RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2017 pola que se establece o método de cálculo das porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida e se publican as correspondentes ao ano 2017.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorINSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO
Rango de LeyResolución

A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, no seu artigo 42.9 establece que os plans xerais deberán prever unhas reservas de solo para a vivenda suxeita a algún réxime de protección pública que, como mínimo, comprenderán os terreos necesarios para realizar o 30 % da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo urbanizable e no solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).1. Esta proporción será do 10 % no suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).2. No suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).3 non será obrigatorio prever unha reserva para vivenda suxeita a algún réxime de protección.

Excepcionalmente, os plans xerais, atendendo a demanda real de vivenda protexida, poderán fixar unha reserva inferior axustada á porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello e aos diferentes réximes de vivenda protexida. A porcentaxe de reserva total do concello determinaraa anualmente o Instituto Galego da Vivenda e Solo, con base nos inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia. A resolución que determine esta porcentaxe será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cando se produza unha variación de máis ou menos dous puntos porcentuais da porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello establecida no plan xeral respecto da última publicada, o pleno do concello, por maioría absoluta, e sen necesidade de seguir o procedemento de modificación do plan, deberá acordar a modificación das porcentaxes de reserva e axustalas á resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Estarán exentos das reservas de solo reguladas neste punto aqueles concellos que conten con menos de 5.000 habitantes inscritos no padrón municipal no momento da aprobación inicial do plan xeral, cando este non conteña previsión para novos desenvolvementos urbanísticos en solos clasificados como urbanos non consolidados e urbanizables que na totalidade do municipio superen as 300 vivendas.

A citada lei deixa á consideración do Instituto Galego da Vivenda e Solo a determinación das porcentaxes, polo que cómpre fixar o seu método de cálculo para o seu xeral coñecemento, facendo pública a fórmula que se adecúa á prevista na disposición adicional novena da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, por considerar que é a máis idónea para calcular a demanda real da vivenda protexida.

Por todo o exposto e, en función das atribucións que me confire o artigo 12 do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

ACORDO:

Primeiro. Fixar o seguinte método de cálculo para determinar as porcentaxes de reserva con base nos inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, previstas no artigo 42.9 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia:

A porcentaxe de reserva total do concello (PRTC) que se estableza será a resultante da aplicación da seguinte fórmula de cálculo:

PRTC= (IRT×10/IPM)×100

Na que será:

PRTC= porcentaxe de reserva total do concello de solo para vivenda protexida.

IRT= inscritos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR