Decreto 92/2004, do 15 de abril, polo que se resolve o expediente de deslinde entre os termos municipais dos concellos de Ourense e Barbadás.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Ourense e o Goberno Civil da devandita provincia solicitan, no ano 1994, directamente ao Instituto Xeográfico Nacional un replanteo parcial da liña que separa o termo municipal de Ourense do concello de Barbadás para determinar a liña límite entre ambos os concellos.

Tramitado o expediente de acordo co procedemento establecido na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia e no Real decreto 1690/1986, do 11 de xullo, polo que se aproba

o Regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais, o Instituto Xeográfico Nacional emitiu informe de replanteo da liña con data do 18 de outubro de 1994 e outro de ratificación con data do 24 de marzo de 2003, prestando a súa conformidade o Concello de Ourense, dentro do prazo concedido aos concellos para presentaren alegacións.

Visto o disposto nos artigos 41.1º e 44.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, segundo os cales os conflitos que poidan suscitarse entre municipios en relación co deslinde dos seus termos serán resoltos polo Consello da Xunta de Galicia, logo dos informes do Instituto Xeográfico Nacional, da Deputación Provincial e da Comisión Galega de Delimitación Territorial e logo do ditame do Consello Consultivo de Galicia.

Por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de abril de dous mil catro,

DISPOÑO:

Primeiro.-Resolver a cuestión...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR