Decreto 63/2008, do 13 de marzo, polo que se modifica o Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, polo que se regula o programa de vivenda en aluguer.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO
Rango de LeyDecreto

A publicación o 22 de marzo de 2006 no Diario Oficial de Galicia do Decreto 48/2006, modificado polo Decreto 223/2006, do 23 de novembro, e da Orde do 22 de xuño que o desenvolve, marcou a posta en marcha do programa de vivenda en aluguer.

Nesta primeira etapa de funcionamento do programa vén de poñerse de manifesto a conveniencia da modificación e afondamento nalgunha das liñas iniciais xa deseñadas pola normativa que o regula, así como a oportunidade da aclaración dalgúns outros aspectos xa contidos nos referidos textos normativos.

Así, coa presente modificación amplíase o ámbito de posibles persoas beneficiarias da subvención ao arrendamento pasando a establecerse que para a incorporación no programa os ingresos anuais ponderados deben estar comprendidos entre 0,7 e 3 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).

Ademais, no que respecta á subvención para a rehabilitación das vivendas cuxas persoas propietarias desexen incorporalas no programa, debido á importancia desta axuda como instrumento mobilizador do parque de vivendas desocupadas e estímulo á oferta en aluguer a prezos moderados dentro do programa, fíxase a contía máxima da dita subvención en 12.000 €, co obxecto de permitir a incorporación dun maior número de vivendas que posteriormente serán arrendadas ás persoas, unidades familiares ou de convivencia previamente inscritos nel.

Igualmente amplíase o prezo máximo absoluto no programa de vivenda en aluguer ata 500 euros ou ata 600 euros, dependendo da localización da vivenda.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Vivenda e Solo, de acordo co Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa xuntanza do día trece de marzo de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, polo que se regula o programa de vivenda en aluguer.

O Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, polo que se regula o programa de vivenda en aluguer, queda modificado como segue:

Un.-O artigo 2º queda redactado nos seguintes termos:

1. Este programa será desenvolvido pola Consellería de Vivenda e Solo a través das sociedades públicas de xestión urbanística das catro provincias galegas, que ademais actuarán como entidades colaboradoras.

2. A conselleira de Vivenda e Solo poderá acordar, mediante orde, o peche do prazo para a presentación de novas solicitudes de incorporación de vivendas ao programa por parte dos seus titulares, no caso de sobrepasarse o número estimado de vivendas cedidas para o seu arrendamento de acordo coas sucesivas convocatorias de subvencións publicadas anualmente no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante o anterior, a Consellería de Vivenda e Solo poderá realizar, tendo en conta as sucesivas convocatorias anuais de subvencións e as baixas de vivendas incorporadas no programa, convocatoria ou chamamento público aos titulares de vivenda que reúnan as condicións establecidas neste decreto, co obxecto de que poidan contactar coas referidas sociedades para concertar o correspondente negocio xurídico co obxecto de incorporar as súas vivendas ao programa de vivenda en aluguer

.

Dous.-As letras a), d) e e) do punto 1º do artigo 4º queda redactada nos seguintes termos:

a) Non estar ocupadas nen arrendadas no momento da solicitude de incorporación ao programa de vivenda en aluguer.

d) Ter unha renda de mercado taxada pola sociedade pública xestora que non sexa superior a 600 euros ao mes (seiscentos euros) no caso dos concellos da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e, non superior a 500 euros ao mes (cincocentos euros) no resto de concellos de Galicia.

e) Reunir as condicións esenciais de habitabilidade para o seu arrendamento

.

Tres.-Queda suprimido do primeiro parágrafo da letra a) do artigo 6º o seguinte texto:

, e, de ser o caso, no artigo 43 do real decreto antes referido

.

Catro.-O punto 3º do artigo 6º queda redactado nos seguintes termos:

3. A inclusión das vivendas no programa non excluirá os seus titulares de poder ser persoas beneficiarias de axudas públicas que poidesen percibir para o desenvolvemento da mesma actuación, convocadas por outras administracións, sempre que o montante total non supere o 100% dos custos do arrendamento, reducíndose a subvención se isto ocurrer, ata o límite máximo correspondente e, en todo caso, coa excepción das previstas para a rehabilitación de vivendas na sección quinta do capítulo VI do Real decreto 801/2005, do 1 de xullo, sempre de acordo co establecido no artigo 29.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

.

Cinco.-Modifícase o artigo 7º e engádense os seguintes puntos 4º e 5º, quedando redactado nos seguintes termos:

1. Calquera persoa física, unidade familiar ou convivencial que cumpra os requisitos establecidos nos artigos 18º.1 ,19 e 9.2 deste decreto...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR