Decreto 288/2004, do 2 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental variante da estrada C-531. Treito: Cortegada-Filgueira. Nova ponte sobre o río Miño. Clave: OU/01/095.01.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

Con data do 12 de xullo de 2004 o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental variante da estrada C-531. Treito: Cortegada-Filgueira. Nova ponte sobre o río Miño. Clave: OU/01/095.01.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia na seguridade vial. Lembrámoslle que a actual estrada é esencialmente virada e ten o firme en mal estado, o que unido a ser un fondo de val con abundantes néboas, pola proximidade dun encoro, fai especialmente perigoso este treito.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR