Resolución do 20 de outubro de 2004, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se fai pública a clasificación do monte denominado Monte A Veiga e Teixugos, a favor dos veciños do lugar de Fonte Arcada e O Mosteiro, no concello dos Blancos (Ourense).
Sección | VI. Anuncios |
Emisor | CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE |
Rango de Ley | Resolución |
O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o 20 de outubro de 2004, adoptar o seguinte acordo:
Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común denominado Monte A Veiga e Teixugos, por solicitude dos veciños de Fonte Arcada e O Mosteiro, do concello dos Blancos (Ourense).
Resultando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, en sesión celebrada en data 18 de maio de 2000, acorda iniciar a clasificación do monte denominado Monte A Veiga e Teixugos que foi solicitada en data 5 de maio de 2000 polos veciños de Fonte Arcada e O Mosteiro como ampliación na tramitación do expediente de clasificación do monte Esperón, Serra Ladeiras e O Viso.
Resultando que o xurado provincial en sesión celebrada en data 18 de maio de 2000, acordou tomar en consideración o citado escrito e iniciar o expediente de clasificación do monte designando instrutoras del a Manuel Bouzas Costa e Míriam Areal López, que aceptaron tal cargo na mesma sesión. Remitíronse comunicacións dirixidas aos veciños do lugar de Fonte Arcada e O Mosteiro, ao presidente da Deputación Provincial de Ourense, ao alcalde do concello dos Blancos, á delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, á Xerencia Territorial do Catastro, e ao xefe do Servizo de Montes e Industrias Forestais da Consellería de Medio Ambiente e á Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria: Servizo de Estruturas Rurais, e ao Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia.
Publicáronse edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello dos Blancos, segundo consta en dilixencia estendida no dorso do edicto polo secretario do citado concello, para que durante o prazo sinalado dun mes os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos.
Resultando que segundo informa o Servizo de Montes e Incendios Forestais e desprazados os instrutores ao terreo, apréciase a existencia de instalacións dunha granxa industrial sita na zona norte da parcela A Veiga, no límite dos concello de Porqueira e Calvos de Randín.
Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente se practicou no Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia, como segue:
Anotación preventiva letra A, dos predios nº 7.382, ao folio 90, do tomo 679, libro 33, dos Blancos.
Resultando que citada a Sociedade Cooperativa Coren en calidade de interesada, presenta alegacións en que manifesta en resumo o seguinte:
-Que a referida explotación gandeira pertence a unha das cooperativas integradas en Coren denominada Cooperativa Agroganadera da Piúca, se ben ten cedida estatutariamente a xestión administrativa e xurídica a favor de Coren.
-Que Coren adquiriu do Concello dos Blancos en pública poxa e mediante escritura pública outorgada perante o notario de Xinzo de Limia o día 28 de novembro de 1997, o predio rústico no sitio da Veiga cunha superficie de 13 ha 26 a, cos lindeiros:
Norte: termo municipal de Porqueira e veciños de Aspra.
Sur e leste: termo municipal de Calvos de Randín, Edelmiro García Lamas e outros.
Oeste: termo municipal de Calvos de Randín e Porqueira.
-Que o predio figura inscrito como ben patrimonial do concello e libre de cargas.
-Que a Cooperativa Agroganadera da Piúca, S.L. procedeu a inscribir a súa adquisición no Rexistro da Propiedade.
Do escrito presentado pola Sociedade Cooperativa Coren dáse traslado ao Concello dos Blancos, sen que consten...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba