Decreto 99/2007, do 24 de maio, polo que se modifica o Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desevolvemento Sostible.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Rango de LeyDecreto

A estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible regúlase no Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro. Logo da publicación deste decreto producíronse innovacións normativas en materia ambiental que inciden no ámbito regulador deste decreto.

A Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, traspón ao ordenamento xurídico español a Directiva 2001/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de xuño de 2001, relativa á avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente. A citada directiva trata da introdución de criterios ambientais desde as primeiras etapas de deseño e elaboración de determinados plans e programas, considerándose a avaliación ambiental como un instrumento de prevención que permite integrar os aspectos ambientais na toma de decisións de plans e programas públicos. No eido da nosa comunidade autónoma estes plans e programas son, fundamentalmente, os que elaboren os órganos sectoriais da Xunta de Galicia, os que promovan as administracións provinciais e os plans xerais de ordenación municipal (PXOM) das administracións locais, así como as súas modificacións. A dita lei define no seu artigo 2.c) o órgano ambiental como «aquel órgano da Administración pública que en colaboración co órgano promotor vela pola integración dos aspectos ambientais na elaboración dos plans ou programas», polo que é necesario atribuír expresamente a dita condición á Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia.

Da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible depende a Subdirección Xeral de Fomento do Desenvolvemento Sostible, unidade que desempeña, entre outras, as funcións relativas ao seguimento da política ambiental da Comunidade Europea e as relacionadas coa aplicación da Directiva 2001/42/CE; aplicación da avaliación ambiental estratéxica da sustentabilidade; coordinación e seguimento da estratexia galega fronte ao cambio climático e as relacionadas co cumprimento do protocolo de Quioto. Para o exercicio das súas funcións é necesario que a dita subdirección xeral conte cunha unidade de nova creación denominada Servizo de Avaliación Estratéxica da Sostibilidade, ao cal se lle encomendarán as funcións anteriormente desempeñadas polo Servizo de Planificación da Sostibilidade, agás as relativas ao cambio climático, polo que procede o cambio de denominación do preexistente Servizo de Planificación da Sostibilidade, que pasa a chamarse Servizo de Prevención do Cambio Climático.

O sistema edáfico constitúe un dos compoñentes centrais dos ecosistemas terrestres. A perda de solo como consecuencia de procesos erosivos revélase como un factor crítico para o normal funcionamento dos sistemas terrestres, sendo un dos problemas ambientais de maior trascendencia para a sustentabilidade, polo que cómpre facer mención expresa disto no parágrafo 1º do artigo 7 do Decreto 1/2006.

O Centro de Investigación e Información Ambiental, con rango de subdirección xeral dependente da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, ademais das funcións asignadas, que xustifican a existencia dunha rede de observación do territorio, desenvolverá funcións en materia de estudos e conservación de solos. Paralelamente, a aplicación da Directiva de augas 2000/60/CE en Galicia require a implementación dunha rede de control de calidade do estado ecolóxico das augas de Galicia, con obxectivos coincidentes cos da rede de observación do territorio. Tendo en conta que a consellería...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR