Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos individuais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, establece no seu artigo 55, número 2: «as comunidades autónomas poderán, así mesmo, establecer retribucións adicionais vencelladas a méritos individuais docentes, investigadores e de xestión. Dentro dos límites que para esta fin fixen as comunidades autónomas, o Consello Social, por proposta do Consello de Goberno, poderá acorda-la asignación singular e individual destes complementos retributivos» e, no seu número 4, continúa dicindo: «os complementos retributivos derivados do desenvolvemento dos puntos anteriores asignaranse logo de valoración dos méritos pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade y Acreditación ou polo órgano de avaliación externa que a lei da comunidade autónoma determine».

Posteriormente no artigo 69, parágrafo 3, do citado corpo legal establece que «as comunidades autónomas poderán, así mesmo, establecer retribucións adicionais ligadas a méritos individuais docentes, investigadores e de xestión. Dentro dos límites que para esta fin fixen as comunidades autónomas, o Consello Social, por proposta do Consello de Goberno, poderá acorda-la asignación singular e individual destes complementos retributivos».

Continúa o precepto establecendo un dos requisitos necesarios e imprescindibles para poder facer efectiva esta retribución, e así di no seu parágrafo 4 «os complementos retributivos derivados do desenvolvemento dos puntos anteriores asignaranse logo de valoración dos méritos pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación ou polo órgano de avaliación externa que a lei da Comunidade Autónoma determine».

En desenvolvemento do anterior a Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do Sistema Universitario de Galicia, establece no seu capítulo I, artigo 4 «competencias de carácter económico, financeiro e patrimonial», na súa alínea h) o seguinte: «Acordar, por proposta do Consello de Goberno da universidade e dentro dos límites fixados pola Comunidade Autónoma, a asignación singular e individualizada de retribucións adicionais ligadas a méritos individuais docentes, investigadores e de xestión a membros do persoal docente e investigador da universidade, logo da valoración daqueles pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia ou, se é o caso, pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, ou por calquera outro órgano de avaliación que leis doutras comunidades autónomas determinen, sempre que exista convenio previo ou concerto coa Comunidade Autónoma galega. O Consello Social poderá solicitar informe dos centros ós que pertenza

ou estea adscrito o profesorado afectado por tales acordos, co obxecto de motiva-la súa decisión».

O Decreto 266/2002, do 6 de setembro, de contratación do profesorado universitario, no seu artigo 15 (retribucións), parágrafo 4, di: «A Xunta de Galicia poderá establecer retribucións adicionais ligadas a méritos individuais docentes, investigadores e de xestión, para o profesorado contratado das universidades públicas de Galicia, nos termos previstos polo artigo 55 da Lei orgánica de universidades».

En cumprimento da normativa anteriormente referenciada, e co fin de acadar un sistema universitario galego de calidade, que nos permita estar nos primeiros postos a nivel estatal, europeo e internacional, e sendo este un dos principais obxectivos da Xunta de Galicia, díctase este decreto, que se estructura do seguinte xeito:

Título I de disposicións xerais onde se establecen o obxecto, tipo de complementos, características e beneficiarios, contías e orzamento.

Un título II referente ós requisitos específicos de cada un dos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR