DECRETO 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.
Sección | I. Disposicións Xerais |
Emisor | CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA |
Rango de Ley | Decreto |
O 4 de xaneiro de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia a estrutura orgánica da Xunta de Galicia para adaptala ás necesidades actuais tendo en conta os criterios de eficacia, economía e austeridade que deben inspirar a actuación e a organización administrativa.
En consecuencia, procede agora aprobar a estrutura orgánica superior das consellerías, de acordo co artigo 25.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, para dispor a súa organización e, en particular, establecer a adscrición dos órganos superiores e directivos das consellerías afectadas polos cambios organizativos ás consellerías resultantes da nova organización.
Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 4.15.º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día catro de xaneiro de dous mil doce,
DISPOÑO:
-
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza estrutúrase nos seguintes órganos de dirección:
-
Secretaría Xeral Técnica.
-
Dirección Xeral de Xustiza.
-
Dirección Xeral de Administración Local.
-
Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias.
-
Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.
-
Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.
-
Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.
-
-
Quedan adscritas organicamente a esta consellería as delegacións territoriais da Xunta de Galicia na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. As delegacións territoriais, configuradas como órganos de dirección, terán nivel orgánico de dirección xeral.
-
Así mesmo, quedan adscritas a esta consellería as delegacións da Xunta de Galicia no exterior.
-
Igualmente, quedan adscritos a esta consellería:
-
O organismo autónomo Escola Galega de Administración Pública.
-
O organismo autónomo Academia Galega de Seguridade Pública.
-
O ente público Axencia Galega de Emerxencias.
-
-
A Consellería de Facenda estrutúrase nos seguintes órganos de dirección:
-
Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.
-
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
-
Dirección Xeral de Orzamentos.
-
Dirección Xeral de Tributos.
-
Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.
-
Dirección Xeral de Planificación e Fondos.
-
Dirección Xeral da Función Pública.
-
-
Quedan adscritos a esta consellería:
-
O organismo autónomo Instituto Galego de Estatística.
-
O organismo autónomo Tribunal Galego de Defensa da Competencia.
-
O ente público Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.
-
O Consello Económico e Social de Galicia, ente institucional de dereito público, órgano consultivo, creado pola Lei 6/1995, do 28 de xuño.
-
-
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección:
-
Secretaría Xeral Técnica.
-
Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
-
Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
-
Dirección Xeral de Infraestruturas.
-
Dirección Xeral de Mobilidade.
-
Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe.
-
Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
-
-
Quedan adscritos a esta consellería:
-
O ente público de natureza consorcial Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
-
O organismo autónomo Augas de...
-
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba