OU-904 desde o p.q. 1+260 ao p.q. 3+750 a prol do Concello de Cortegada.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

A vixente Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, no punto primeiro da disposición transitoria primeira, dispón que os procedementos administrativos iniciados con anterioridade á entrada en vigor desta lei se rexerán polo disposto na normativa anterior, coa excepción dos procedementos sancionadores, aos cales lles será aplicable a norma máis favorable para as presuntas persoas infractoras.

Segundo o previsto no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 54 que as estradas autonómicas ou provinciais ou os treitos determinados delas en que a circulación adquira características urbanas se lles entregarán aos respectivos concellos. O expediente será promovido por proposta do concello ou da Administración titular da estrada e será resolto polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas, logo de informe de ambos os organismos.

O Concello de Cortegada solicita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o cambio de titularidade da OU-904 na súa totalidade, desde o p.q. 1+260 ao p.q. 3+750.

Ao abeiro das previsións legais, a Área de Planificación e Programación da Axencia Galega de Infraestruturas emite informe favorable ao cambio de titularidade da OU-904 Filgueira (PO-801)-límite provincia-Cortegada (OU-801) desde o p.q. 1+260 ao p.q. 3+750.

Polo exposto, consonte o previsto na Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, despois do acordo entre as administracións afectadas, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e catro de xullo de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Artigo 1

Apróbase o cambio de titularidade en prol do Concello de Cortegada da OU-904 Filgueira (PO-801)-límite provincia- Cortegada, desde o p.q. 1+260 ao p.q. 3+750.

Artigo 2

En aplicación do artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, as entidades locais, no marco...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR