Decreto 254/2003, do 24 de abril, polo que se crea a Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense. Concesionario da Xunta de Galicia, S.A.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

Un dos principais obxectivos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia é dota-lo seu territorio dunha ampla rede de infraestructuras coa finalidade de acada-lo desenvolvemento axeitado da nosa sociedade. Neste sentido xorde a necesidade

de buscar mecanismos de colaboración entre as diferentes administracións así como a conveniencia de coordina-los intereses públicos coas iniciativas privadas con fin de impulsa-la realización das infraestructuras pendentes.

Esta orientación determinou o acordo entre as administracións autonómica e central respecto á necesidade de construír unha autoestrada entre Santiago de Compostela e Ourense, que se plasmou co asinamento dun primeiro convenio de colaboración o día 27 de febreiro de 1997. Neste convenio establecíase que o Ministerio de Fomento, titular da estrada N-525, tramitaría dúas concesións administrativas para a construcción conservación e explotación da autoestrada e dividía o itinerario en dous treitos: Santiago de Compostela-Alto de Santo Domingo e Alto de Santo Domingo-Ourense.

En cumprimento do mencionado convenio adxudicouse, en novembro de 1999, a concesión dunha autoestrada de peaxe para o treito Santiago de Compostela-Alto de Santo Domingo, quedando pendente a licitación do segundo treito a expensas de acadar un determinado volume mínimo de vehículos.

O interese da Administración autonómica por acometer de maneira inmediata o segundo treito levou, o pasado día 23 de decembro, a asinar un segundo convenio entre a Xunta de Galicia e o Goberno da Nación que tivo por obxecto establecer e concreta-lo réxime de coordinación competencial entre ámbalas administracións para a construcción, conservación e explotación do segundo treito da autoestrada entre Santiago de Compostela e Ourense. Neste sentido, será a Xunta de Galicia quen tramitará a correspondente concesión administrativa.

Por outra parte, a disposición adicional sétima da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, autoriza a Xunta de Galicia a constituír unha sociedade pública autonómica das previstas no artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, participada integramente pola Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A., coa finalidade de construír e, se é o caso, explota-las obras de autoestrada Santiago de Compostela-Ourense...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR