Decreto 246/2008, do 23 de outubro, polo que se declara de utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona do Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango de LeyDecreto

As parroquias do Burgo, Vilamaior e Camba sitúanse ao oeste do concello de Castro Caldelas e resultan afectados polo proceso de concentración parcelaria a totalidade dos terreos das ditas parroquias.

A dispersión parcelaria e minifundio agrario que presentan os terreos das parroquias do Burgo, Vilamaior e Camba, posta de manifesto polo Concello de Castro Caldelas á consellería competente en materia de agricultura, motivou un estudo de viabilidade e de valoración das posibilidades que ofrece a zona para incrementar o rendemento dos recursos agropecuarios, deducíndose a conveniencia de levar a cabo a concentración parcelaria por razóns de utilidade pública e interese social.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro do Medio Rural, formulada conforme o establecido na Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e tres de outubro de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Declarar de utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona do Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).

Artigo 2º

O perímetro da zona será, en principio, o correspondente á totalidade dos terreos das parroquias do Burgo, Vilamaior e Camba. O referido perímetro poderá quedar en definitiva modificado polas rectificacións, inclusións e exclusións que se acorden ao amparo dos artigos 23 e seguintes da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, na súa nova redacción segundo a Lei 10/2001, do 10 de setembro.

Artigo 3º

O proceso de concentración parcelaria deberá supoñer a adxudicación da propiedade en predio único ou no menor número de predios de substitución posible.

Artigo 4º

Tal e como dispón o punto 1º da disposición transitoria primeira da Lei de concentración parcelaria para Galicia, a consellería competente en materia de agricultura poderá declarar a caducidade dos expedientes de concentración parcelaria.

De acordo co sinalado polo artigo 7.2º da referida lei, a consellería poderá revisar a concentración en calquera fase do proceso e mesmo retrotraer á situación primitiva as parcelas.

Artigo 5º

Conforme o establecido pola Lei de concentración parcelaria para Galicia, a partir da entrada en vigor deste decreto serán sancionables as infraccións que, por...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR