Decreto 101/2008, do 30 de abril, polo que se regulan as unidades de xestión forestal en Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango de LeyDecreto

Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece no seu capítulo V do título III un sistema de reorganización da propiedade forestal que se concreta en unidades de xestión forestal. Con este sistema trátase de acadar, en consonancia coa devandita lei, unha mellor defensa contra os incendios forestais, facilitando a ordenación dos montes e do seu planeamento preventivo.

Consonte a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, este decreto concibe as unidades de xestión forestal como as entidades a que se encomenda a ordenación e xestión dos terreos forestais, coas cales se pretende obter un mellor aproveitamento integral do monte que redunde no beneficio para as persoas titulares do predio, pero tamén para a sociedade en xeral. Ao concentrar a xestión de parcelas acádase un mellor rendemento da explotación e evítase o risco de incendios que se produce pola proliferación incontrolada de especies de alta combustibilidade.

A creación das unidades de xestión forestal poderá ser iniciada polas persoas propietarias que queiran pór en valor os seus predios con criterios modernos de silvicultura e de sustentabilidade, permitindo ao mesmo tempo a profesionalización das actividades que decidan desenvolverse na súa superficie.

Así mesmo, as unidades de xestión forestal, ao seren un instrumento previsto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, poderán ser instadas de oficio pola Administración, sempre que tal previsión apareza no planeamento de defensa contra incendios forestais de distrito.

As unidades de xestión forestal estarán obrigadas a manter un instrumento de xestión forestal específico, que permitirá a todas as persoas propietarias beneficiarse das economías de escala e dunha xestión profesionalizada.

A constitución dunha unidade de xestión forestal por iniciativa das persoas propietarias interesadas farase sempre logo de proposta asinada por elas, para constituír posteriormente unha comisión de propietarios. Partirase na solicitude de constitución dun proxecto de estatutos para a devandita entidade e dun proxecto de instrumento de xestión forestal específico. Este instrumento tratará sobre a xestión conxunta da superficie forestal, que sexa consensuada polas persoas propietarias e que reflicta as súas expectativas de uso, sempre que tecnicamente se poida xustificar.

A organización interna das persoas propietarias que integran a unidade de xestión forestal, consonte o establecido na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, tradúcese nunha entidade cuxa composición aparecerá nos seus estatutos, que, como mínimo, deberán prever unha asemblea xeral e unha xunta reitora, con estrutura e funcionamento democráticos. Os acordos adoptaranse coas maiorías que determinen os estatutos da entidade de xestión, respectando as previsións contidas ao respecto na devandita lei.

Respecto do instrumento de xestión forestal específico con que se xestionará toda a superficie forestal contigua da unidade de xestión forestal, lonxe de especificar unha instrución detallada para a súa elaboración, trátase de que poida ser elaborado cuns parámetros técnicos áxiles e acordes cos obxectivos da unidade de xestión forestal, tendo en conta os usos e as capacidades propias do lugar en que se asenta e a súa obrigatoriedade para todas as persoas propietarias afectadas por esa superficie contigua, sempre partindo da base da necesidade da ordenación dos montes para conseguir unha axeitada defensa contra os incendios forestais, o que redundará nunha mellor conservación do ambiente e da seguranza das persoas e os seus bens, obxectivos que benefician a toda a comunidade no seu conxunto.

As unidades de xestión forestal inscribiranse no Rexistro de unidades de xestión forestal de Galicia, que se regula no capítulo VI deste decreto.

En definitiva, coa articulación das unidades de xestión forestal ponse en valor o monte galego, tanto no seu aspecto ambiental como desde as perspectivas social e económica, dando cumprimento e desenvolvendo a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Xa que logo, por proposta do conselleiro do Medio Rural, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa presidencia, oído o Consello Consultivo de Galicia, consultadas as organizacións profesionais sectoriais interesadas e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do trinta de abril de dous mil oito,

DISPÓN:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto.

Este decreto ten por obxecto:

  1. Establecer o réxime xurídico das unidades de xestión forestal no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia;

  2. Regular a estrutura e o contido dos instrumentos de xestión forestal específicos;

  3. Crear o rexistro de unidades de xestión forestal de Galicia.

Artigo 2º Definicións.

Para os efectos deste regulamento defínense os seguintes termos:

  1. Unidade de xestión forestal: consonte o establecido no artigo 2.21º da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, é a superficie forestal cunha extensión mínima de 15 hectáreas que vén obrigada a manter un instrumento de xestión forestal específico e unha rede de infraestruturas preventivas básicas, e que será obxecto de priorización nas accións de fomento forestal.

  2. Terreo forestal: todo terreo en que vexetan especies forestais arbóreas, arbustivas, de matogueira ou herbáceas, sexa espontaneamente ou procedentes de sementeira ou plantación, que cumpran ou poidan cumprir funcións ambientais, protectoras, produtoras, culturais, paisaxísticas ou recreativas.

    Teñen tamén a consideración de monte ou terreo forestal os demais terreos descritos no artigo 5 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

    Non terán a consideración de monte ou terreo forestal os terreos dedicados ao cultivo agrícola, o solo urbano, os núcleos rurais e o solo urbanizable delimitado, incluíndo a canle e a zona de dominio público hidráulico destes solos, e os excluídos pola normativa vixente, así como os terreos rústicos de protección agropecuaria.

    Non obstante, e para os únicos efectos do cumprimento das obrigas establecidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, poderán ter a consideración de monte aquelas superficies que estean clasificadas como terreo rústico de protección agropecuaria que reúnan as características previstas no artigo 5.1º da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, mentres subsista o seu uso forestal.

  3. Persoa propietaria forestal: a persoa titular dominical dun predio con terreo forestal.

  4. Planeamento da defensa do espazo rural contra os incendios forestais: o planeamento para combater as emerxencias derivadas dos riscos de incendios forestais de nivel autonómico, de distrito, municipal e inframunicipal previsto no capítulo II do título II da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

  5. Instrumento de xestión forestal específico: é o documento que, desde o punto de vista técnico, regula a xestión da unidade de xestión forestal e resulta de obrigado cumprimento para todas as persoas propietarias afectadas pola superficie contigua dela. Conterá, como mínimo, un plan técnico de xestión e un plan de defensa contra os incendios forestais, e en función das concretas necesidades da unidade de xestión forestal, poderá incluír outros plans específicos.

  6. Rede de faixas de xestión de biomasa: o conxunto de parcelas lineais do territorio estratexicamente localizadas, onde se garante o control e a eliminación...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR