Resolución do 9 de marzo de 2007 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape e se procede á convocatoria de determinadas liñas de axuda.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorINSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Rango de LeyResolución

O Consello de Dirección do Igape na súa xuntanza, que tivo lugar o día 1 de febreiro de 2007, acordou por unanimidade dos membros asistentes a aprobación das bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape.

As ditas bases prevén que as convocatorias de axudas que conterán, en todo caso, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados a elas, serán aprobadas mediante resolución do director xeral do Igape e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas

RESOLVO:

Primeiro.-Publicar as bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape, as cales se anexan a esta resolución.

Segundo.

  1. Aprobar a convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva das seguintes liñas de axuda contidas nas anteriores bases:

    1. Proxectos de creación de establecementos en novas localizacións empresariais, ampliacións de grande esforzo investidor ou investimentos intensivos en emprego (artigo 4º da base reguladora dos incentivos a proxectos de investimento empresarial).

    2. Proxectos específicos de protección e mellora ambiental para a creación de novos centros empresariais en Galicia ou para a ampliación de centros xa existentes cun investimento superior a 3.000.000 euros (artigo 6.2.b) da base reguladora dos incentivos a proxectos de investimento empresarial.

  2. As solicitudes de axuda poderanse presentar, segundo o modelo anexo, desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o esgotamento do crédito orzamentario, o cal será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes tramitaranse segundo o establecido no capítulo II das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

  3. Os créditos dispoñibles para concesións no exercicio 2007 ascenden a 36.000.000 euros, que se aboarán con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e coa seguinte distribución plurianual:

    1. Proxectos de creación de establecementos en novas localizacións empresariais, ampliacións de grande esforzo investidor ou investimentos intensivos en emprego (artigo 4º).

      Partida orzamentaria: E2/10/01.

      Finalidade: proxectos de creación de establecementos en novas localizacións empresariais, ampliacións de grande esforzo investidor ou investimentos intensivos en emprego. Proxectos localizados nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal (anexo III).

      Importe orzamento 2007: 3.000.000.

      Anualidade 2008:

      Anualidade 2009:

      Anualidade 2010:

      Partida orzamentaria: E2/10/02.

      Finalidade: proxectos de creación de establecementos en novas localizacións empresariais, ampliacións de grande esforzo investidor ou investimentos intensivos en emprego. Do importe dispoñible con cargo ao orzamento 2007 resérvase un mínimo de 1.000.000 euros para proxectos localizados nos municipios da Costa da Morte do anexo IV.

      Importe orzamento 2007: 6.000.000.

      Anualidade 2008:

      Anualidade 2009: 11.000.000.

      Anualidade 2010: 10.000.000.

    2. Proxectos específicos de protección e mellora ambiental para a creación de novos centros empresariais en Galicia ou para a ampliación de centros xa existentes cun investimento superior a 3.000.000 euros (artigo 6.2.b).

      Partida orzamentaria: E2/10/02.

      Finalidade: proxectos específicos de protección e mellora ambiental para a creación de novos centros empresariais en Galicia ou para a ampliación de centros xa existentes cun investimento superior a 3.000.000 euros.

      Importe orzamento 2007: 1.800.000.

      Anualidade 2008:

      Anualidade 2009: 4.200.000.

  4. Á vista do volume das solicitudes presentadas para cada liña e mediante resolución do director xeral do Igape poderá distribuírse entre elas o crédito aprobado, o cal tamén poderá ser ampliado e as partidas orzamentarias modificadas mediante resolución publicada para o efecto.

    Terceiro.-As restantes liñas de axuda establecidas nas bases reguladoras serán obxecto de posterior convocatoria feita pública a través do Diario Oficial de Galicia que conterá os prazos de presentación de solicitudes e os créditos correspondentes.

    Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2007.

    José Antonio Delgado Arce

    Director xeral do Instituto Galego

    de Promoción Económica

    Bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape.

    O Marco estratéxico previsto para o desenvolvemento da Comunidade Autónoma galega para os vindeiros anos (Mecega) inclúe nas súas propostas:

    -O impulso e dinamización da economía facendo de Galicia un lugar máis atractivo para investir e traballar.

    -O incremento da competitividade do tecido produtivo galego a través do coñecemento e a innovación.

    -O aumento da cohesión social e territorial de Galicia mellorando os niveis de cualificación, a calidade do emprego e a inclusión social.

    -O reforzo da relación entre crecemento e desenvolvemento sostible.

    O Instituto Galego de Promoción Económica, no cumprimento das súas funcións, está chamado a desempeñar un papel esencial no desenvolvemento de programas e iniciativas que contribúan de xeito salientable a acadar os obxectivos económicos estratéxicos da Comunidade galega.

    En consecuencia, coa finalidade principal de incrementar, manter e dinamizar a actividade económica na comunidade autónoma, favorecer o desenvolvemento equilibrado do territorio galego e lograr o incremento do emprego, a través do desenvolve

    mento e mellora da competitividade das empresas existentes, así como coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais; o Igape desenvolve un sistema de incentivos á actividade empresarial en Galicia, incidindo nos distintos eixes que considera estratéxicos, para a cobertura enfocada dos procesos de creación de empresas, dos procesos de consolidación e mellora continua de empresas existentes, especialmente das Pemes, así como para prestar atención específica a proxectos de maior esforzo investidor con creación de emprego estable. Procurando tamén incidir na concienciación das Pemes sobre aspectos ligados ao coñecemento e ás necesidades non sempre percibidas polo empresario nos distintos eidos de actuación que deben contribuír a un futuro mellor e máis sólido do tecido empresarial.

    Xunto cos incentivos á dinamización empresarial, creación de emprego estable, riqueza e coñecemento dirixidos ás empresas individualmente, cómpre facer un esforzo específico a prol da colaboración e cooperación interempresarial incentivando proxectos e iniciativas promovidas e coordinadas por organismos intermedios de carácter empresarial e, especialmente, aquelas levadas a cabo por agrupacións empresariais innovadoras que presenten un maior potencial de dinamización empresarial e arrastre da economía global.

    Así mesmo, como reto na nova etapa para o instituto, procurarase maximizar a axilidade, tanto na xestión das solicitudes como na revisión e pagamento das axudas, unha vez xustificada a execución dos proxectos aprobados, conscientes de que os propios sistemas administrativos deben facilitar a toma de decisións empresariais, especialmente na economía globalizada, na que os cambios nos mercados se producen a gran velocidade e constantemente.

    Finalmente, preténdese que, con carácter xeral e sen perda de eficacia, os proxectos que se aproben sexan executados e xustificados ante o Igape no período aproximado dun ano desde o peche da convocatoria en que se solicite a axuda. Para iso, a base subvencionable en cada convocatoria, estará composta polos conceptos de gasto necesarios para o proxecto, cuxa previsión de execución se limite a un período aproximado dun ano contado a partir do peche da convocatoria.

    Tendo en conta todo o anterior, o Igape establece nun documento único as bases reguladoras dos seus incentivos económicos, que se dividen en tres:

    1. Base reguladora dos incentivos a proxectos de investimento empresarial.

    2. Base reguladora das axudas a iniciativas xeradoras de coñecemento nas Pemes.

    3. Base reguladora das axudas a proxectos colaborativos de carácter empresarial.

    Que se complementan coas bases reguladoras da tramitación dos procedementos.

    Así mesmo, ademais das axudas prescritas nas bases reguladoras dos incentivos, o Igape, para o mellor cumprimento dos seus fins, poderá pór en marcha, de xeito complementario outros instrumentos financeiros que faciliten a toma de decisión e posta en marcha de iniciativas de interese, así como prestar servizos cos seus propios medios e recursos podendo incluír, nalgún caso a contratación de bens ou servizos que contribúan de mellor xeito a acadar os obxectivos estratéxicos.

    Base reguladora dos incentivos a proxectos de investimento empresarial.

    Esta base está dirixida a fomentar o dinamismo empresarial na Comunidade Autónoma galega, e establece os requisitos e condicións dos proxectos de investimento empresarial e gastos asociados ao investimento.

    Con carácter xeral as axudas reguladas nesta base, segundo o indicado en cada punto, outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva, agás os proxectos previstos no artigo 4º e os do punto 6.2.b), ao abeiro do disposto no punto 8 do artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

    Nas convocatorias en concorrencia competitiva, a preparación de solicitudes será necesariamente...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR