Decreto 16/2005, do 28 de xaneiro, polo que se acepta a cesión de uso, a título gratuíto, dunha parcela en Portomarín (Lugo) para destinala á instalación dunha base de helicópteros.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A asemblea xeral da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Portomarín, que tivo lugar en sesión extraordinaria o seis de marzo de dous mil catro, acordou cederlle o uso, a título gratuíto, á Comunidade Autónoma de Galicia, dunha parcela situada na parroquia de Portomarín, concello de Portomarín (Lugo), para destinala á instalación dunha base de helicópteros de loita contra incendios forestais.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos en que a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común acordou a cesión, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte e oito de xaneiro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión de uso a título gratuíto, feita pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Portomarín, dunha parcela de 10.500 metros cadrados, que pertence ao monte veciñal de Portomarín, cuxa delimitación se reflicte no plano incorporado ao expediente de aceptación.

Artigo 2º

O predio do cal se cede o uso destinarase á instalación dunha base de helicópteros para a loita contra incendios forestais.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR