Decreto 216/2003, do 11 de abril, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Lalín, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de expropiación e parcelario para a obtención e valoración do solo para a vía Leste, treito 2 SG-V3.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Lalín, en sesión do día vintecinco de febreiro de dous mil tres, aprobou o proxecto de expropiación e parcelario para a obtención e valoración do solo para a vía Leste, treito 2 SG-V3, e na mesma sesión acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa, ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. Este informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día oito de abril de dous mil tres.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala o concello, na actualidade se dá un incremento cada día maior de tráfico pesado que atravesa o núcleo urbano por vías inadecuadas e non axustadas a este tipo de tránsito, o que ocasiona graves problemas para o tráfico rodado e xera un constante atasco na circulación. É tamén, en especial, unha fonte de risco elevado para os outros automóbiles e conductores que circulan pola zona, incrementándose constantemente o número de accidentes e víctimas, situación que se paliaría abrindo unha vía de circulación fóra do núcleo urbano, eliminando deste xeito...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR