Decreto 148/2008, do 26 de xuño, polo que se crea e se regula o Observatorio Galego da Xuventude.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorVICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR
Rango de LeyDecreto

O conxunto de mozas e mozos, con idades comprendidas entre 14 e 30 anos, representa o 20,72% da poboación galega. As Administracións públicas teñen a obriga de articular políticas destinadas a atender ás necesidades específicas da mocidade, contribuíndo a acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria.

O Goberno galego é sensible e consciente da importancia de articular políticas que teñan en conta as necesidades e aspiracións da mocidade, dado que se constatan as dificultades que teñen que afrontar para a plena participación e integración en todos os eidos da sociedade galega.

A transversalidade das políticas xuvenís é unha característica necesaria para que estas sexan realmente efectivas, o que implica a máxima colaboración de todos os departamentos da Xunta de Galicia, que deben ter presente os efectos que as políticas que deseñen e implementen teñen no conxunto da mocidade galega. A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, departamento ao que están adscritas as competencias en materia de xuventude, ten un claro papel de coordinación e impulso desta acción transversal en materias tan relevantes na vida da mocidade como son vivenda, emprego, igualdade de xénero, participación, cultura, saúde ou educación.

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, en virtude do Decreto 517/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a súa estrutura orgánica, é o departamento da Administración autonómica ao que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións en materia de xuventude, e, segundo o artigo 6 do mesmo Decreto 517/2005, correspóndelle á Secretaría Xeral do Benestar a xestión das políticas da Xunta de Galicia en materia de xuventude, adscribíndose á devandita Secretaría Xeral a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, centro directivo dependente da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar que ten encomendadas a xestión e coordinación das actuacións da Secretaría Xeral do Benestar en materia de xuventude.

A Constitución española, no seu artigo 48, sinala que os poderes públicos promoverán as condicións para a participación libre e eficaz da xuventude no desenvolvemento político, social, económico e cultural.

O Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu artigo 27 que lle corresponde á Comunidade autónoma galega a competencia exclusiva nas materias de fomento da cultura en Galicia, nº 19, promoción do deporte e a axeitada utilización do lecer, nº 22, e promoción do desenvolvemento comunitario, nº 24.

O Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura, especifica no seu anexo I.B.3.h que aquela asume as competencias de promoción e organización de actividades de animación sociocultural no ámbito artístico, artesanal, turístico e de aire libre, dirixidas aos sectores da xuventude, infancia, terceira idade e sectores marxinados.

Polo Decreto 285/1989, do 16 de decembro, asúmense as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de promoción sociocultural, no ámbito da xuventude e desenvolvemento comunitario.

De conformidade co exposto, en virtude da Lei galega 2/1987, do 8 de maio, creouse o Consello da Xuventude de Galicia como entidade institucional representativa das organizacións xuvenís de Galicia, en defensa do asociacionismo xuvenil. No momento actual, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, consciente...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR