RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Resolución do 9 de decembro de 2013 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Xunta de Galicia, en virtude do recurso potestativo de reposición interposto por María José Meilán Bellón.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorCONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de LeyResolución

Por Resolución do 9 de decembro de 2013 (DOG núm. 235, do 10 de decembro) resolveuse o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 28 de novembro de 2012 (DOG núm. 230, do 3 de decembro).

Na dita orde o posto número 774 adxudicábaselle no anexo II (fase de resultas) a José Daniel Folgueira Villamor, cunha puntuación de 17,950, e o posto número 680 adxudicábaselle no mesmo anexo a Iván Pedrosa Castillo, cunha puntuación de 17,600 puntos.

Interposto recurso de reposición contra a dita resolución por María José Meilán Bellón, o recurso foi estimado o 21 de febreiro de 2014, adxudicándoselle o posto 774 á recorrente, cunha puntuación de 18,120 puntos, e o posto 680 a José Daniel Folgueira Villamor, cunha puntuación de 17,950 puntos.

Iván Pedrosa Castillo, con 17,600 puntos, non obtén posto.

Polo exposto,

RESOLVO:

Modificar a Resolución do 9 de decembro de 2013 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración especial da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 28 de novembro de 2012, no seguinte sentido:

Primeiro. Anular as adxudicacións a resultas que figuran no anexo I desta resolución.

Segundo. Adxudicar a resultas aos/ás funcionarios/as que se relacionan no anexo II desta resolución os postos de traballo que nel se especifican.

Terceiro. O prazo de toma de posesión dos postos adxudicados nesta orde comenzará contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral da Función Pública no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderá impugnarse directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR