Decreto 78/2008, do 10 de abril, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de acondicionamento da estrada AC-433 A Ponte do Porto-Laxe. Clave AC/06/065.01.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Con data do 25 de marzo de 2008, o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes aprobou o proxecto de construción de acondicionamento da estrada AC-433 A Ponte do Porto-Laxe (clave AC/06/065.01).

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, considerándose xustificada a referida declaración por mellorar as condicións de mobilidade pola estrada, respectando a singularidade paisaxística da zona. Por iso a actuación ten dúas concepcións.

Nun primer treito, onde está previsto o maior volume de tráfico, realízase unha corrección de trazado para evitar a zona de travesía. Así mesmo, mellorase a entrada ao concello de Laxe incrementando o número de beirarrúas e de aparcadoiros. Todo iso suporá unha importante mellora na seguridade viaria e na comodidade dos usuarios da zona, ao diminuír, por unha parte, as posibilidades de atropelos e, por outra, os tempos de percorrido.

Nun segundo treito, onde o volume de tráfico é menor, o obxectivo é mellorar as...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR