Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Sección | I. Disposicións Xerais |
Emisor | CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS |
Rango de Ley | Decreto |
O Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, supón a plasmación do compromiso de austeridade, eficacia e eficiencia no deseño e funcionamento da Administración da Xunta de Galicia adquirido polo Goberno galego.
Esta nova dimensión organizativa reflíctese xa no Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, que no seu artigo 3 establece unha estrutura da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que implica a redución por fusión e a racionalización da estrutura que anteriormente tiñan asignadas tres consellerías.
Dentro deste proceso cabe aludir, pola súa relevante significación, en termos de austeridade, eficacia e racionalización da xestión, á reformulación da estrutura da Administración autonómica periférica da Xunta de Galicia operada coa aprobación do Decreto 254/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.
Estes cambios esenciais na filosofía organizativa e na xestión pública deben ter a necesaria continuidade na configuración da estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, co obxecto de responder ás demandas e necesidades que require a xestión do ámbito competencial propio, atendendo a criterios de eficiencia e racionalidade no gasto público.
Seguindo estas premisas, o novo modelo de estrutura orgánica aposta por unha clara redución e simplificación de órganos que se constata, de maneira particularizada, na supresión de unidades como consecuencia da fusión das anteriores consellerías de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e Vivenda e Solo.
En particular, polo que se refire á estrutura da Administración periférica, este decreto recolle o modelo organizativo plasmado no Decreto 245/2009, do 30 de abril, de tal forma que, en aplicación dos principios de racionalidade, eficiencia e austeridade, o Departamento Territorial de Pontevedra estende a súa competencia a todo o ámbito provincial, sen prexuízo das funcións de coordinación que corresponden aos/ás delegados/as territoriais de Pontevedra e Vigo no seu respectivo ámbito competencial, de acordo co artigo 2 da norma citada.
De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.4º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, co informe previo da Consellería de Facenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de xuño de dous mil nove,
DISPOÑO:
Título I
Ámbito competencial e organización xeral da consellería
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é o órgano de administración da comunidade autónoma ao cal lle corresponden as competencias e funcións en materia de ambiente, ordenación do territorio e urbanismo, vivenda e solo, infraestruturas e mobilidade consonte o establecido na EAG nos termos sinalados na Constitución española e que exercerá no nivel de desenvolvemento que se indica neste decreto para cada un dos órganos integrantes deste departamento.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, baixo a superior dirección do/a seu/súa titular, contará para o exercicio das súas funcións coa seguinte estrutura orgánica:
-
O/a conselleiro/a.
-
A Secretaría Xeral.
-
A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
-
A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
-
A Dirección Xeral de Infraestruturas.
-
A Dirección Xeral de Mobilidade.
-
A Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe.
-
Quedan adscritos a esta consellería en virtude do disposto no artigo 3º do Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, os seguintes organismos e entes:
-
O ente público de natureza consorcial Axencia de Protección da Legalidade Urbanística creada pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e cuxos estatutos establece o Decreto 213/2007.
-
O organismo autónomo Augas de Galicia creado pola Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica galega e cuxo regulamento foi establecido polo Decreto 108/1996, do 29 de febreiro.
-
O organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo creado pola Lei 3/1998, do 27 de abril.
-
O ente público Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos foi creado pola Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica galega e os seus estatutos foron aprobados polo Decreto 125/1996, do 7 de marzo.
-
A Delegación da Xunta de Galicia nas Sociedades Galegas de Autoestradas de Peaxe, creada polo Decreto 390/1996, do 31 de outubro.
-
-
Así mesmo, tamén quedan adscritos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas co carácter, cometido e funcións establecidas nas súas respectivas normas reguladoras, os seguintes órganos colexiados:
-
O Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, regulado no Decreto 74/2006, do 30 de marzo.
-
A Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, prevista no artigo 225.1º d) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e no Decreto 119/1998, do 16 de abril.
-
A Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartográfica, creada polo Decreto 148/2003, do 9 de xaneiro.
-
O Consello Galego de Transportes regulado polo Decreto 230/1986, do 10 de xullo.
-
O Xurado de Expropiación de Galicia creado pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e cuxo Regulamento de organización e funcionamento foi aprobado polo Decreto 223/2005, do 16 de xuño.
Título II
Servizos centrais
Capítulo I
-
O/a conselleiro/a é a autoridade superior da consellería e con tal carácter está investido das atribucións enumeradas no artigo 34 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.
Capítulo II
Da Secretaría Xeral
Sección primeira
Da Secretaría Xeral
A Secretaría Xeral exercerá as funcións e competencias establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, en relación coas diferentes unidades e servizos en que se estrutura a consellería, así como aqueloutras previstas na normativa aplicable ou mesmo as que lle sexan delegadas ou encomendadas pola persoa titular da consellería.
-
Para o exercicio das súas competencias, a Secretaría Xeral contará cos seguintes órganos:
-
Vicesecretaría Xeral.
-
Subdirección Xeral de Persoal e Xestión Económica.
-
Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Administrativo.
-
Subdirección Xeral de Informática.
-
Subdirección Xeral de Seguridade Viaria e Inspección.
-
-
Adscríbense organicamente á Secretaría Xeral, con nivel de subdirección xeral, a Asesoría Xurídica de Medio Ambiente e Territorio, a Asesoría Xurídica de Infraestruturas e a Intervención Delegada que dependerán funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, respectivamente.
As asesorías xurídicas de Medio Ambiente e Territorio e de Infraestruturas rexerase polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, desenvolverán as funcións previstas no artigo 13.2º do devandito decreto en relación coas súas respectivas áreas funcionais e contarán co número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo.
Sección segunda
Da Vicesecretaría Xeral
Con nivel orgánico de subdirección xeral a Vicesecretaría é a unidade que exercerá as seguintes funcións:
-
Suplencia do/a secretario/a xeral nos casos de enfermidade, ausencia ou vacante.
-
Xestión e control dos convenios e protocolos de colaboración en que sexa parte a consellería e non sexan competencia doutros órganos desta.
-
Coordinación, tramitación, seguimento e control dos expedientes de contratación seguidos por instancia da consellería que non sexan competencia doutros órganos da consellería.
-
Xestión dos expedientes de subvencións que non sexan competencia doutros órganos da consellería.
-
Asesoramento e emisión dos informes encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral.
-
Coordinación do parque móbil da consellería, sen prexuízo das competencias que corresponden a outros departamentos da Xunta de Galicia e coordinación das dotacións relativas ao vestiario do persoal.
-
Formación de estatísticas nas materias que sexan competencia da consellería en coordinación co Instituto Galego de Estatística, sen prexuízo das funcións nesta materia doutras unidades da consellería.
-
En xeral prestarlle asistencia, coordinar e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral, por razón da súa competencia.
Sección terceira
Da Subdirección Xeral de Persoal e Xestión Económica
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba