Decreto 140/2004, de 17 de xuño, polo que se acorda a cesión en propiedade, a título gratuíto, do predio 2.880, da zona de concentración parcelaria de Oroso, A Gándara, Deixebre, Trasmonte (Oroso).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL
Rango de LeyDecreto

O artigo 31.3º da Lei 12/2001, do 10 de setembro, de modificación da de concentración parcelaria para Galicia, sinala que a consellería competente en materia de agricultura está autorizada a exercer as funcións dominicais sobre o fondo de terras segundo o establecido na lexislación patrimonial, sen prexuízo do informe previo da Consellería de Economía e Facenda para os actos de disposición sobre bens inmobles.

O Concello de Oroso solicitou a cesión en propiedade dun inmoble situado no seu termo municipal, o predio sobrante nº 2.880 da zona de concentración parcelaria de Oroso, A Gándara, Deixebre, Trasmonte (Oroso), que pertence á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do disposto no artigo 31 da Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia.

Por orde da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural do 5 de novembro de 2003 (DOG nº 229, do 25 de novembro) declarouse a alienabilidade do antedito inmoble.

A Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural tramitou o expediente de cesión de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do Regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por todo o exposto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de xuño de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión en propiedade, a título gratuíto, a favor do Concello de Oroso do seguinte ben inmoble:

Predio nº 2.880 da zona de concentración parcelaria de Oroso, A Gándara, Deixebre, Trasmonte (Oroso), que ten unha superficie de 3.160 m, que estrema: norte, camiño; sur, Jesús Suárez Mosquera (2.879); leste, Carmen Juncal Recarey e outro (2.878); oeste, Antonio Barallobre Gómez (2.881); inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 740, libro 114, folio 142, predio nº 12.248.

Artigo 2º

A cesión en propiedade relacionada no artigo anterior queda sometida ás seguintes cláusulas:

  1. O fin da cesión será a dedicación do predio nº 2.880 a fins e servizos de interese socio-cultural.

  2. ...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR